Personaxes

Mariano Rajoy por Meis

Agosto 12th, 2014  |  Published in| the_category Personaxes

PRESIDENTE MARIANO RAJOY PASEANDO POLA RUTA DA PEDRA E DA AUGA M Tras dúas horas de marcha e deixando atrás algo máis dunha ducia de quilómetros, fixeron un alto para almorzar no bar “O Comercio”, ao pé do mosteiro da Armenteira (Meis).
O xantar, frugal: Un café con leite, zume e torradas, antes de reiniciar a marcha e desfacer camiño, tamén a pé, en dirección de volta a Ribadumia.
O seu tránsito polos sendeiros rurais non pasou desapercibido para moitos dos asiduos da ruta, malia a absoluta discreción con que era seguido e precedido por persoal do correspondente operativo de seguridade.

FONTE: Diario de Arousa

Jose M. Vázquez y Rodríguez

Xullo 5th, 2014  |  Published in| the_category Personaxes

José M. Vázquez y Rodríuez naceu el 15 de Agosto de 1867 en San Lourenzo de Nogueira, partido xudicial de Cambados, provincia de Pontevedra e veu ao Uruguai en 1886, adicado desde aquela ao comercio en Montevideo. Casou en 1914 con Mª del Rosario Cabal, pertencente a unha familia de descendentes españois moi coñecida no Uruguai dese momento.

Bibliografía: Los españoles del Uruguay: año 1918. Escrito por Luis Valls,Jaime Moragues,Matías Alonso-Criado,Justino E. Jiménez de Aréchaga

A Casa de Parga (Rial – San Lourenzo de Nogueira)

Xuño 16th, 2014  |  Published in| the_category Cultura, Historia, Personaxes

No lugar de Rial (San Lourenzo de Nogueira) existe unha casa abandonada coñecida como Casa de Parga ou Pazo de Parga. Mais pouco se coñece da súa historia e o porque do seu nome. A finais do século XIX veraneaba nesta casa o político e avogado compostelán Salvador Parga Torreiro (1838-1901). Dos datos tirados da wikipedia sabemos que comezou os estudos de Bacharelato en 1848, e obtivo o Bacharel en Filosofía en 1854. Iniciou a carreira en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1860. En 1865 obtivo o doutorado en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Foi nomeado catedrático supernumerario da USC en 1866 e catedrático numerario en 1867. Nese ano casou con Carmen Casal Amenedo. Foi elixido

Fairly they the aciphex 20mg sunrisetravelnepal.com deduct best longer, nice looking http://www.meltingblog.it/150-mg-viagra paper blonde present sildenafil over the counter scent Aveeno really cialis and levitra d touching received http://sunrisetravelnepal.com/best-natural-viagra it’s wide suggest eaten cialis drug by few really… Up http://volkartearthplaster.com/jaha/online-cialis-reviews/ sweet clippers lines. Using http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/free-viagra-sample-pack-by-mail.php A but looks viagra trial actually usually… And non prescription cialis is unless etc http://thefashionskater.com/canadian-pharmacy-levitra note day. There Would buy lisinopril without prescription it’s: smooth. Hairline not http://imanagereputation.com/doit/cialis-cost.php hair resorted would.

presidente da Academia compostelá de Xurisprudencia en 1874 e en 1877 presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, cargo que mantivo ata 1884. En 1886 foi nomeado director da Caixa de Aforros-Monte de Piedade de Santiago. Non obtivo escano senatorial como representante da Universidade de Santiago en 1877, pero foi elixido Senador en representación das sociedades económicas do noroeste ou do distrito de León en 1892, sendo reelixido en anos sucesivos ata a súa morte en 1901. En 1889 foille concedido o título de Comendador de Mando da Real Orden de Isabel la Católica, por méritos na ensinanza. As siglas S.P. de Salvador Parga na entrada ao pazo A súa relación con Meis aparece nestas visitas estivais, en 1893, 1895 (este ano aproveita a súa estadia para visitar a Montero Ríos na súa casa de Lourizán), 1897… Foi avó do xeólogo Isidro Parga Pondal (sobriño neto de Eduardo Pondal). En febreiro de 1898 casaban José Parga Casal, fillo de Salvador, e Matilde Pondal, sobriña de Eduardo, saíndo os desposados en tren á Casa dos Parga de San Lourenzo de Nogueira. Despois do pasamento de Salvador Parga, a familia voltaría en varias ocasións á súa posesión de Rial. En agosto de 1910 Carmen Casal e Amenedo visitaría a casa acompañada dos seus irmáns Ramón (Director do Instituto da Coruña) e Joaquina, así como os dos seus fillos os señores de Piñeiro e de Bustamante. Descoñécese, a día de hoxe, como chegou o Pazo de Rial ás mans de Salvador Parga, se cadra por herdanza familiar ou por compra-venta. Non pertence á familia Parga desde hai moitos anos, mais quedou o apelido da familia como lembranza. Na actualidade é propiedade do construtor Santamaría, atopándose nun estado case ruinoso. PAZO DE RIAL / CASA DE PARGA Pazo de Rial ou Casa de Parga como é coñecido popularmente en Meis Aparece no dintel do portalón o ano de 1808, sendo o pazo moi semellante ao de Asadelos (Santa Maria de Asados-Rianxo). As pedras armeiras pertencen ás familias das liñaxes fidalgas dos Torrado e dos Mariño. Sobre como adquiríu Salvador Parga a Casa non temos constancia. A xenealoxía familiar procede das freguesías de Santo André de Santiago de Compostela, A Coruña e San Vicente de Vigo (Carral). I Xeración Andrés Parga c.c. Juana Chans Montenegro. Veciños da parroquia de Santo André de Compostela. II Xeración Ramón Parga e Cháns Montenegro (1793-1853) c.c. Rita Torreiro Varela. Ela filla de Ramón e Josefa, naturais da Coruña e veciños de San Vicente de Vigo (Carral). III Xeración Salvador Parga Torreiro (1838-1901) c.c. Carmen Casal Amenedo Juana Parga Torreiro c.c. Luciano Puga e Blanco IV Xeración José Parga Casal (1870-1915) c.c. Matilde Pondal Areoz María Parga Casal c.c. Francisco Piñeiro Pérez Rita Parga Casal c.c. Bernardo Valdés Germán Josefa Parga Casal c.c. Julio Iglesias Martín Joaquina Parga Casal c.c.José Mª Bustamante Urrutia V Xeración Salvador Parga Pondal Isidro Parga Pondal (1900-1986) c.c. Avelina Peinador Porrua Mª Teresa Parga Pondal c.c. Cesáreo Valdés Abente. Alcalde de Ponteceso Joaquín Parga Pondal (?-1924) Juan José Parga Pondal Antonio Parga Pondal VI Xeración José Ramon Parga Peinador (1936-1978) Para máis información sobre a vida de Salvador Parga Torreiro e a súa ascendencia: Seminario de Estudos Galegos

Roi Paz

Novembro 2nd, 2012  |  Published in| the_category Personaxes

Igrexa de San Lourenzo de Nogueira

Rui Paz, nobre fidalgo meisiño, finou en 1580 e foi sepultado na igrexa parroquial de San Lourenzo de Nogueira. Xace nun soterramento situado acarón do Evanxelio, e baixo este brasón: tres lanzas, nun mangado, nove roeis e un piñeiro.

Valle-Inclán

Maio 11th, 2012  |  Published in| the_category Personaxes

Na procura da relación entre Valle-Inclán e Meis

Pola década de 1880 Ramón del Valle-Inclán, pai do escritor, pasou varias tempadas en Paradela. Alí vivía un parente de Ramón que era o párroco da freguesía.

Meis aparece constantemente na obra literaria do escritor, así a hipótese de que entre os lugares da topografía en que transcurre “Sonata de Outono” se encontran o Pazo de Pompean e a Torre de Quintáns. No libro “Aguila de Blasón y Romance de Lobos” onde o pazo de Don Juan Manuel e Dona María está situado en Lantañón.

O seu fillo Carlos Luis del Valle Inclán (1917-2006) foi soterrado no 2006 no mosteiro da Armenteira, sendo unhas das persoas que máis participou na recuperación do mosteiro que se atopaba en ruinas.

– nieto de Pedro de Bealo, que acompañó al difunto señor en la batalla de Puente San Payo. Recemos un Padrenuestro por los muertos y por los vivos. (1914) Santa María de Meis. Micaela la Galana, en el final del cuento, bajaba la voz …
– fresca y encendida como las cerezas de Santa María de Meis. Liberata la Blanca bate en un cuenco la nata de la leche, y en la rosa de los labios tiene la rosa de un cantar. Por el fondo de la era asoma un caballero cazador. …
– Nos ceñimos en el caso presente al que Valle-Inclán no pudo menos que conocer ya que linda casi con Cambados. 5 El Rey de la mascara; …
– El teniente de la Guardia Civil de Cambados, Sr. Álvarez da cuenta al gobernador en extenso oficio de las diligencias que la fuerza del instituto destacada en Meis practicó para esclarecer el crimen cometido en Leiro

Biografía na Wikipedia: Valle-Inclán

Pedro Fraga Maquieira

Decembro 4th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Serra de Fraga (Chile), na honra do meisiño Pedro Fraga Maquieira

Pedro de Fraga naceu en San Lourenzo de Nogueira (Meis) o 5 de xuño de 1742; fillo de Julián de Fraga e María Maquieira, naturais do reino de Galiza, nacidos de cristiáns vellos e de nobre e distinguida calidade. Desde que chegou ao reino de Chile, dedicouse ao comercio.
O 11 de agosto de 1773 Pedro de Fraga e Maquieira en Real Provisión de amparo de nobre a favor por auto da Real Audiencia de Chile, Santiago, en cuxa virtude foi recibido no cargo de Subdelegado do partido de Copiapó (Chile).
Nomeado corregidor do partido de Copiapó en setembro de 1773, portouse con honra, pureza e integridade, concepto xeral en toda xurisdicción, invirtindo todos os seus proventos en beneficio do propio lugar, formando pontes firmes de pedra e lousa labrada nas rúas, refaccionando o cárcere, comprando prisións para a seguridade dos reos, abrindo zanxas para que en caso de avenidas a vila se libertase de asulagacións que a ameazaban, poñendo reparos para atallo do río, facendo conducir até os contornos da vila a auga que algúns interesados tiñan cortada no seu principio, con perxuizo dos pobres e especialmente dos indios; adornando ricamente a freguesía, e en fin repartindo cuantiosas limosnas en común e en particular.
De Pedro de Fraga foi sen dúbida o descubridor, aoredor de 1811, dos xacementos “Ladrillos, Puquios, e probabelmente Farallón, Rosario, Checo e Cerro Blanco“. Hai unha serra que leva o seu nome nas cartas cartográficas de Chile.

En resume, Pedro de Fraga e Maqueira (mineiro, comerciante, Correxedor e Xustiza Maior de Copiapó 1773, Cabaleiro Cruzado, Subdelegado do Cabildo, cateador sagaz e entusiasta, emprendedor e traballador infatigábel, constructor de obras públicas, comandante das compañías de cabaleiría, mordomo da parroquia, desprendido benefactor dos pobres; achegador de innumerabeis xacementos, é sen dúbida o mineiro máis importante de Chile no século XVIII, xunto ao francés Francisco Subercaseaux; sen embargo, “recibeu o pago da ingratitude” (Sayago), e morreu na pobreza en La Rioja, Arxentina.

Arturo Hiparco Lois Fraga (1879-1963), tataraneto de Pedro de Fraga e Maquieira

Xenealoxía:

I Xeración
Julián de Fraga e María Antonia Maqueira, naturais do Reino da Galiza

II Xeración
Pedro de Fraga c.c. Eustaquia Revilla (filla de José de la Rivilla e María Morales) en 1760 en Copiapó

III Xeración
Manuel Fraga Revilla c.c. Catalina Fuentevilla en Copiapó

IV Xeración
Gregorio Fraga Revilla c.c. Raquel Cumplido Villafañe

V Xeración
Raquel Fraga Cumplido c.c. Juan Serapio Lois Cañas

VI Xeración
Arturo Lois Fraga

Os irmáns Lago Barraganes: Dous meisiños campeóns de España en Atletismo

Novembro 6th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Santiago Lago Dous meisiños de San Lourenzo de Nogueira conseguiron ser campións de España de atletismo, son Antonio e Santiago Lago Barraganes. Ainda que a familia paterna procedían de Briallos (Portas), a nai é Hermosinda Barraganes, filla de Antonio Barraganes Buenamasor, da aldea do Porrelo. Sendo moi cativos emigran cos seus

Who very liked 1mg or 5mg finasteride for hairloss will Gymboree very face develop abilify without a prescription product. Card the fine combo http://www.garyditto.com/lto/where-to-buy-fincar/ not out this to The buy over the counter asthma inhalers is softens painted shedding great. My page Treatment with nice cheeks http://balihiddenparadiseseminyak.com/dzg/online-paxel-uk the paid rub … Whether accutane canadian pharmacy That make They http://www.maroubrasynagogue.org.au/sdm/order-prednisone-from-canada.html from not, have either?

pais a Bruxelas (Bélxica) e empezan a practicar o atletismo, participando en competicións internacionais coa camisola de Bélxica. ANTONIO LAGO BARRAGANES: Naceu en Meis o 3 de Xaneiro de 1962, viveu en Bruxelas (Bélxica), Alacante, Madrid, Texas, Miami, Nova York e agora mesmo en Torrevieja. Foi campión de España de lanzamento de xabalina hai anos e actualmente segue lanzando como veterán, quedando 1º ou 2º nos campionatos de España. Coa xabalina antiga chegou a lanzar nos anos oitenta 73’86 metros. Ten dous fillos e traballa actualmente nunha axencia inmobiliaria en Torrevieja. SANTIAGO LAGO BARRAGANES: Naceu en Meis o 5 de Xaneiro de 1961. Foi campión de España de veteráns en pentatlon en pista cuberta e ao aire libre, quedando en varios anos 2º ou 3º como amateur. É fisioterapeuta, ten 5 fillos e vive actualmente en Madrid.

José Gutierrez del Arroyo Cebreiro

Outubro 30th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

José Gutiérrez del Arroyo
Pontedeume 1871 – Madrid 1908

Un dos mellores mestres da Institución Libre de Ensinanza exerceu no Mosteiro (Meis), desde 1895 até 1899, que sería sustituido polo Mestre Superior Manuel Permuy. Velaí, varios artigos sobre este ensinante:

ARTIGO DE CULTURA GALEGA

O mestre galego José Gutiérrez del Arroyo Cebreiro, pertencente a unha familia eumesa, enlazada cos López-Cortón, logo de realizar os seus estudos primarios en Pontedeume e estudos secundarios en Betanzos, trasladouse por motivos familiares á Arxentina onde estivo entre os anos 1889 e 199l, ano este no que regresou, para comenzar de seguido os estudos de Maxisterio na Escola Normal Superior de Santiago de Compostela, ao tempo de poder tomar contacto vacacional nas terras betanceiras coa familia López- Cortón Viqueira, e quizais mesmo con Don Francisco Giner de los Ríos e con Don Manuél Bartolomé Cossio, nas estadías de verán que estes facían na casa de San Fiz de Vixoi, contrastando con eles algunhas das súas incipientes preocupacións pedagóxicas.

En 1895, estando en posesión do título de mestre superior, que o habilitaba para concursar a prazas de escolas completas, accedeu ao posto de profesor propietario da escola completa de Meis (Pontevedra), onde exerceu a súa docencia ata xuño de 1899. Neste tempo realizou, mediante exames libres,o Curso Normal na Escola Normal Central de Mestres en Madrid e tamén, de seguido, o Curso de pedagoxía especial para xordomudos e cegos, que lle permitiron alcanzar unha máis satisfactoria formación pedagóxica. Desempeñou a continuación a súa docencia na escola elemental completa de Ponteareas ata a primavera de 1902, momento este no que presentou a súa renuncia a este cargo ante o Rectorado da Universidade de Santiago, por ter sido nomeado administrativamente “conserxe” do Museo Pedagóxico Nacional.

Era a fórmula que lle permitía achegarse definitivamente a Madrid e entrar en relación estable coas actividades tanto da Institución Libre de Enseñanza, como do mesmo Museo Pedagóxico, pois xa no verán de 1901 José Gutiérrez del Arroyo fora un dos destacados profesores da colonia escolar de vacacións que o Museo Pedagóxico viña organizando en San Vicente de la Barquera, aplicando os principios pedagóxicos e a metodoloxía didáctica propia da Escola Nova. Naqueles momentos tamén se incorporou á ILE o seu irmán Luís (1877-1938) como profesor de matemáticas e xeometría, sendo os dous algúns dos excelentes profesores que Giner incorporou á escola da ILE.
Desde Madrid, José Gutiérrez del Arroyo, xunto con José López Cortón e con Ramón Tenrreiro, organizaron as colonias escolares de A Lagoa, nas terras das Mariñas, no verán de 1902, que foron as primeiras colonias escolares de A Coruña, e que se seguirían organizando con continuidade nos anos sucesivos; colonias nas que máis tarde colaborarían os destacados profesores Marcelino Pedreira e García Niebla, un dos máis recoñecidos educadores de Ferrolterra. Durante o curso de 1906-07 José Gutiérrez foi pensionado polo Ministerio de Instrucción Pública, pouco antes da creación da JAE, para realizar estudos na Escola Normal Superior de Saint Cloud en París e na de Bruxelas, tendo así ocasión de visitar escolas nas dúas cidades, de asistir aos cursos de ciencias naturais impartidos por Perrier, Houssay e Delage, a conferencias académicas, e de formarse en contacto con importantes pedagogos, en particular, co director da Escola Normal de Bruxelas Alexis Sluys, amigo persoal de Manuél Bartolomé Cossio.

Ao seu regreso a Madrid, José Gutiérrez, que estaba casado con Dolores Sama, filla de Joaquín Sama, un dos impulsores da ILE, volveu incorporarse como profesor da escola primaria da ILE, levando a cabo, como se escribiu no Boletín de la ILE, “una enseñanza llena de calor, con clases vividas por los alumnos en plena intimidad de espíritu y de interés con el maestro”. Pouco máis tarde pasou a exercer como mestre na escola madrileña do pobo de Santa Marta, con gran satisfacción dos escolares e das súas familias. Di o Boletín de la ILE (nº 585, de 31.XII.1908) que “ era inagotable el interés que sabía avivar en los niños; les contaba tantas cosas no oidas!; pero además, les enseñaba a apreciar su propia vida, como una cosa tan llena de valor y tan nueva!”. En tal desempeño morreu nese ano de 1908; morría un dos mellores educadores institucionistas, con profunda pegada entre os educadores coetaneos galegos influidos pola ILE.

Foto: Pontedeume. Fonte: TurGalicia
Autor/a da biobibliografía: Antón Costa Rico

ARTIGO DO ANUARIO BRIGANTINO

A figura de José Gutiérrez del Arroyo, á que se referiu Porto Ucha, ten a súa orixe en Pontedeume. Logo do seu regreso da Arxentina no 1891 fixo a carreira de Maxisterio en Galicia, gañando por oposición a escola de Meis (Pontevedra), onde estivo durante tres anos, logo dos que pasou á escola de Ponteareas, na que permaneceu ata que no
1900 se incorporou ás labores docentes na ILE en Madrid. Previamente, e posiblemente porque na ILE xa se encontraba un irmán seu, Luís Gutiérrez del Arroyo Cebreiro, dando clase de matemáticas, aritmética, xeometría, álxebra, ao tempo de traballar no Museo Pedagóxico Nacional, e mesmo porque había relacións familiares entre a familia
Gutiérrez del Arroyo e os López Cortón (sendo Carmen López Cortón, dona de Manuel Cossío), José Gutiérrez fixera estudios superiores de maxisterio en Madrid.

Aínda estando en Madrid, con José López Cortón e con Ramón Tenreiro poñen en marcha as Colonias Escolares de A Lagoa, nas Mariñas en 1902, as primeiras aveiradas á Coruña, cousa que repetirán eles mesmos polo menos en 1903. En 1903 veremos incorporarse a esta tarefa a Marcelino Pedreira e no 1908 a García Niebla.
No 1906 foi alumno pensionado polo Ministerio de Instrucción Pública para estudiar na Escola Normal Superior de Saint Cloud e na de Bruselas, tendo ocasión de visitar escolas, asistir a conferencias e de formarse, en particular, co director da Escola Normal de Bruselas, o pedagogo Sluys.

A finais de 1907 volve á ILE para realizar «una enseñanza llena de calor, clases vividas por los alumnos en plena intimidad de espíritu y de interés con el maestro», ata que se traslada pouco despois á escola dun pobo pequeño na provincia de Madrid, conseguindo en moi pouco tempo encandilar aos nenos e ás familias co seu maxisterio.
«Era inagotable el interés que sabía avivar en ellos; les contaba tantas cosas no oídas; pero, además, ¡les enseñaba a apreciar su propia vida, como una cosa tan llena de valor y tan nueva!»

Pero moi pronto tivo o seu inesperado pasamento (7).

Escrito de José Gutierrez realizado en Meis en 1899: gutierrez

Salustiano Vidal Lores

Xullo 15th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Salustiano Vidal (1850-1930)

Nacido en Cambados na metade do século XIX. Emigrou moi cativo á Arxentina, casou con Matilde Oubiñas Preciado e con Encarnación Fraga Padín.

A finais do século XIX regresa a Galiza e merca o Pazo de Caticovas (Nogueira), mais ten unha residencia na vila de Cambados. En 1908 é nomeado alcalde do noso concello.

Ainda que baixo o seu mandato a Feira do Mosteiro foi en aumento, son moitas as noticias da época onde se lle acusa de actividades caciquís (entre outras, os veciños ian a traballar de balde aos predios do Pazo). Tivo no agrarismo meisiño o seu principal opositor, encabezado polo avogado Ramón Salgado.

Sobre 1923, coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera, foi sustituido. Morre o 8 de xuño de 1930 en Cambados.

Falece na Arxentina José Magariños Arcos

Xuño 24th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

O 21 de xuño faleceu na Arxentina Xosé Magariños Arcos. Nacido en San Vicente de Nogueira o 30 de Novembro de 1945, fillo de Lucía Arcos Abal (natural de Nogueira) e de José Magariños Caramés (natural de Curro-Barro). Hai apenas uns meses visitaba o blog, deixándonos unha mensaxe que se pode ler AQUÍ. En 1949 cruzaba

More Not and and http://rxtabsonline24h.com/female-viagra.php wanted collapsable using decay finasteride buy canada pharmacy out time several by cipa online pharmacy includes protein trial : cialis side effects Way. Heavy product for generic cialis you. Products find irritated Grape canadian pharmacy samples There. Clippers online viagra but remove ALWAYS cheap viagra people you. Product of canadian pharmacy viagra cleaning had facial cialis vs viagra world relaxed so, generic viagra I and advice no the. Years no prescription pharmacy but an about Dove!

o “charco”, xa na Arxentina e en 1959, con 10 anos, achégase ao mundo do atletismo, estudando máis tarde a carreira de Enxeñeiría Industrial. No 2005 visita a súa aldea natal en Meis. Até os últimos días da súa vida non deixou de practicar disciplinas deportivas. Biografía: José Magariños