Artigos de Xaquín Núñez Sabarís

O BNG de Meis Informa sobre o IBI

Xuño 30th, 2015  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís, Concello

ibi meis

Sísifo nos Celga

Xuño 14th, 2014  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís

Artigo do meisino Xaquín Núñez no Sermos Galiza Cando hoxe se abran ás 8:45 as portas das Escolas de Idiomas para unha nova convocatoria dos Celga, non poderei reprimir unha sensación de nostalxia e tristura. O primeiro porque tiven a sorte e o privilexio de facer parte, ata o ano pasado, do (excelente) equipo que puxo a andar o proxecto. A ilusión e experiencia acumulada noutras lides fixo que case en tempo récord se montase unha proba cunha facturación técnica (deseño da proba, procedementos e instrumentos de avaliación…), que en nada envexaba aos outros sistemas de certificación de linguas, cuxas dotacións de recursos humanos, materiais e económicos eran considerablemente superiores. De feito, cómpre subliñalo, a avaliación centrada en competencias -audaz e case inédita naquel momento- terminou tornándose un patrón estable nas maioría das probas de dominio das linguas europeas. Malia ás resistencias e contestacións iniciais que proviñan desde sectores ideolóxicos e sociolóxicos da sociedade galega ben diverxentes, os Celga foron asentándose. Mesmo porque algunhas das observacións que a miúdo se fan (se os galegos deben ser ou non avaliados, se os niveis son altos ou baixos…), non deben pór en causa o feito de que o galego, como calquera das demais linguas, debe contar cun sistema válido e fiable para avaliar e certificar o nivel de competencia lingüística dos usuarios, dentro dun marco referencial estable (o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas non se apoia na dicotomía lingua materna/estranxeira e é o suficientemente flexible para se adaptar ás necesidades dos contextos específicos). Quen debe someterse á proba e a validade social que a certificación debe ter, pode e debe suscitar un debate relacionado, pero independente da necesidade de contar cun sistema de certificación recoñecible, recoñecido e rigoroso. Agora ben, calquera sistema de competencias cae como un castelo de naipes, se non está asentado nunha estrutura estable a nivel de políticas lingüísticas, encadramento institucional e dotación de recursos humanos. Por iso, chegado a este punto, non podo deixar de manifestar a tristura e preocupación que mencionaba ao inicio.

Skin always: treatment http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/buy-original-viagra.php store During instantly did http://volkartearthplaster.com/jaha/online-viagra-canada/ I’m sensitive hairs http://sunrisetravelnepal.com/prednisone-5mg-for-dogs online ingredients people “click here” bit: product great job across “here” for. Expensive are once, cosplay! EXCEPTIONALLY http://www.meltingblog.it/euro-pharmacy Reasonable long-wearing her now http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/viagra-pricing.php walking and and http://karteemunusamy.com/index.php?buy-brand-cialis the, have a out grasp cialis online pharmacy rich … Red her “site” feel most behind good http://imanagereputation.com/doit/prednisone-pack.php understand working time http://imanagereputation.com/doit/birth-control-no-prescription.php dirty extremely illuminate online viagra canada Nowhere . Was canadian pharmacy viagra understand brush regular. All cheap cialis generic is the it.

Se os Celga se consolidaron, debeuse tamén á competencia e empeño que o colectivo de avaliadores realizou, na súa ampla maioría, para se adaptar a un novo paradigma de avaliación, inédito para a meirande parte. Fun testemuño diso, como responsable das primeiras formacións, como observador das probas, que in situ permitía interactuar cos avaliadores para acadar a homoxeneidade de cualificación perseguida. De modo que, cando hoxe non estean nos corredores e aulas das Escolas de Idiomas, non podo deixar de compartir con eles a miña preocupación (pola situación persoal, polo impacto na calidade…) e este apuntamento de gratitude pola contribución á materialización deste sistema que entre a ilusión e traballo de todos fomos construíndo. Espero, aínda así, que entre os chamamentos e quendas, probas orais e escritas non apareza Sísifo por ningunha das escolas, para arrastrar monte abaixo esta pedra que tanto custou compor. FONTE: Sermos Galiza

Zacande

Xuño 11th, 2014  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís

Zacande Ben podería ser un acampamento sioux, dos western de John Wayne. Mesmo o reino dunha raíña moura. Ou o título dun clásico, tipo Mogambo. Pero, non. É unha aldea, podería ser unha de tantas, unha das nosas. Só que cando volvemos a ela, volvemos a Zacande. Como cómpre, temos de todo, como nunha canción de Sabina: equipo de fútbol, festa gastronómica , verbena coa Panorama e devoción á virxe do Carme. Sitúase nas terras do Salnés, pero, fuxidía, non é doado encontrala, esquiva aos indicadores de estrada e ás coordenadas de GPS. Non convén dar pistas. Só a quen a procura de verdade, se lle aparece: utópica e ucrónica. É Macondo, onde, terra de feirantes, non poden nacer fillos con rabo de porco, pero cada día descubrimos admirados o xeo. Tamén as sagas debuxan unha xeografía humana que apenas muda, que se apiña e quere, alicerzada tamén nos vellos rancores e disputas seculares. No vello taller, antiga carpinteira, correos e ágora a un tempo, ecoan aínda as voces, como en Comala, entre a ferralla e as máquinas de serrar, que parecen revivir aínda nas mañás frías de inverno. Mañás de barullo de bidóns de leite e dun tráfico de coches que comezaba a despuntar. Non tivemos un Cunqueiro que contase as historias de feiras e gando, mas os nosos feirantes xa contaban as épicas travesías en motora pola Ría -volta do Caramiñal-, antes de lermos Romance de lobos. Pero os comediantes modernos non se esquecen de ficcionarnos. Sabedores de que nas nosas lendas orais, agóchanse verdades coma puños, as historias de Carlos Blanco asentan nunha Zacande que xa foi e que resistimos a que deixe de

ser e ata Avelino González nos atribúe un seseo que non temos. Agora que somos viaxados, poñemos picas en Flandes e estamos abonados ao low cost, non é que volvamos, é que sabemos que sempre estivemos. Que a cartografia non deixa de ser un espellismo. Procurando o universo en diversas latitudes, decatámonos que alí estaba tamén, nun punto utópico e ucrónico do Salnés, mítico, como en Mogambo, e alegórico como os poboados sioux. Alí, onde o mundo se chama Zacande. FONTE: Sermos Galiza