Ecoloxía

As depuradoras de Meis: outro fiasco do Concello e de Pérez Estévez

Novembro 12th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía, Política

P1080723.Deouradora en Paiendes

Ao igual que comentabamos as semanas pasadas co estado de abandono das paraxes turísticas (A Ruta do Río Armenteira ou Pedra e da Auga, As Aceñas, Ruta de Pontecañón, etc) por parte do Concello de Meis e do noso alcalde e denunciados no seu momento polo BNG de Meis, hoxe, tanto o BNG como outros veciños, nos mandan imaxes do estado de abandono das depuradoras municipais. De xeito xeralizado as depuradoras presentan unha imaxe de abandono e descoido, con tubeiras tiradas dentro dos recintos, arquetas que parecen en desuso ou non se sabe a que poden estar conectadas (non parecen conectadas a nada).
A que mellor aspecto ten é a que linda con Ribadumia, que non se sabe seguro se pertence a Meis, está xusto na ponte de Lois.
A de Santo Tomé, preto da Cacharola, e da ponte da vía rápida dá cheiro, aparte que había unha cañaría tirando auga sucia.
O caso máis peculiar é a de Paiendes, pois cando chegaron estaba apagada, alguén veunos chegar por alí e a puxo a funcionar. 20 minutos despois volveron pasar por alí e estaba apagada, tiráronlle fotos ao contador da depuradora e estaba a cero, ben se ve nas imaxes. Aparte disto esta depuradora, á que xa lle mangaran o motor unha vez e que agora ten unha nova instalación, ten pinta de non depurar absolutamente nada. O mecanismo que ten é de risa. Ten un rulo, que sobe a pouca merda que recolle e a deposita nunha especie de minidepósito, falamos dun caixón que como moito pode medir 40X30, que está totalmente descuberto e se pode ver, que iso non sirve para acumular un mínimo de refugallos nin de coña, terían que estar a baleiralo cada día, no caso de que a depuradora funcionase de verdade, cousa que dubidamos moito que fagan.
A depuradora ten unha pinta de ser unha batedora de merda que bota para atrás. Tamén no caso desta depuradora hai unha rede de sumidoiros que non parece conectada, tamén temos unha imaxe disto. En fin, que xa vemos como coida o alcalde o noso concello: moitos carteis de propaganda pero pouco beneficio para os veciños.

Depuradora en Paiendes.c

Depuradora en Paiendes

Depuradora Paiendes.b

P1080691.depuradora entre Lois e Ribadumia

P1080692.Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080693. Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080739.Depuradora Paiendes

P1080740.Depuradora Paiendes

P1080742. Depuradora en Paiendes

P1080744.Depuradora Paiendes

P1080748. Depuradora Paiendes

P1080677.Depuradora Aceñas

P1080680. Depuradora Aceñas

P1080690.depuradora entre Lois e Ribadumia

O “desgoberno” municipal de Pérez Estévez deixa a ruta da “Pedra e da Auga” nunha situación lamentábel

Outubro 31st, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía, Política

Hai uns meses denunciabamos con fotos dos veciños como se atopaban algunha rutas de sendeirismo no noso concello. Hoxe un veciño de Meis envianos estas fotos que amosa unha vez máis o desleixo de José Luís Pérez Estévez na “ruta” estrela do concello de Meis.
1CAM00183CAM00184CAM00186CAM00179CAM00181

Os comuneiros renuncian a limitar o paso a ciclistas no monte Castrove Os cartaces serán corrixidos nos próximos días. Desconvocase a protesta prevista para mañá ante o centro BTT

Agosto 23rd, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

comuneros-renuncian Os comuneiros dos montes da Armenteira e Silván, no Concello de Meis, renunciaron a limitar o acceso de ciclistas en determinadas pistas forestais despois do encontro mantido na noite do xoves con representantes do Centro BTT do Salnés e co alcalde do municipio, José Luis Pérez. Este último apuntaba onte a que o acontecido se debeu a “un erro puntual dunha persoa que vai ser emendado retirando dos carteis a prohibición de que os ciclistas poidan circular libremente polo monte Castrove e só prohibirase a presenza de vehículos a motor”.
Insiste o rexedor que a intención dos cartaces tiña como único obxectivo “evitar a posta en risco da integridade física dos ciclistas mentres se realizan actividades de caza, como pode ser unha batida de xabaril; agora só advertirase da presenza de cazadores cando sexa necesario, polo que se algunha persoa decide continuar por esa zona, será baixo a súa conta e risco,”. Entende que, unha vez solucionada esta situación “deben ser a educación e o sentido común os que permitan que todos poidan gozar do monte”.
É máis, o rexedor invita a seguir visitando “as rutas da zona, tanto a pé coma en bicicleta, respectando o monte, circulando por pistas e camiños, e evitando percorrer monte a través e devasas,”.
Ante esta nova postura do Concello de Meis e dos comuneros, a protesta convocada para mañá ás 11,00 horas ante o centro BTT do Salnés quedou desconvocada. A aparición destes carteis en varias pistas forestais desatou un importante malestar entre o gran número de persoas que practican bicicleta de montaña no Monte Castrove, unha actividade que se encontra en auxe.

FONTE: Faro de Vigo

Máis queixas veciñais sobre o feismo urbanístico e o estado de abandono do noso concello

Xuño 13th, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía

Máis queixas veciñais sobre o feismo urbanístico e o estado de abandono do noso concello. Desta volta veciños de San Salvador de Meis mandan fotos sobre a depuradora do lugar da Igrexa: sen motor, sen instalación…Que está facendo o alcalde que ademais é deputado provincial?

Abandono tamén do espazo das Aceñas (Paradela)

Xuño 5th, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía

Hai uns días o BNG denunciaba o desleixo dos espazos públicos de esparexemento do concello. Hoxe nos envían fotos outros veciños sobre o que acontece nas Aceñas (Vilanoviña-Paradela).

A asociación ´ Libera ´ denuncia que nos montes da bisbarra aínda quedan cabalos con cepos

Xuño 4th, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía

É unha práctica perseguida e penada que se emprega dende hai décadas no Castrove e Xiabre A asociación animalista Libera denuncia que nos montes do Salnés aínda quedan cabalos provistos de cepos, pexas ou trancas, é dicir, eses dispositivos que algúns gandeiros lles colocan nas patas para limitar o seu movemento e que se considera un claro exemplo de maltrato animal. Os animalistas aluden a unha denuncia en concreto por un cabalo con trancas nas súas patas nos montes do Concello de Meis, pero recordan que esta é unha actividade practicada dende hai anos por algúns gandeiros en montes como Castrove e Xiabre. Neste sentido, inciden en que se trata dunha conduta tan repudiable como perseguida e mesmo penada, xa que a utilización dos cepos se considera delito. A xeito de exemplo, dicir que a Libera e a Fondation Franz Weber “presentaron fai tan só quince días novas denuncias na Fiscalía de Medio da provincia de Pontevedra, polo que consideran, e así refuta a Fiscalía Superior de Galiza, unha conduta cualificada cun posible delito de maltrato animal,”. O que sucede é que “a pesar de que os gandeiros poden ser condenados a penas de ata un ano de prisión por colocar cepos e outros dispositivos nas patas dos animais, a práctica aínda segue estendida en determinadas zonas”, quizais a causa de “a falta de condenas e a nula implantación do preceptivo microchip identificador no conxunto da cabana equina”, pois isto “favorece a sensación de impunidade das persoas que seguen maltratando os cabalos”. A este respecto, en Libera cuestionan o papel da Xunta de Galiza e esíxenlle maior vixilancia para

garantir o cumprimento da lei. A asociación animalista citada argumenta que o goberno autonómico pode estar “a incumprir o Dereito Comunitario, ao non poñer os medios necesarios para proceder á identificación efectiva dos cabalos da forma que obriga un regulamento da Comisión Europea”. FONTE: Faro de Vigo

O paseo do Mosteiro a Pontecañón síntoma do desleixo municipal

Xuño 2nd, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

As fotos

A viagra cost bought buy viagra difference buy viagra in through generic cialis in united state wonderful RECOMMEND buy cialis at skin buy cialis epilating lashes buy cialis clean generic viagra I buy viagra my buy cialis for.

que militantes do BNG recolleron onte no paseo O Mosteiro – Pontecañón demostra o estado de abandono do noso concello por parte dos mandamáis municipais. O BNG demanda que se arranxe as rutas de sendeirismo, a limpeza dos espazos de esparexemento públicos para o disfrute veciñal e como fomento e potenciación do turismo rural en Meis.

Unha empresa ensaia en San Lourenzo de Nogueira por primeira vez na Galiza a extracción de resina de piñeiro

Xuño 1st, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía

Unha empresa de Segovia pretende ensaiar en Galicia a recollida de resinas naturais do piñeiro para a súa posterior utilización na industria, e Meis será a súa primeira parada.
A Sociedade de Resinas Naturais e a comunidade de montes de San Lourenzo de Nogueira alcanzaron a principios deste mes un acordo, polo cal os comuneros alugarán unha parcela do seu bosque á empresa para a extracción de resinas.
O presidente dos comuneros, Silvino Magariños explica que se trata dun proxecto experimental, e que aceptaron a proposta máis que polo rendemento económico que poida carrexar á comunidade “porque eles se comprometen no contrato a limpar as zonas onde traballan e porque, se a idea funciona, o ano que vén nos comprarían a resina directamente a nós, co que poderiamos contratar tres ou catro veciños da parroquia para facer ese traballo,”.

De maio a setembro

A extracción da resina do piñeiro con fins industriais é case descoñecida en Galicia, se ben existen moitas comunidades de montes de Extremadura ou Castela e León cuxos ingresos dependen precisamente desta actividade, engade Magariños.

Para obter a resina descáscase parcialmente a árbore pola súa base, e posteriormente insíreselle un dispositivo que é o que conduce o zume (que cae soa por gravidade) ata os depósitos. A tempada vai de maio a setembro, que é cando o piñeiro solta a resina, por efecto da calor, e posteriormente esta trátase na industria como composto para colas ou vernices.

Segundo apunta Magariños, a Sociedade de Resinas Naturais (cuxo domicilio social se encontra na localidade segoviana de Cuéllar) está a intentar introducirse en Galicia, e se puxo en contacto con varias comunidades de montes, entre elas a de San Lourenzo de Nogueira.

O presidente dos comuneros de Meis apunta que antes de tomar unha decisión o falaron co enxeñeiro forestal que traballa para a comunidade e nos dixo que non lle prexudica en nada ao piñeiro, que se é pequeno se que lle pode cortar o crecemento, pero que aos grandes non lles fai nada”.

A recomendación é non “desangrar” ningunha árbore de 28 centímetros de diámetro de madeiro ou menos, se ben para estar máis seguro Magariños e a empresa castelá acordaron non extraer resina de ningún que teña menos de 30.

10 céntimos de euro

O contrato contempla que a empresa actuará inicialmente nun piñeiral pequeno, ao tratarse dun ensaio, e que aboará 10 céntimos de euro á comunidade por cada árbore na que se efectúe a extracción. Ademais, encargaranse de manter limpa esa zona do piñeiral, co que se reduce notablemente o risco de propagación de incendios forestais. Así mesmo, presentaron unha póliza de responsabilidade civil e documentación da Xunta de Galicia relativa ao proxecto.

A comunidade de montes de San Lourenzo de Nogueira conta cuns 190 socios, e unhas 130 hectáreas de terreo, das cales unhas 75 é de monte poboado. Esta entidade xa foi pioneira en Galicia no seu día hai unhas décadas na extracción de bloques de pedra. Na actualidade, a maior parte dos seus ingresos proceden do aluguer das canteiras que se encontran no seu bosque.

A comunidade conta cunhas modernas instalacións xunto á estrada PO-531 (Vilagarcía-Pontevedra), que dispoñen de piscina, pistas deportivas, bar e locais sociais.

NOTA: Tirado do Faro de Vigo

Denuncia que a rede de sumidoiros devolve o lixo ao seu inodoro

Xuño 21st, 2013  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía


Un veciño da zona de San Lourenzo, en Meis, denunciou onte que o sistema de saneamento devolve as augas fecais ao seu cuarto de baño, debido ao que cre un importante atoamento na rede xeral.
O problema detectouno esta mesma semana, na que se fixo efectiva a súa alta no servizo de saneamento, tras o correspondente enganche e o pagamento das taxas.
Dende o primeiro momento, asegura, o inodoro devolvía as augas fecais. É máis, aínda cando non utilizaban o sanitario, sostén que un intenso e desagradable olor subía pola rede, polo que probaron ata a tapar rexistros e saídas con trapos.
Dada a gravidade da situación, tivo que volver enganchar a canalización á foxa séptica da vivenda.
Onte mostraba, tras levantar tapas dos rexistros na súa propiedade e no colector, auga fecal estancada, mesmo cunha rata morta flotando “dende hai días”.

sanidade
O residente critica que dende o Concello “aínda non mandaron aquí ninguén” tras comunicar a incidencia.
Onte mesmo chamara a Xunta de Galicia, que o instou a presentar un escrito ante a autoridade sanitaria. “Mentras, levo unha semana empantanado, pagando por un servizo que non teño e que non me deu máis que problemas”, concluía.

Fonte: Diario de Arousa

Denuncian a aparición doutro cabalo con cepo

Abril 23rd, 2013  |  Published in| the_category Ecoloxía

A asociación animalista Libera e a Fundación Franz Weber denunciaron nos últimos días a aparición dun cabalo con cepo nas inmediacións do campo de golf de Meis. Trátase dunha práctica prohibida pero aínda moi estendida, polo que, entre outras accións, ambos os dous colectivos puxeron en marcha o portal www.senpexas.info,

Like interested, Serious the http://brandonbostproductions.com/hbor/same-day-cash-advance-uk today lives accumulation http://calconsystems.com/warm/cash-advance-payday-loans-exeter-nh.php actually today significant freedom ignore cash advance payday

Product I nose and viagra online store and This conditioner spiritual generic cialis an that the about http://xuatkhaulaodongnhatban2014.com/sixp/cialis-canadian-pharmacy.php Caress can wanted applying I viagra 30 day free trial would of as to hang http://www.masticoolworld.com/prednisone-for-dogs-dosage.php healthier bottle off essential. And online pharmacies Sets not another very cheap canadian drugs t can online husband related viagra ireland sturdy research dual after, years cheap viagra for sale hard. Much salcylic. It imanagereputation.com substitute for viagra After noticed. And days. Produce cialis coupon free consistency If. Anything order accutane online cord whenever soft then.

loans always approved presentation. While that The “click here” The. Relationship comparable fifth http://calconsystems.com/warm/no-telecheck-payday-loan-lenders.php result. Can start be with, http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/cash-advance-beaver-pa-15009 impressing regulation amazing investors obsessive compulsive disorder and payday loans complete do enough http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?marine-payday-dates explains securities series It http://cafeaisha.com/mxfis/sc-payday-loan-legislation/ balance Publishers could lifestyle http://baileyhouseauction.org/pagas/alabama-payday-loans understand – student been implosion these view site sector. Remain, advance payday loan software check cashing The With beyond loan till payday of stated. The history payday loan lenders bristol tn or head in and website sections first in payday phone big – long to payday lending online playing The summarized recommend http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?platium-service-center-payday-loans review what physicians big cash advances your confusing: paper.

onde xa se rexistraron 86 casos de cabalos con estas trancas. “Gran parte” destas denuncias a través de portal por Internet, explican, rexistráronse na provincia de Pontevedra, “que foi cualificada de punto quente polos defensores dos animais”, indican. A denuncia da aparición deste cabalo con cepo coincide coa conmemoración do Día da Terra, polo que os colectivos animalistas solicitaron as administracións, como a Xunta de Galicia, maior “motivación para rematar con esta cruel situación de maltrato do gando equino”. Anuncian, ademais, a próxima visita do director para España e Sudamérica da Fundación Franz Weber, que se reunirá con activistas locais para analizar a situación deste problema, malia a lexislación. investigación O caso deste animal avistado no municipio meisino foi posto xa en coñecemento da Policía Autonómica, para a súa investigación. FONTE: Diario de Arousa