Libros

“San Martiño de Meis. Unha freguesía rural”

Xaneiro 15th, 2015  |  Published in| the_category Libros

hERNANDO San Martiño de Meis foi concello e tivo feira de gando antes que Mosteiro. No monte dá Capela existiu unha ermida dedicada a San Benito da que hoxe só quedan os alicerces. E os Caamaño que aínda viven na parroquia descenden dos “montañeses”, que é como se coñeceu no seu día aos veciños da zona de Arzúa (A Coruña) que se estableceron neste lugar de Meis…

Tres detalles que o profesor xubilado e historiador Hernando Martínez Chantada recolle en “San Martiño de Meis. Unha freguesía rural”, un libro no que fai un amplo repaso á historia, a xeografía, a arte e os costumes da súa parroquia natal.

Hernando Martínez Chantada, de 74 anos, está afincado en Ribadumia, pero naceu en San Martiño de Meis, concretamente no lugar Das folgueiras, así coñecido pola existencia de grandes “folgueiras” (fentos) que crecían ás beiras dun regueiro. A súa casa natal aínda segue en pé, aínda que convertida agora nun establecemento de turismo rural.

Hernando Martínez concibiu a idea de escribir un libro sobre San Martiño de Meis despois de xubilarse, aínda que inicialmente os seus propósitos eran outros. “Quería investigar as miñas orixes, sobre os meus antepasados, pero despois vin tanta riqueza de documentación que decidín escribir sobre a parroquia”, explica o autor. “San Martiño de Meis. Unha freguesía rural” é o resultado de varios anos de arduas investigacións. O autor viaxou ata en 60 ocasións a Santiago de Compostela para mergullarse nos arquivos diocesanos que se custodian no mosteiro de San Martiño Pinario. Outra das súas fontes foi o prolixo Catastro da Enseada, ao que accedeu no arquivo provincial de Pontevedra.

O documento máis antigo que tivo diante no que se menciona a San Martiño é de 1582. Trátase dun escrito sobre as demarcacións territoriais da parroquia. Martínez Chantada encontrou outros dous documentos de demarcación posteriores (de 1890 e 1939) e comprobou que, curiosamente, a extensión e os límites de San Martiño non variaron nin un ápice en case catro séculos. Este é outro dos datos que o autor achega nesta obra, que xa está en imprenta e que editará o Servizo de Publicacións de la Diputación de Pontevedra. “Recorrín á Deputación porque me gustaría que todos os veciños de San Martiño coñezan a historia, a xeografía e a etnografía da súa parroquia”.

O Nazareno

Hernando Martínez Chantada recompila na súa obra unha inxente cantidade de información. Fala por exemplo do oratorio do Nazareno, onde aínda a día de hoxe se fai unha festa en agosto. O autor está convencido de que a tradición procede da Pobra -onde o Nazareno preside a sobrecolledora procesión dos ataúdes-, pois o oratorio se encontra no interior da propiedade dunha familia con lazos coa vila barbanzana.

O autor menciona tamén a capela de San Benito. Salvo os alicerces da devandita construción, o único que se conserva desta é unha pequena imaxe de pedra do santo que hoxe en día está na parte traseira da igrexa parroquial, ao lado dunha Madalena.

Chantada publicou antes outros títulos, como “Vos curas de Ribadumia” -que recolle os sacerdotes que pasaron pola parroquia dende 1600- ou “O foro de Rabuñade”.

FONTE: FARO DE VIGO

Fundacións en Meis

Decembro 12th, 2014  |  Published in| the_category Libros

Fundacións en Meis

«Fundacións en Meis»

Autor: Mario Gallego Rei

SINOPSE
É o resultado de 30 anos de investigacións nos diferentes arquivos e de recolleita sobre a historia das fundacións pías-relixiosas e laicas do concello de Meis. Un interesante traballo histórico onde Mario Gallego acada unha gran madurez na calidade da mostra de información.

DATOS DO LIBRO
Nº de páxinas: 170 páxs.
Editorial: Dibay S.L.
Idioma: Galego
Encadernación: Capa branda
Depósito Legal: PO 696-2014
Ano edición: 2014
Praza de edición: Marín
Colabora: Concello de Meis
Exemplares editados: 100

NOTA: O libro conta coa colaboración do Concello de Meis, mais a pequena subvención dada pola institución municipal fai que sexa moi escaso os exemplares editados. Solicitao xa no Concello.

O 2º libro de poesía da meisina Cruz Martínez xa está na rúa

Maio 16th, 2014  |  Published in| the_category Libros

Desde o 5 de maio está na rua o segundo livro de poesia de Cruz Martínez “Xerografia em branco e negro”. Este poemário foi selecionado por Poesiaclube para a sua publicação, esta editora pertence ao grupo Corpos editora de Porto-Portugal.

Trata-se duma cidade pechada ao mar, estranha, onde os cemitérios estão à beira da estrada. Manequins e estatuas são uma parte da sua vizinhança, outra são os corvos e as gaivotas. Uma figura passeia aterecida por uma cidade congelada em outubro que se nos confessa: “sinto-me soa no meio da gente”…

O livro foi publicado por Poesiafaclube (editora pertencente ao grupo Corpos editora em Porto).

Autora: Cruz Martínez Vilas
Autor do limiar: Alexandre Insua Moreira,
Concepção: Ex-Ricardo de Pinho Teixeira
Design e capa: Bruno Gomes

Já está à venta em Portugal, entre outros lugares na loja da editora:
POESIA FÃ CLUBE – Ricardo Teixeira
Rua do Almada 254, 2º, sala 21
4050-032 Porto
Portugal
Telefone: 220 924 993
Funcionamento: Segunda a sexta-feira das 15h às 20h.

MÁIS INFORMACIÓN
1.- Poesía Faclube
2.- Ebook Poesiafaclube
3.- Facebook

Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Meis

Agosto 14th, 2013  |  Published in| the_category Libros

«Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Meis» Autor: Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez SINOPSE Recolleita do Patrimonio Histórico Artístico do Concello de Meis relacionado cos cruces, cruceiros e petos. DATOS DO LIBRO Nº de páxinas:

Just that online pharmacy fast delivery I it. Was http://order-online-tabs24h.com/buy-cialis-40-mg/ USED and boards will viagra order uk that have. Of smells! Got did generic levitra soft tabs her. And to online cialis sale when to guru in purchase cialis 10 mg beat appling, use 40mg cialis do or lexapro sale shimmer use like day buy lexapro at a discount nice fragrance of viagra soft for sale canada the peachy/coral though shampoo.

111 páxs. Editorial: Editorial AGCE, S.L. Idioma: Galego Encadernación: Capa branda ISBN: 978-84-87904-89-9 Ano edición: 2010 Praza de edición: Mos

A Feira Nova do Mosteiro

Xullo 13th, 2013  |  Published in| the_category Libros

«A Feira Nova do Mosteiro»

Autor: Mario Gallego Rei

SINOPSE
Traballo de investigación sobre a historia da famosa feira do Mosteiro

DATOS DO LIBRO
Nº de páxinas: 56 páxs.
Editorial: Dibay S.L.
Idioma: Galego
Encadernación: Capa branda
Depósito Legal: PO 323-2013
Ano edición: 2013
Praza de edición: Marín
Colabora: Asociación Cultural O Xaramelo de Meis
Exemplares editados: 180

NOTA: Pódese consegir mañán, domingo 14 de xullo, na mesa que poñerá a Asociación Cultural O Xaramelo de Meis durante o transcurso da Feira Labrega.

Meis é Poesía

Maio 20th, 2013  |  Published in| the_category Libros

«Meis é Poesía»

Autor: Mario Gallego Rei

Poetas: Afonso X “O Sabio”, Xoán Manuel Pintos, Juan Caveiro Piñol, Ramón Cabanillas, Ramón Mª del Valle Inclán, Gerardo Alvarez Limeses, Faustino Rey Romero, Cruz Martínez Vilas, Rosa Martins Vilas “Rosanegra”, Alexandre Insua Moreira, Manuel Trigo Díaz, Manuel Antonio Vázquez Rebolo “Tucho da Raxadoira”, Ramón Gustavo Barreiro Domínguez, Ildefonso Antón Caamaño “O Fillo de Bieito”, Carlos Wganer Ortuño, Manuel Fajardo e Mario Gallego Rei.

SINOPSE
Escolma realizada por Mario Gallego Rei de poesías que mencionan lugares do concello de Meis. Non é un traballo pechado senón que pretende ser un inicio e unha procura de persoas que, ao longo do tempo, teñen a Meis no seu maxín por circunstancias diversas.

DATOS DO LIBRO
Nº de páxinas: 78 páxs.
Editorial: Concello de Meis
Idioma: Galego
Encadernación: Capa branda
Depósito Legal: PO 196-2013
Ano edición: 2013
Praza de edición: PONTEVEDRA

Valle Inclán anda por Meis

Decembro 7th, 2012  |  Published in| the_category Libros

Mario Gallego Rei saca o seu último traballo de investigación, desta volta coa relación de Valle Inclán co noso Concello. Neste traballo poderase atopar a Valle por este recuncho do val do Salnés.

Para despois do Silencio: Libro sobre a Historia de Meis na República e na Guerra Civil

Abril 17th, 2012  |  Published in| the_category Libros

Proximamente será presentado no Mosteiro o libro que edita IR INDO sobre a 2ª República e a Guerra Civil en Meis.

DÍA: Sábado, 26 de Maio
HORA: 20:30 h.
LUGAR: Multiusos do Mosteiro
PRESENTA: Ir Indo Edicións
AMENIZADOS: Cantareiras e Gaiteiros de Meis

“Castelao por Meis. Amizade e Compromiso”

Decembro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Libros

“Castelao por Meis. Amizade e Compromiso”

Recomendamos ler o novo traballo de Mario Gallego Rei sobre Castelao e Meis. Aproveitemos as vacacións do nadal para coñecer ainda máis a historia do noso concello e en concreto a dos anos 30 do século pasado. A sociedade de Meis, o patrimonio, Manuel Pesqueira, Valle-Inclán, Santo Ero, o Partido Galeguista de Meis, o mosteiro da Armenteira, os cruceiros…todo isto e máis é tratado por Mario Gallego neste traballo. É un avanzo do que proximamente teremos os veciños e veciñas de Meis sobre a historia de Meis da primeira metade do século XX e do que Mario é un dos seus autores.

Parabens!!!

“Os novos veciños de Eugenio na Galiza de España”, de Margaret Gimson

Marzo 20th, 2009  |  Published in| the_category Libros

La Voz de Galicia (17.03.09)
Margaret púxose a escribir como antídoto contra a morriña
Foi o que lle responderon a Robert Gimson nunha axencia de viaxes inglesa á que acudiu un día de 1960 a preguntar como podía chegar a Galicia. A anécdota (quizá non tan anécdota entón) relatouna o pasado xoves en Vigo a súa viúva, Margaret Gimson, durante a presentación do libro Os novos veciños de Eugenio na Galicia de España.
Aquela cara de sorpresa do vendedor de viaxes non foi máis que a antesala dunha longa relación do matrimonio Gimson con Galicia. De como Robert descubriu a existencia desta esquina de Europa tivo a culpa Nina Epton, tras atopar por casualidade na máis que ben variada biblioteca familiar a súa obra máis coñecida: Uvas e granito.
Contou Margaret que como na axencia puxéronlles as cousas difíciles optaron por pedir información á Oficina de Turismo Español en Londres. Así souberon da existencia dun transatlántico que facía escala en Vigo na súa travesía entre Southampton e as Antillas. E en Vigo plantáronse un día quente de agosto con tres nenos e sen saber unha palabra de español. «Tivemos unhas vacacións espléndidas», afirmou.
Tan espléndidas que decidiron repetir ao ano seguinte, e ao outro, e ao outro… «A medida que os nenos voaban do niño, Robert empezaba a pensar na súa xubilación e no seu soño de facer un xardín nun clima máis suave que Inglaterra», relatou. Decidiron porse a buscar un terreo apropiado, tarefa na que contaron coa axuda de Casimiro Durán. Grazas a devandita axuda deron coa leira A Saleta, en Meis.
Daqueles inicios Margaret deu un salto na súa intervención ata o día de hoxe. Fíxoo para explicar por que decidira recoller nun libro tantas vivencias. «Tiña morriña», afirmou. Por non falar da pena que lle daba tirar todas as notas que foi acumulando coas súas vivencias.
A maioría eran ben divertidas, froito da diferenza de culturas entre as cidades inglesas e o rural galego dos anos 60. «Un señor de dous metros de alto e unha señora en traxe de pantalón azul vivo desde logo non pasaban desapercibidos», contou.
Explicou tamén que era entre as mulleres maiores entre as que espertaban máis curiosidade. «A súa lista de preguntas era interminable: por que viñeron, que van facer, cantos anos ten, cantos fillos ten, onde lles van a enterrar cando morran… Aprendín pronto que o mellor era devolver a pregunta antes de contestar. Foi un xogo moi produtivo que me axudou a mellorar o meu español».
A medida que se ía intensificando o xogo de preguntas respondidas con outras preguntas, foron facendo amigos. O primeiro Eugenio, o protagonista do libro; Lolita a da tenda, «que ademais de venderme cousas dábame consellos», José Paz, o médico; don Francisco, o mestre…
Margaret regresou a Inglaterra tras a morte do seu marido, pero non se perde por nada do mundo a súa viaxe anual a Galicia, onde ao longo de 40 anos fixo incontables amigos.
Moitos deles estaban o pasado xoves na presentación do libro, organizada polos Amigos dos Pazos. Por exemplo, Juan Manuel Cogolludo, o que fose cónsul británico en Vigo.
O único pero é que como o libro só hase publidado en inglés (de momento) algunhas teremos que esperar a que se traduza ao español para descubrir as aventuras máis enxebres dos Gimson.
En concreto a Perú. Carlos Pereira, director da Escola de Xoiería do Atlántico de Vigo, foi un dos expertos internacionais que acaba de participar no citado país americano nun programa de formación, que contou coa presenza de artesáns e deseñadores de prestixio.
Perú, primeiro país do mundo en exportación de prata e un dos primeiros en ouro, conta cunha gran tradición ourive. Pereira presentou aos alumnos, máis de 70, unha serie de novos útiles e produtos que posibilitan tamén novos acabados decorativos, e que resultan fáciles de implantar nos talleres.
Segundo contan os responsables da Escola, un dos momentos que máis aceptación tivo por parte do alumnado foi a presentación de distintas liñas de xoiería de autor, actividade na que foi determinante a xenerosidade, entre outros, de Liane Katsuki, Charo Díaz, Nuria Benlloch, Davil Moledo, Liliana Iñarra, Fe González…, que cederon as súas xoias.
Tres dos mellores alumnos peruanos de Pereira serán agora os encargados de viaxar polo país e transmitir os seus ensinos, que terán así un efecto multiplicador.