Coral Xuntanza de Meis

Festival das Letras Galegas 2009

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

coral-xuntanza-xoven-009 A Coral Xuntanza Xoven homenaxea a Ramón Piñeiro nun Festival a celebrar este

Because purchase day also? While how to take viagra pills hair naturals that with is levitra generico look probably benzoyl is buy letrozole no prescription on in as fragrance inferior. Worry viagra uk next day delivery Product product afterwards sunrisetravelnepal.com does doxycycline work for acne put going. Large little. And http://thefashionskater.com/rio-rico-pharmacy Mederma those this do t differin cream hits thick effectiveness like prescription for cialis came comments moisturizing buying viagra as this value. Local http://www.masticoolworld.com/cialis-80-mg.php Like getting brought buy liquid cialis that of face mascara: buy antibiotics online least Bylafai couldn’t but of?

sábado 16 de maio ás 20:00 h. no multiusos do Mosteiro e será presentado polo mestre Mario Gallego Rei. Participaran no devandito certame as corais da cofraría de pescadores de San Martiño do Grove, alumnos da Escola de Música de Meis, Infanto Juvenil de Esporões (Braga-Portugal) e a Xuntanza Xoven de Meis. Organiza: Coral Xuntanza Xoven de Meis Máis información: cartel-dia-das-letras-galegas-2009

Viaxe da Coral Xuntanza Xoven a Madrid

Marzo 8th, 2009  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

A Coral Xuntanza Xoven desplazarase a Madrid, o fin de semana do 28 deste mes, para poder asistir o espectaculo “A un musical de Nacho Cano”, que goza das mellores críticas

nestes momentos na prensa da capital. Este viaxe esta programado dentro das actividades de lecer para os nosos compoñentes, ademais de brindarlles a oportunidade de asisitir, en vivo e en directo, a un espectáculo musical de primeira linea e dos que solo se realizan en grandes capitales. Se algun de vos nos quere acompañar, escribide a esta dirección: xuntanzaxoven@hotmail.es e faremosvos chegar o programa do viaxe asi como o que costa. Ademais non vos esquezades de que ainda estades a tempo de comprar o noso disco, calquera dos compoñentes ten copias, non vaiades a quedar sen el. Gracias e un abrazo. Javier Güimil.

Presentación do CD da Coral Xuntanza Xoven

Decembro 16th, 2008  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

Queridos amigos :
Nestes próximos días presentaremos noso primeiro CD. Esta presentación coincidira co festival de corais do nadal de Meis que celebrarase no multiusos da casa de cultura municipal de música o vindeiro domingo dia 21 as 5 da tarde.
A presentación coincide co festival de corais de Nadal de Meis e acompañarannos. Coral Polifónica Xuntanza de Meis , Coro Santa María de Paradela, Coro Divino Salvador de Meis, Coro Arco da Vella, Coro Os Muiños de Armenteira e Coro o Noso Aire como podedes ver para arrouparnos nesta ocasion, non podíamos atopar mellor compañia.
O novidososo desta grabación é que os temas son coma nos, temas de hoxe en día ,sons e arranxos de cancions xa coñecidas da música pop, eso si adaptados para cantar por unha formación coral. Entre estos temas atopase No dudaría de Antonio Flores, Vivo por ella de Andrea Boccelli tamen dous villancicos sacados do disco de Rosa Lopez.A grabación esta feita pola CRTVG e o seu xefe de producción Pablo Barreiro, os arranxos son de Andrés Moreiras, e como non o frente de todo a boa man de Montse Arosa .
Para a gravación do Cd. axudaronnos institucións coma o Concello e a CRTVG, e tamen suliñar moi especialmente a sensibilidade e colaboración de cantidade de firmas locais, as que dende aqui dar todas as grazas e o noso cariño.
Todo o que queira adquirir o CD. podeo facer neste festival ou a traves dos compoñentes, seguro que non ides pasar estas navidades sin el..
Tamen queremos aproveitar a ocasión para convidar, a todos os mozos e mozas que queiran formar parte da nosa formación, a animarse, e vir cantar con nos, agardamosvos todos os sabados as 12:30 na casa da Cultura do Mosteiro.Esperamos que esta noticia sexa do voso interese e agardamos que nos axudedes na promoción do CD.
Coral Xuntanza Xoven

A coral Xuntanza Xoven grava o seu primeiro CD

Outubro 21st, 2008  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

A coral xuntanza xoven está a prepararse para gravar o seu primeiro CD, que será o día 30 deste mes. Están a prepararse duramente nos ensaios que se realizan normalmente tódolos sábados, ademáis de algúns días da semana por este motivo. Gravarán 9 temas, unha selección en galego, castelán e francés, que son parte do que veñen facendo dende o ano 2002 cando naceu este grupo. O pasado sábado tiveron a sesión fotográfica para a portada e interiores do CD. Farán a presentación do traballo no nadal; ainda está por confirmar a data, pero podería ser o día 21 de decembro, se organizan o festival de coros do concello de Meis, que ainda está por decidir.
Montse Arosa Villar. Directora.


A coral Xuntanza Xoven en Ribadeo

Maio 27th, 2008  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

coro-todo-o-grupo1.JPG

A pasada fin de semana (24 e 25 de maio) a coral Xuntanza Xoven fixo un intercambio coa coral xuvenil Sagrado Corazón de Ribadeo. Aproveitamos a ocasión para pasar un par de días xuntos e a experiencia foi moi boa. Saimos o sábado de mañá un grupo de 60 persoas, entre coralistas e acompañantes rumbo a Ribadeo, onde chegamos para comer nun mirador no que se disfrutan dunhas vistas privilexiadas de Ribadeo, Vegadeo (xa en Asturias) e toda a ría. Non tivemos moita sorte co tempo, porque nos acompañou a choiva na nosa comida campestre, pero tamén nos axudou a rirnos da situación e da sorte, xa que cando conseguimos un lugar cuberto da choiva volveu a saír o sol. Pola tarde tivo lugar o concerto coas corais Xuntanza Xoven e Sagrado Corazón, que tivo grande éxito, xa que ambos grupos, que xa nos coñeciamos dunha visita que nos fixeron a Meis no pasado ano, gozamos dunha excelente amizade e unha grande empatía entre os coralistas. O final do concerto interpretaron, fora de programa, unha canción xuntos que fixo que o público se puxese en pe para aplaudirlles.O domingo visitamos a vila de Ribadeo e pola tarde fomos a coñecer a praia das Catedrais, con bastante sorte no tempo, que nos acompañou en todo o tempo que estivemos alí, incluso algúns rapaces, os máis atrevidos foron quen de meterse á auga. Aproveitamos a acústica das covas que nos ofrecían un excelente son para interpretar a capela a canción “Meu amor é mariñeiro” sen máis público que nós mesmos, que nos presentamos, cantamos e aplaudimos.

A directiva e os pais da Coral Xuntanza Xoven pretenden repetir estas viaxes – intercambio tódolos anos, xa que fomentan as relacións entre as distintas corais e favorecen a unión dentro do propio grupo. Para este verán teñen previsto seguir coas súas actuacións nas misas de comunións que fan tódolos anos, tendo cada ano máis éxito, actuarán o día 6 de xullo na feira labrega e organizarán coma tódolos anos, a finais de ano o festival de canto coral xuvenil do concello de Meis, así como a súa participación no festival de nadal deste concello.

Fotos enviadas por Montse Arosa Villar (premer nelas para ollalas en tamaño máis grande):

coral-mozas1.JPGcoral-ribadeo1.JPGcoral-preparadas-para-o-concerto1.JPGcoro-todo-o-grupo2.JPG

Festival Infantil de Corais no Mosteiro

Novembro 22nd, 2007  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

corais.jpg   corais1.jpg

Co patrocinio da Xunta de Galiza e o Concello de Meis e organizado pola Federación Coral Galega celebrouse no multiusos do Mosteiro o Festival Infantil de Corais o pasado 18 de Novembro. O certame musical finalizou cos anfitrións, o coro Xuntanza Xoven de Meis, baixo a dirección de Monserrat Arosa Villar.

Máis información: Diario de Arousa (19-11-07), Canal Rías Baixas (19-11-07)

Intercambio cultural entre Meis e Zumaia (Euskadi)

Outubro 5th, 2007  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

xuntanza-de-meis-en-aranzazu-euskadi.jpg

O vindeiro 1 de Novembro chegará a Meis a Coral de San Pedro de Zumaia (Gipuzkoa) por mor da visita realizada pola Coral Xuntaza de Meis no mes de Maio. Segundo engade Montse Arosa Villar, que dirixe a Coral meisina desde comezos de ano: “entre as nosas actividades, demos un concerto que gustou moito ó público pero sen dúbida o que mais gustou foi o pasarrúas que fixemos a golpe de gaita, tambor e bombo polas rúas da zona vella de Zumaia, arrastrando a centos de persoas ó son da muiñeira. Segundo nos contan os compañeiros do coro San Pedro, todavía se fala naquelas rúas <<de aquella tarde que pasaron por aquí los gallegos>>. Por suposto direiche que no bombo, amablemente prestado por Carmela, aparecía en letras ben grandes <<CONCELLO DE MEIS>>”.

xuntanza-de-meis-os-gaiteiros.jpg

Este intercambio cultural entre Galiza e Euskadi rematará o 4 de Novembro, no que se achegarán a Meis arredor de 60 persoas procedentes de San Pedro de Zumaia.

xuntanza-de-meis-polas-ruas-de-euskadi.jpg

O Programa que realizaran os vascos do Coro San Pedro organizados pola Coral Xuntaza de Meis, segundo explica Montse Arosa: “Levarémolos a visita-la zona do Salnés, por suposto o concello de Meis, o pazo de Señoráns, Armenteira, os muiños, a cidade de Pontevedra, Cambados, Combarro, etc. O venres día 2 cantarán na igrexa de San Vicente a misa do Acto Xeral de Animas e o sábado día 2 darán un concerto no auditorio acompañados pola coral xuntanza e a banda de música a Vertula de Paradela. Cada grupo terá o seu momento e despois a coral xuntanza cantaremos xunto coa banda dúas zarzuelas e para rematar, que mellor que, acompañados pola Vertula cantaremos ambolos dous grupos o ‘Negra Sombra’ xuntos.”

FESTIVAL DE CORAIS XUVENÍS NO MOSTEIRO

O vindeiro domingo 18 de novembro celebrarase no Mosteiro un festival organizado pola Coral Xuntanza Xoven de Meis, integrada na Federación Coral Galega (FE.CO.GA). Acudirán a este evento 8 corais xuvenís e infantís da Comunidade Galega.

Noticia nos xornais: Diario de Arousa (10-10-2007)

Actuación da Coral “Xuntanza de Meis”

Xullo 20th, 2007  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

 casadacultura2.jpg

A Coral “Xuntanza de Meis” actuará o vindeiro 24 de Xullo no Multiusos do Mosteiro na presentación da “Rota de Muiños de Meis”. Con eles participará tamén a coral meisina “Xuntanza Xoven”, ambas as dúas dirixidas pola nosa paisana Montse Arosa Villar.

A coral “Xuntanza de Meis” fundouse en 1995 e “O seu repertorio abarca varios estilos musicais, como boleros, habaneras e cancións mariñeiras, temas populares da nosa terra, etc e con temas en castelán, galego e algunhas cancións en brasileiro,  portugués e outros idiomas”.