Libros

O Inventario do Arquivo Municipal de Meis

Febreiro 7th, 2009  |  Published in| the_category Libros

inventariomunicipal.jpg inventario-do-arquivo-municipal1.jpg

O Inventario do Arquivo Municipal de Meis ten a súa historia en 1986 cando se inicia a organización dos fondos do Concello de Meis mediante convenio entre o INEM e o Concello, coordinada polo equipo técnico da Deputación. O incendio de 1930 destruiu o almacenado até esa data, polo que o volume documental é significativamente escaso e recente: 509 libros e 389 cartafoles.

Máis información: O Arquivo Municipal de Meis

“La Saleta” Jardín Botánico

Xaneiro 31st, 2009  |  Published in| the_category Libros

la-saleta.jpg Trátase dun libro editado pola Deputación de Pontevedra no 2003, cuxa autora é Mª Esther del Castillo Fondevila, Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Representa unha “sistemática descrición das miles de especies do parque, a súa historia e a dos seus donos, o matrimonio Gimson, tanta cantidade e calidade perdida do que puido ser un extraordinario parque botánico”. O Xardín Botánico da Saleta poido ser un reclamo turístico importante para Meis, mais o desleixe do Partido Popular acabou coa partición da finca.

Libros sobre o mosteiro da Armenteira

Outubro 20th, 2008  |  Published in| the_category Libros

libromonarmenteira1.jpg

Existen varios libros e artigos que nos explica polo miúdo as características e a historia do mosteiro da Armenteira:

– “Monasterio de Armenteira” de Manuel Fernández Ramos. Imprenta Peón (Pontevedra). 1973

 – “Monasterio de Armenteira: Leyenda hecha viva” de Carmen Ordóñez Pérez. Editorial Edilesa (León). 2002  

Outros traballos específicos sobre o mosteiro 

-COLOMBÁS, G. M. :”El monasterio de Armenteira”, Vigo.

– DUARTE, B. (1961): «Historia del monasterio de Armenteira», Compostellanum, 6.

– FERNANDEZ RAMOS, M. (1982): “Guía breve del Real Monasterio de Santa María de Armenteira”, Santiago.

– VALLE PEREZ, J.C. (1977): «El monasterio de Armenteira», Museo de Pontevedra, 31.- (1983): «El mudejarismo en la iglesia del monasterio de Armenteira», Museo de Pontevedra, 37.

– YAÑEZ NEIRA, D. (1980): “El monasterio de Armenteira y sus abades”, Pontevedra.

Relato y Memorias de un prisionero y cautivo del régimen de facto del “General Franco”

Decembro 10th, 2007  |  Published in| the_category Libros

portada-rancheiro.jpg

“Relato y Memorias de un prisionero y cautivo del régimen de facto del <<General Franco>>” é da autoría de Manuel Barros Chantada “O Rancheiro”.

No mes de Agosto de 1980 publicouse este libro de lembranzas sobre a Guerra Civil e a Postguerra do que se fixeron uns 500 exemplares pagados do propio peto do autor que os reparteu entre os seus amigos, familiares e achegados na Arxentina, mesmo tamén en España nunha viaxe que realizou en 1985.

Rubén Barros González, fillo do autor, rematou hai unhas semanas unha segunda edición mellorando sustancialmente o texto, para unha lectura máis doada, e mesmo engadeu algunhas cousas máis sobre a vida do seu pai. Moi probabelmente, este libro vaia ser anexado a un traballo que se está realizando sobre a República e a Guerra Civil en Meis.

Manuel Barros é, sen lugar a dúbidas, un heroe, disos dos que todos os meisinos e as meisinas podemos sentirnos fachendosos. Recomendaría a súa lectura porque son impresionantes os relatos que alí aparecen, da súa fuxida, de como salva a súa vida varias veces e sobre algúns apuntamentos históricos que realiza sobre o Meis da primeira metade do século XX.

Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón

Outubro 22nd, 2007  |  Published in| the_category Libros

 episodios-de-terror.jpg

“Episodios de Terror” é un libro de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil que trata sobre a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. Neste traballo son moitos os veciños de Meis ou relacionados co concello citados: asesinados, caidos en combate, apreixados, condeados, encarcerados ou mesmo por formar parte dos xulgados militares: Francisco Sanmartín Carreño (páx. 174), José Arribas (páx.188 e 319), Benito Abal Abal (páx. 243), Benito Ares Iglesias (páx. 246), Francisco Ares Martínez (páx. 246), José Román Barreiro Falcón (páx. 247), José Caramés Abal (páx. 250), Paulino Carballo del Río (páx. 250), Francisco Castro Miguens (páx. 251), Marcial Chantada Barros (páx. 252), Manuel Davila López (páx. 254), José Gerardo do Río Villanueva (páx. 254 e 255), José Diz Pérez (páx. 255), Ramón Domínguez Vázquez (páx. 255), José Escudeiro González (páx. 256), Juan Escudero Gómez (páx. 256), Feliciano Escudero Juviño (páx. 256), José Esperón Iglesias (páx. 256), Darío Faro Conde (páx. 256), Antonio Ferro Riobó (páx. 258), José Gómez Landín (páx. 262), Manuel González Galiñanes (páx. 263), Darío González González (páx. 263), Juan Landín Varela (páx. 266), Benigno Martínez Oubiña (páx. 270), Juan Martínez Romay (páx. 270), Juan Moraña Argibay (páx. 272), Heliodoro Moscoso Moscoso (páx. 272), José Mosteiro Abal (páx. 272), Ramón Outeda Ares (páx. 274), Armando Outeda Lucio (páx. 274), Santiago Paulos Roma (páx. 275), Victoriano Prado Muñiz (páx. 278), Faustino Puente Cancela (páx. 278), José Rial Gómez (páx. 280), Luciano Rodríguez Prado (páx. 282), Juan Romay Alfonsín (páx. 282), Serafín Serén Cores (páx. 284), Manuel Torres Buceta (páx. 286), Manuel Varela Villar (páx. 287), Baldomero Vázquez Durán (páx. 288), Vicente Abal (páx. 317), Camilo Abal López (páx. 317), Manuel Barros Chantada e Manuel Ramón Barros Torres (páx. 320), Raimundo Douterelo García (páx. 327), Benito Güimil Prado (páx. 335), Nemesio Outeda (páx. 344) e José Vidal Fernández (páx. 354).

Heráldica do escudo de Meis

Outubro 16th, 2007  |  Published in| the_category Libros

 heraldica-meis2.JPG

“Heráldica do escudo de Meis” é outro dos traballos publicados por Mario Gallego Rei, mestre do C.P.I. do Mosteiro, coa colaboración do Concello de Meis.

O municipio de Meis foi un dos primeiros de Galiza en oficializar o seu brasón, e “don Mario” explica en 3 apartados a historia do mesmo: Configuración do concello de Meis, Orixe e evolución do escudo e O escudo actual: interpretación heráldica e histórica.

Se cadra, unha pequena cousa que lle falta ao traballo é un Copyright © ou un ISBN que protexa os dereitos do autor.

Os mosteiros de Galicia en bicicleta de Montaña

Setembro 14th, 2007  |  Published in| the_category Libros

 dopazo-fontan.jpg

“Os mosteiros de Galicia en bicicleta de Montaña” é un libro de Xosé Carlos Dopazo Fontán realizado xunto con Xulio Simón Rúa e editado por Xerais.

Xosé Carlos Dopazo Fontán “Carlos O Fogheteiro” é natural e veciño da aldea de Veiga da Vila (San Vicente de Nogueira), mestre do C.P.I. do Mosteiro, especialista en Educación Infantil.

O libro deste meisense fai un percorrido por 14 mosteiros da Galiza, entre eles o noso da Armenteira. Non só nos fala dos propios edificios monacais senon das fragas, petroglifos, xentes, camiños históricos, piornos, mamoas, muiños…que podemos atopar nos arredores.

Ademáis, o libro recolle un feixe de fotografías, debuxos, mapas, así como a descripción dos percorridos realizados para achegarse aos mosteiros.

Meis no Camiño das Estrelas

Xuño 7th, 2007  |  Published in| the_category Libros

mariogallego.jpg

“Meis no camiño das estrelas” é o primeiro libro adicado ao concello de Meis. Trátase dun libro moi sinxeliño, non é ningún estudo de fonda investigación pois ten a pretensión clara de chegar a todos os veciños. Un dos primeiros artigos que escribin neste blogmillo estaba adicado a Mario Gallego Rei e mais tarde faleivos doutro libro adicado aos muiños do río Armenteira onde Don Mario figuraba como coautor.

Os que estudamos con Don Mario e os que seguimos de preto as suas ensinanzas na escola decatarémonos da intención que ten. “Meis no camiño das estrelas” non é senon unha ferramenta mais de divulgación e de concienciación sobre a riqueza historica e cultural do noso concello.

Mais adiante falareivos doutro traballo editado por Don Mario sobre a Heráldica municipal.

Os Muiños do río Armenteira

Maio 10th, 2007  |  Published in| the_category Libros

muinosarmenteira.jpg

Fedellando en Internet atopeime con este libriño sobre os muiños do río Armenteira. Está editado pola Deputación de Pontevedra e o seu autor é Xosé Manuel Moreira Docampo. Tamén aparece, polo que vexo na foto, que Mario Gallego Rei é coautor deste libro. Cando poda mercareino, parece ter boa pinta. Cando menos é un pasiño mais na recuperación do noso patrimonio. Grazas aos autores por este tesouro.