Ecoloxía

Aeroxeneradores no Castrove: Si ou Non

Febreiro 21st, 2013  |  Published in| the_category Ecoloxía

Para coñecer a situación actualmente

O Faro de Vigo do 13 de Outubro de 2012 comentaba:

A agrupación de comunidades de montes do Castrove convocou unha reunión da directiva para o próximo xoves, coa intención de analizar o proxecto de parque eólico que unha empresa de Caldas de Reis quere desenvolver no punto máis alto da serra, xunto ás antenas de televisión.

E é que polo momento a información que teñen as comunidades é moi concisa, e nalgúns casos até contraditoria, até o extremo de que os propietarios da Armenteira recibiron unha comunicación por carta de que estaban afectados polas expropiacións, aínda que finalmente non é así, segundo asegura o seu presidente, Antonino Martínez.

O proxecto promóveo a empresa Renoveurysa, e contempla a instalación de dúas grandes torres de 120 metros de altura e cinco de diámetro, cunha potencia de 3.000 kilowatios cada unha.

O presuposto ascende a sete millóns de euros, e antonte publicouse no Diario Oficial de Galicia unha resolución de mediados de setembro da Consellaría de Economía e Industria pola que se somete a exposición pública o proceso de expropiación.

Mentres, hai varios aspectos que preocupan ás comunidades afectadas. O presidente da Mancomunidade do Castrove, Claudio Quintillán, se queixa en primeiro lugar de que os propietarios do monte apenas recibiron información ningunha sobre os plans da empresa, até o extremo de que “se sabemos algo do proxecto é porque tivemos que ir adrede velo nos concellos”.

Quintillán tamén se mostra preocupado polo posíbel impacto ambiental e paisaxístico da instalación, posto que contando as aspas a altura podería roldar os 140 metros. De todos os xeitos quixo deixar claro que a mancomunidade terá no proceso un mero papel informativo porque “a decisión final depende de cada comunidade, que é soberana,”.

Outro asunto que preocupa aos comuneiros é o feito de que a Xunta pretenda aprobar unha expropiación. Peregrina Martínez, de San Salvador, afirma que puxeron o expediente en mans dos seus avogados e que polo momento a información de que dispoñen é moi escasa, pero que de todos os xeitos a eles lles gustaría máis a opción de alugar os terreos necesarios á empresa eólica, pero sen perder a titularidade destes.

Mentres, o Colectivo Ecoloxista do Salnés descoñece aínda o proxecto, pero si recordan que hai anos se consideraba a colocación de aeroxeradores no Castrove no marco dun plan eólico máis xeral. Daquel plan, a presidenta dos ecoloxistas, Marta Lois, recorda que a situación dos aeroxeradores non causaba un impacto ambiental grave, aínda que tampouco se podía valorar a incidencia dos accesos, pois naquel momento esa información non estaba dispoñíbel.

Iso si, Marta Lois pon reparos ao impacto visual e paisaxístico. Na súa opinión un problema dos plans eólicos que se deseñaron até a data é que contemplaban parques moi dispersos, o que motivou que vaias ao monte que vaias é moi difícil non se encontrar cun parque de aeroxeradores”, co impacto paisaxístico que iso provoca nos montes.

artigo do Faro de Vigo do 21 de Outubro do 2012

A directiva da agrupación de comunidades de montes do Castrove está de acordo co proxecto de parque eólico, aínda que confía en que a empresa promotora opte por unha fórmula de pago dos terreos máis beneficiosa para os propietarios do monte. A directiva reuniuse en Curro, e suscita que no canto de recorrer á vía da expropiación, que é a que inicialmente está aprobada, escóllase unha fórmula que deixe unha maior rendabilidade económica nas poboacións da contorna. Neste sentido, avogan por dúas posibilidades: que as comunidades de montes poidan entrar como socios no proxecto, ou que se fixe un canon anual para as comunidades afectadas.

“A nosa Mancomunidade defende as enerxías alternativas, e hai que ter en conta que son só dous aeroxeneradores, malia as súas dimensións”, suscita o presidente do colectivo, Claudio Quintillán. Ademais, a directiva dos comuneiros recorda que varias entidades quedaron sen recurso económico algún tras os incendios de 2006, co que o proxecto eólico viríalles ben para reflotar as contas.

Os comuneiros, con todo, teñen a esperanza de que a empresa promotora, Renoveurysa, de Caldas, acepte negociar coas comunidades “unha fórmula para que o proxecto revierta nas comunidades locais”. Pero posto que a opinión da Mancomunidade non é vinculante -cada comunidade é soberana nas súas decisións- o seguinte paso que se vai a dar é o de convocar unha asemblea xeral para a primeira quincena de novembro. Nesa reunión aportaranse datos máis concretos do proxecto, que colleu por sorpresa a máis dunha comunidade. “Xa pasou coa planta de biomasa e agora volveu a suceder. É lamentábel que teñamos que decatarnos deste tipo de proxectos que nos afectan a través dos medios de comunicación, cando levan meses tramitándose na Xunta. Temos que denunciar o ocultismo con que traballa a administración”, engade Quintillán.

Os dous aerogeneradores situaranse na cima do monte, nas proximidades dos repetidores de televisión, en terreos que pertencen ás parroquias de San Salvador de Meis e de San Xoán de Poio. En canto aos viais -tanto de acceso como de condución do cableado- discorrerán basicamente por San Xoán de Poio, e de feito a enerxía eléctrica que se produza na estación conducirase ao transformador da Escusa.

En canto ao radio de acción comprende dúas aldeas de Poio, como son A Escusa e Río Mouro, que ao atoparse a unha distancia aproximada dun quilómetro da futura estación poderían verse afectadas polo ruído que esta xere. Mentres, a zona de afección do proxecto comprende tamén terreos de Campañó (Pontevedra) e San Vicente de Nogueira (Meis). Unha das principais particularidades desta iniciativa empresarial é o tamaño dos aeroxeneradores, que terán 120 metros de altura e cinco de diámetro.

Este é o asunto principal da orde do día da asemblea de novembro, pero a directiva dos comuneros do Castrove tamén abordará cos socios outros asuntos.

En setembro do 2011 a Sociedade Galega de Historia Natural presentaba a seguinte alegación ao proxecto do Parque Eólico:

Que o proxecto se someta a Estudio de Impacto Ambiental e que éste:
1. Avalíe os efectos sinérxicos e acumulativos cos parques eólicos existentes ou proxectados, do mesmo ou
doutros promotores, na Área de Desenvolvemento Eólico Castrove.
2. Avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre:
a. Hábitats de conservación prioritaria na UE (DC 92/43/CEE) e, consecuentemente, adapte o proxecto
para evitalos totalmente pois non existen razóns imperiosas de interese público de primeiro orden
(artigo 6 da DC 92/45/CEE, artigo 45 da Lei estatal 42/2007) para que sexan afectados por un proxecto
de parque eólico.
b. Hábitats de interese comunitario (DC 92/43/CEE) e estudie alternativas para minimizalos canto sexa
técnica e ambientalmente posible.
3. Avalíe as posibles afeccións do proxecto sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000
en Galicia e, consecuentemente, adapte o proxecto para evitalos totalmente.
4. Avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre TODAS as especies incluidas no anexo
I da Directiva Aves, na Directiva 92/43/CEE, no Catálogo Español de Especies Amenazadas (Real Decreto
139/2011) e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007) presentes na zona e contemple
a adaptación do proxecto para evitalas totalmente no caso de especies de interese comunitario e/ou en
perigo de extinción, pois non existen razóns imperiosas de interese público de primeiro orden (artigo 6
da DC 92/45/CEE, artigo 45 da Lei estatal 42/2007) para que sexan afectados por un proxecto de parque
eólico, ou para mitigalas no caso das restantes especies catalogadas. Ademais, no caso de especies
catalogadas como vulnerables ou en perigo de extinción, o EIA debería:
a. Adaptar o trazado dos viais e emprazamento dos aeroxeneradores para evitar afeccións á flora.
b. Avaliar alternativas para minimizar a mortandade de anfibios, réptiles e micromamíferos nos viais de
acceso por atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.
c. Avaliar alternativas para minimizar a mortandade de aves e morcegos por impacto cos
aeroxeneradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico
durante todas as fases do ciclo vital.
d. Contemplar a inclusión de todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos Plans
de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de
acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.
5. Avalíe a mortandade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso (atropelo e atrapamento
en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.) e a adopción de medidas eficaces para mitigala.

Por último empresa do parque eólico do Castrove descartou a expropiación dos terreos, segundo relataba o Faro de Vigo do 12 de decembro

La Voz de Galicia recolle a dramática situación das depuradoras de Meis

Abril 14th, 2010  |  Published in| the_category Ecoloxía

14 de Abril do 2010

Así, Pilar Xiráldez, militante do BNG en Meis, declara no devandito xornal que “resulta ridículo que se loite por crear a ruta da Pedra e da Auga antes que coidar un ben do que non se poden beneficiar a totalidade dos veciños“. Tamén recolle as demandas que realizou o BNG no 2005 sobre esta problemática.

Algo FEDE en Santo Tomé de Nogueira

Novembro 20th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Política, Sociedade

Que pasa en San Tomé de Nogueira? Que asunto escuros agocha o Alcalde?. Velaí a Carta que Dores Montoya, veciña e comuneira de Santo Tomé de Nogueira, ademais de Concelleira do BNG na lexislatura 2003-2007, enviou aos diferentes medios de comunicación:

ConcelleirosBNG3 Dores Montoya “A Chata”, a primeira pola esquerda

“Como veciña e comuneira da parroquia de San Tomé de Nogueira-Meis, síntome na obriga de contar o acontecido nas últimas asambleas da Comunidade de montes da miña parroquia, logo de ler as mentiras vertidas polo señor alcalde de Meis na prensa da comarca.

O día 13 de setembro de 2009 celebrouse unha asamblea da CCMM de San Tomé , á que acudeu o señor Pérez Estévez.Nesa reunión o señor alcalde, sen ter dereito e sen ter solicitado nen concedido permiso para a súa asistencia e intervención, insultou á directiva, ocupou un sitio que non lle correspondía e alterado e de malos xeitos dixo que se ía votar a “súa proposta” de que lle cedéramos os veciños o térreo comunal que el desexaba por tempo indefinido e nunhas condicións irrisorias.Avisado de que o proceso de propostas e decisións non era ese, que a asamblea ten que seguir unha lexislación e regulamento, fixo caso omiso e dixo que se votaba a súa proposta. A asamblea tivo que ser suspendida pola directiva da comunidade, provocando que o alcalde insultase e amenazase ao presidente da comunidade e que algún acompañante do alcalde insultase ao avogado da comunidade e a outros membros da directiva, facendo que incluso se estivese a pique de “chegar ás mans”, o que se evitou coa axuda dos veciños.O espectáculo do señor José Luis Pérez Estévez foi penoso e lamentable, deixando asombrados a moitos veciños que non entendian a súa reacción, tendo en conta ademais que o presidente da CCMM de San Tomé foi concelleiro do PP e membro da Xunta de goberno varios anos con Pérez Estévez. Chegou a dirixirse a el decíndolle “vou a acabar contigo”.

Días máis tarde solicitaron a miña sinatura para, según palabras textuais, “botar ao presidente da CCMM”, acompañando esta frase dunha expresión insultatnte que prefiro non repetir.O mesmo fixeron outros “amigos” do alcalde ou compañeiros dos mesmos intereses, que buscaron a sinatura doutros veciños, usando falsos argumentos, como que a sinatura era para solicitar unha asamblea explicativa, ou que era para decir sí a un parque acuático ou mentiras similares.A realidade era i é que pedían a sinatura para convocar eleccións, cambiar a directiva e “facerse” eles coa CCMM para así poder manexar ao seu antoxo e intereses o que é de todos.

Pronto se descubreu que as argumentacións para pedir sinaturas eran falsas pois estaba convocada unha asamblea para o día 30 de outubro, quedando ademais aclarado que en San Tomé non nos opoñíamos a un parque acuático ,nen moito menos, a única oposición era a agasallar os nosos térreos para sempre a uns cuantos aproveitados que os querían a cambio de nada.

Así foi como o día 30 de outubro tivemos unha asamblea da comunidade.A ésta acudiron persoas que non podían facelo por diversas razóns legais, por exemplo por ser doutras parroquias e non ser comuneiros, como o caso do señor alcalde.O presidente da comunidade pideu que os non comuneiros abandoaran a sala de reunións, e despois de ter insistido e de algunhas protestas, os que non podían asisitir foron abandoando as dependencias da escola laica, lugar da reunión, a excepción do alcalde que se negou unha e outra vez, de moi malas maneiras e cunha actitude chulesca e prepotente.O presidente da comunidade, decíallo de forma adecuada e contundente ,pero o alcalde non atendía a razóns. Os veciños pedían insistentemente que o alcalde saira, pero o señor Pérez non facía caso.Esta que escribe,xunto com outros comuneiros, facendo uso dos nosos dereitos como comuneiros, solicitamos que o alcalde se retirase e que de non facelo , pediamos a presenza da garda civil para que o sacase da sala, ante o que o señor alcalde de Meis, de forma violenta e fora de si, alterado e a chillidos, díxo textualmente “había que matarvos a todos”, o que provocou que algún veciño se ofrecese a sacalo él mesmo “a trompazos” por según palabras veciñais “non ser un alcalde senón un paiaso”. Ante o tinte e cariz que tomaban as cousas , o presidente da comunidade tivo que erguerse do seu asento, e con amabilidade pero con firmeza, tivo que suxeitar ao alcalde por un brazo e tivo que “poñelo fora”.

Unha vez o alcalde no exterior a asamblea ía discurrindo con normalidade, un topógrafo e o un avogado, informaban polo miúdo do que supoñía unha cesión e demais aspectos legais relacionados coa mesma.Os comuneiros decidimos ceder os terreos precisos para un parque acuático ao concello nunhas condicións: por trinta anos e cunhas compesacións, lóxicas ao noso entender, pero non para mans privadas que especulen e se enriquezcan gratuitamente co que é de todos os veciños de San Tomé.
No transcurso das explicacións do topógrafo, o alcalde insultou ao presidente da comunidade dun xeito soez e maleducado, voltou a entrar e tiveron que voltar a sacalo fora, e desde o exterior solicitaba dos seus compinches que tirasen os bancos, fixesen follón e reventasen a asamblea.Tamén o avogado e o topógrafo foron blanco dos seus insultos.

O alcalde avergonzouse a si mesmo, e fíxonos sentir vergoña a todos, vergoña allea, de ter un rexidor de ese “calibre”.

Despois de ser espectadora desta rocambolesca e triste historia, de acudir a algo que,pensaba eu, solo acontecía nos plenos, pois fun concelleira catro anos e vivín de primeira man como o alcade insultaba e agredía verbalmente aos concelleiros da miña formación política, comprobo como Pérez Estévez perdeu os papeis totalmente e fai o mesmo cós veciños, cunha directiva e con ex-compañeiros seus de formación política.
Preguntome a onde é capaz de chegar e por que?

Esa é a pregunte que todos os veciños nos facemos, o por qué desa violencia do alcalde?

A resposta é sinxela e por todos coñecida.Así o pasado venres día sete fomos convocados a unha reunión na Casa de cultura de O Mosteiro, e o alcalde lonxe de disculparse polo aberrante do seu comportamento, dounos un mítin acompañado polas concelleiras Mónica Outeda,Ofelia Barral e a veciña de San Tomé e concelleira do grupo de goberno,Raquel Outeda, que pretendeu tomarnos o pelo e rirse de nós.O 1º tenente alcade, Eugenio Fernández, non acudeu.
Días despois leo as declaracións do rexidor de Méis culpabilizando aos veciños e facendose a víctima.
Mais desde aquí, como veciña e comuneira, quero deixarlle claro que temos unha directiva da comunidade elexida polos veciños e democrática, que funciona nas normas e leis dunha democracia e non dun réxime totalitario, por mais que lles pese a algúns e algunhas.

Solicito do seu médio de comunicación publique o meu escrito.

Mª Dores Montoya Freire”.

Casa de Cultura de Zacande (Nogueira)

Agosto 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

Sen lugar a dúbidas os veciños de Zacande (Nogueira) poden estar ledos pola Casa de Cultura que construiron coas súas propias mans. Mais eu quero facer unha reflexión en xeral sobre esta cuestión:

1. Como é posíbel que as institucións públicas (Deputación de Pontevedra e Concello de Meis) dean cartos, e iso que temos poucos, para a construcción dunha Casa de Cultura que está situada a menos de 200 metros do Centro Multiusos do Mosteiro?

2. Será unha nova polìtica do PP para aforrar cartos?, Veremos agora aos veciños de Meis asfaltando camiños, colocando os sumidoiros, etc?

3. Por qué se fai isto neste lugar cando hai parroquias no concello que non dispoñen dun Centro Cultural?

4. De quen é a titularidade da Casa de Cultura? Construida coas mans dos veciños, cos cartos da Deputación e en terreos do Concello? Hai algún mecanismo que regule o uso deste Centro?

5. É de supor que os veciños de Penente, Veiga da Vila ou Caticovas (todos estes lugares sitos na mesma parroquia á que pertence Zacande) terán os mesmos dereitos para que esas institucións públicas lles subvencionen un Centro das mesmas características, non si?

6. Se cadra, para o Concello de Meis e a Deputación de Pontevedra o resto dos veciños somos cidadáns de 3ª categoría?

Este tipo de actuacións políticas encerran dentro de sí unha gran polémica que algún día estourará nas máns de alguén. Eis a política caciquil do Partido Popular.

casa-de-cultura-de-zacandecasa-de-cultura-de-zacande1

O BNG solicita protección da paraxe das Aceñas

Maio 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía

acenas_200 bng3

O BNG presentou no Parlamento Galego unha pregunta relativa ás previsións de realización de actuacións de arranxos, mellora e posta en valor na ponte das Aceñas e o seu contorno, sobre o río Umia.

Engade que o espazo coñecido como As Aceñas, e a súa ponte sobre o río Umia, entre Baión (Vilanova de Arousa) e Paradela (Meis), insírese nunha área singular do ponto de vista paisaxístico e medio ambiental. Tamén do cultural e patrimonial, como no caso da ponte, en pedra e con máis dun século de existencia, e que sofreu este inverno, como consecuencia dunha riada, serios desperfectos que afectan a súa estructura e a diversos elementos constructivos.

as-acenas

Para o deputado Bieito Lobeira, cumpre pór en marcha accións de arranxo e rehabilitación da ponte (mesmo en previsión de eventuais riadas nos próximos meses) a fin de evitar danos estruturais irrebersibeis, sobre ela mesma e tamén sobre o leito do río Umia. Esta actuación debe ser incluída no contexto dun programa global, vinculado á mellora e posta en valor (iso si, con escrupuloso respecto ao medio fluvial e a súa ribeira) dese contorno privilexiado: As Aceñas.

Estas razóns son as que inducen ao BNG a preguntar se ten previsto a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras acometer accións de arranxo e rehabilitación da ponte sobre o río Umia, así como de mellora e posta en valor da área das Aceñas.

A Iniciativa do BNG: as-acenas-meis

A Comunidade de Montes da Armenteira recupera terreos comunais

Maio 2nd, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

10_mosteiro_de_armenteira_25_g

A Comunidade de Montes da Armenteira (Vilar, O Busto e Valboa) recupera 60 hectáreas de monte mancomunado e loita por conseguir 50 máis. Isto é unha victoria importante, tendo en conta que as actuais Xuntas Reitoras das Comunidades de Montes de Santo Tomé de Nogueira, San Vicente de Nogueira e San Salvador de Meis, mantense no poder a base de non meterse coas tomadas. Disto sabemos moitos os veciños destas parroquias.

Un dos grandes problemas que soporta os montes comunais de Meis é a acreditación da propiedade, moitos dos cales acaban en longos procesos xudiciais.

107 comuneiros da Armenteira coseguiron en 1998 acceder ao monte con 50 tractores para recoller madeira que consideraban da súa pertenza. Esta Comunidade reclama máis de 150 hectáreas de montes, tiñan recoñecidas 40 ás que hai que engadir as 60 últimas.

O Partido Popular atopou un filón para manter o control das Xuntas Reitoras das freguesías mencionadas anteriormente ao comprometerse cos propietarios das tomadas para non mergullarse en reclamacións perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

Na súa xusta medida, hai que recoñecer que Antoniño Martínez, o Presidente da Comunidade de Montes da Armenteira, vinculado ao PP, acaba de conseguir para os veciños da parroquia unha victoria histórica. Por moito que os veciños doutras parroquias intenten gañar tempo, estas cuestións terán que ser discutidas algún día en Nogueira, Santo Tomé e Meis.

Antoniño Martínez declara que “a xente botouse enrriba do monte, elaborando falsos documentos de compra e venda, e rexistrando terreos ao seu nome. Restabelecer a legalidade vixente seguirá esixindo un gran esforzo.”

A Comunidade de Montes da Armenteira tivo que gastarse uns 18.000 €, que sairon dos beneficios da venda da madeira.

As Cabezas da Armenteira

Abril 14th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Festas

La Voz de Galicia (14.04.09)
as-cabezas
A tradición manda que o luns de Pascua os veciños do Salnés se dean cita no mosteiro de Armenteira para render homenaxe á Virxe dás Cabezas. E así o fixeron onte miles de persoas. A tradición tamén manda que ao recinto se suba a pé. E ás once da mañá, centenares de veciños enfilaron a nova ruta de sendeirismo para chegar a xunto a virxe. Trátase dun camiño que, seguindo o curso do río, chega directamente ao mosteiro e polo que antigamente transitaban os peregrinos. A súa recuperación débese á Deputación e paseando por alí púidose ver o seu presidente, Rafael Louzán, e numerosos alcaldes da bisbarra. O rexedor de Meis, José Luis Pérez Estévez, exerceu de anfitrión. Unha xornada pasada por auga. A chuvia non concedeu tregua aos peregrinos que onte se citaron no mosteiro. Pero iso non impediu que a xornada se celebrase ao grande. Os paseantes chegaron empapados, pero con moitas ganas de pasalo ben e, sobre todo, de render homenaxe á virxe. A imaxe tivo que saír en procesión acompañada por un paraugas, ao igual que os seus fieis.
Cunha imaxe de cera sobre a cabeza. Así se debe escoitar a misa en honor á virxe en Armenteira. É unha forma de pedir o favor da santa e, tamén, de darlle as grazas por todo o concedido. E desa forma asistiron onte ás celebracións moitos dos miles de fieis que non quixeron perderse estes festexos. Pero ademais de para a oración, en Armenteira tamén houbo onte espazo para a festa. Porque a tradición tamén manda que, tras os rezos, hai que dalo o gusto ao corpo cunha boa tapa de polbo e din que o que serven neste ámbito está delicioso. Claro que tamén houbo quen se conformou cun bocadillo ou cunha comida de campo ao grande. Aínda que a chuvia o puxo difícil, a romaxe da Virxe dás Cabezas volveu ser un éxito rotundo.

Diario de Arousa (14.04.09)
as-cabezas2
s aproximadamente15.000 peregrinos que renderon tributo onte á Virxe dás Cabezas -entre os que se encontraba o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña e o alcalde de Meis, José Luis Pérez-, desafiaron á chuvia para asistir a unha das manifestacións relixiosas máis multitudinarias do Salnés. A chegada das autoridades ao templo produciuse á unha en punto, momento en que deu inicio a misa no medio do fervor popular que intentaba achegarse á santa. O mal tempo, provocou que a imaxe só fose sacada en procesión por debaixo do palco da romaxe. No medio do diluvio, algúns mozos decidiron levantar as tendas ao mediodía.
Os máis de 15.000 peregrinos que onte subiron ata o Mosteiro da Armenteira, segundo as estimacións da comisión de festas, fixérono no medio dunha intensa chuvia que comezou a caer dende as 12 do mediodía.
O presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, non se librou da molladura, xa que realizou a peregrinación dende a rotonda de Barrantes acompañado pola alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña e polo alcalde de Meis, José Luis Pérez.
Á altura da Aldea Labrega, esperábanos uns corenta veciños de ambos os dous concellos que subiron coas autoridades ata o convento. Debido ás adversidades do clima, a travesía fíxose máis tediosa do que se esperaba e o grupo tivo que alixeirar o paso para chegar a tempo ao oficio relixioso da unha.
A esa hora, unha avalancha de fieis amontoábase ás portas do templo para gabar a imaxe da Virxe dás Cabezas. Moitos, aproveitaron para acariciala con algunha peza ou un pano, outros agasallárona con flores e a maioría, depositou as súas velas ao lado da imaxe sagrada.
A cerimonia foi oficiada por sete sacerdotes da bisbarra do Salnés e o Delegado da Pastoral da Xuventude, Javier Porro, pertencente á Diocese de Santiago de Compostela. O clérigo, aproveitou a ocasión para recordar ás vítimas do terremoto que sacudiu o centro de Italia a semana pasada.
Ademais dos curas, na misa tamén participou un coro de nenos da zona que cantou en numerosas ocasións.
Debido ao mal tempo, os parroquianos decidiron sacar a imaxe da santa polo adro da igrexa, que estaba cuberto por un toldo. A Banda de Música de Vilanova acompañou a procesión, mentres moitos fieis contemplaban emocionados a milagrosa virxe.
Festa pagá > Ademais da devoción, a suba á Armenteira caracterízase polo ambiente festivo de que está rodeada esta tradición.
Moitos mozos, aproveitan a ocasión para acampar cos seus amigos dende a noite anterior. Segundo o voceiro da comisión de festas, Arturo Casal, “a romaxe dás Cabezas debería chamarse a festa dá xuventude, porque cada ano máis mozos soben ata aquí arriba para pasalo ben”.
Como cada ano, o ámbito do mosteiro encheuse de decenas de postos que ofrecían dende rosquillas, ata polbo á feira, pasando por roupa e recordos varios.
Non obstante, esta vez a cantidade de chuvia caída -que calou ata a roupa do máis previsor- animou moitos dos asistentes a evacuar o lugar, unha vez rematada a misa. Aínda así, os romeiros volveron en masa despois de comer, cando houbo escampado un pouco o ceo.
Os oficios relixiosos continuarán todos os días da semana ás 20 horas e o sábado haberá unha gran verbena popular como colofón de festas na que participarán as orquestras Sintonía de Vigo e Olympus.

Sendeirismo polo río Armenteira para “reinagurar” a ruta “da auga”

Abril 1st, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía


La Voz de Galicia (01.04.09): Ribadumia e Meis celebran unha sesión de sendeirismo para inaugurar a ruta da auga
Os municipios de Meis e Ribadumia organizan o vindeiro sábado unha xornada de sendeirismo para dar a coñecer a Ruta dá Pedra dá Auga, que transcorre entre os muíños de Barrantes e o mosteiro de Armenteira. Os participantes partirán da rotonda de Barrantes ás dez e media da mañá. Os interesados en participar nesta actividade deben inscribirse nas oficinas municipais de ambas as localidades. O prazo termina o vindeiro venres.
A nova ruta de sendeirismo naceu co obxectivo de mostrar a riqueza cultural e natural desta contorna. Ten unha lonxitude de varios quilómetros e transcorre polos muíños de Barrantes ata o mosteiro de Armenteira, en Meis. Ao seu paso pódese ver tamén a nova Aldea Labrega.

O Castrove volve ser ameazado polo PP

Marzo 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Ruxe-ruxe

“Hai uns días estiven comendo no campo de golf “público” de Meis cun empregado dalí e soltou que estaban agardando a que gañase Feijoo para mandarlle alí no alto do monte unha urbanización de chalets e un hotel, ademáis dunha ampliación do propio campo. Que sorte vai ter Meis que lle vai chegar xa o progreso e a fin da crise gracias a 009!!”

Co cambio de Goberno na Xunta de Galiza voltan as vellas polìticas de destrucción do noso territorio por parte do PP. Mágoa, non damos escarmentados. Coidemos do noso e non vendamos a nosa terra por 4 patacos.

Deseñan un circuíto de velocidade de 135.000 metros no monte Castrove

Marzo 2nd, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía

Diario de Pontevedra (26.02.09)
A sociedade Moto Club Pontevedra presentou onte no Concello de Poio o anteproxecto para crear un circuíto de velocidade no Castrove. A idea da entidade é crear a infraestrutura nun espazo de 135.000 metros cadrados que abarca terreos das comunidades de montes de Combarro, Meis e San Xoán. Segundo explicou o seu presidente, Pablo Escudeiro, xa contan co visto e prace inicial das dúas primeiras comunidades, «que nos mostraron a súa vontade para levalo adiante», puntualizou. «Hoxe acudiremos tamén ao Concello de Meis para presentar alí o anteproxecto e estes días falaremos coa comunidade de montes de San Xoán».
A intención da sociedade promotora é realizar un aluguer a longo prazo dos terreos cunha duración mínima de 25 anos.
O espazo elixido está a uns tres quilómetros de distancia do campo de golf (no punto quilométrico 2.00 da estrada de Armenteira) e o proxecto, deseñado polo enxeñeiro industrial Fernando García-Pintos, inclúe dous circuítos. O primeiro sería asfaltado, de 10 metros de ancho e 2.503 metros de lonxitude, cunha superficie de plataforma duns 9.022 metros cadrados, dotado con franxas de grava nas zonas de curvas para escape e freada. Éste está pensado para coches, motos, quads e para realizar probas de vehículos novos e de elementos de seguridade viaria. Ademais, poderíase utilizar como pista de aeromodelismo.
O segundo circuíto sería tamén asfaltado, de 4 metros de ancho e unha lonxitude de 304 metros e unha superficie de plataforma de 1.227 metros cadrados; e este sería para vehículos tipo kart.
O proxecto inclúe ademais unha chaira de 40 por 40 metros dedicada a un posible heliporto e dotada cunha caseta de telecomunicacións; e sete zonas de bancadas, con aseos en cada unha delas. Complétase cunha caseta de control e seguridade (cunha superficie aproximada de 100 metros cadrados), unha edificación de planta baixa de 960 metros cadrados dividida en 16 boxes; e outra, tamén de planta baixa, dedicada a almacenaxe e reparación de karts para o seu posterior aluguer.
O anteproxecto prevé dúas chairas para aparcadoiro de vehículos, de 3.200 e 8.300 metros cadrados de superficie, e unha área no interior dos circuítos para aparcadoiro dos camións ou vehículos que transporten aos equipos. O acceso a esta zona interior faríase por medio dun paso inferior.