Política

Estrada restaurada asolagada, Deputado provincial incompetente

Novembro 3rd, 2014  |  Published in| the_category Política, Sucesos

IMG-20141103-WA0000

Hoxe as veciñas e veciños de Meis quedamos abraiados co estado da estrada PO-9405 O Mosteiro – Barrantes. Un camiño renovado pola Deputación Provincial nos últimos meses, mais volta a dar os problemas de sempre. Meis conta cun Deputado Provincial, o noso alcalde, mais é outro monicreque máis. Como é posíbel que non resolva un problema histórico na zona polo asolagamento no Mosteiro?

Consulta o proxecto, premendo AQUÍ

As desaparicións misteriosas dos valados publicitarios da Deputación de Pontevedra

Outubro 31st, 2014  |  Published in| the_category Política, Sucesos

IMG-20141031-WA0018IMG-20141031-WA0019IMG-20141031-WA0020 (1) Hoxe despareceron misteriosamente os valados publicitarios da Deputación de

Pontevedra espallados pola xeografía do concello de Meis. Nas últimas semanas apareceron pintadas sobre os taboeiros denunciando os últimos acontecementos de corrupción aos que nos ten sometidos o Partido Popular. A reacción desde o Concello e desde a Deputación foi rápida e axil, a diferencia de como resolven os problemas veciñais. Hai algúns días o blog “A ti meu Cambados” denunciaba cun artigo, no que na súa opinión era “Unha pintada de moi mal gusto”: meis 1 Esta semana as pintadas foron “PP=CORRUPTOS” nos mesmos valados nos que as institucións gobernadas polo PP borraron as pintadas anteriores. Para evitar de novo o escarnio, decidiron retiralos.

O “desgoberno” municipal de Pérez Estévez deixa a ruta da “Pedra e da Auga” nunha situación lamentábel

Outubro 31st, 2014  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía, Política

Hai uns meses denunciabamos con fotos dos veciños como se atopaban algunha rutas de sendeirismo no noso concello. Hoxe un veciño de Meis envianos estas fotos que amosa unha vez máis o desleixo de José Luís Pérez Estévez na “ruta” estrela do concello de Meis.
1CAM00183CAM00184CAM00186CAM00179CAM00181

O BNG de Meis critica ao Alcalde por malgastar os cartos públicos

Outubro 28th, 2014  |  Published in| the_category Política

2011.02.07-FOTO-Meis-reducida-300x291

A voceira do BNG, Pilar Xiráldez solicita que os cartos destinados á reparación da capela de Vilar sexan destinados aos servizos sociais do concello.

O BNG de Meis denuncia que nun momento como o actual, de profunda crise económica, onde a xente o está a pasar realmente mal, e onde incluso algúns dos veciños e veciñas teñen dificultades para poder comer ou pagar as facturas, tanto o concello de Meis como a Deputación de Pontevedra prefiren gastar os cartos de tod@s en arranxar propiedades da Igrexa.
Neste caso falamos da capela de Vilar, na Armenteira, que sendo unha propiedade privada da Igrexa, ímola arranxar con diñeiro público. Para o BNG ese diñeiro debería ser empregado nos servizos sociais de Meis, que levan sufrindo constantes recortes e eliminación de programas que hoxe consideramos fundamentais para axudar aos veciños e veciñas. Cos máis de 50.000 euros que se van destinar á reparación desta capela non se terían que eliminar os programas de emerxencia social, do que o alcalde xa recortou máis do 50% do orzamento, ou se podería eliminar o copagamento do Servizo de Axuda do Fogar do que moitos veciños e veciñas tiveron que darse de baixa ao non poder pagalo.
Desde o BNG consideramos que a Igrexa, como entidade privada que é, ten cartos de sobra para arranxar os danos das súas propiedades, xa que ademais apenas paga impostos, ten exencións fiscais das que as persoas normais non poden gozar, dispón de subvencións outorgadas polo Goberno español, etc. Consideramos que é unha burla aos máis necesitados, por parte do Partido Popular, malgastar o diñeiro público deste xeito, sobre todo nun momento como o actual, onde o máis importante deberían ser as persoas.

CONSULTA POPULAR. CONECTANDO COA SOCIEDADE

Outubro 6th, 2014  |  Published in| the_category Política

Asemblea Aberta 1

Gostaríanos escoitar a vosa opinión sobre temas relacionados co noso concello, deixade aquí as vosas ideas, opinións, críticas…

Mentres que o PP recorta en gastos sociais gastan en Meis 221.000 € en asfaltar camiños de terra

Agosto 31st, 2014  |  Published in| the_category Política

meis-recibe Meis recibe 221.000 euros para pavimentar nove pistas de Paradela e A Armenteira
O paquete de obras, financiadas pola Deputación, inclúe asfaltados en camiños que agora están con terra

O Concello de Meis dispoñerá dunha subvención de 221.571 euros para a mellora de varias pistas municipais nas parroquias de Paradela e A Armenteira. A xunta de goberno da Deputación aprobou a concesión desta axuda no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais. As obras afectan a un total de nove viais que na actualidade presentan serios danos na súa capa de rodadura, polo que se procederá á renovación do pavimento.
Concretamente, actuarase nas pistas de acceso a Lantañón, Fondouxo, Mouxán e Quintáns, e nos viais de Muíño de Arriba a Outeiro, de Muíño de Arriba a ponte Nova, e Das portelas a Pompeán, todas elas na parroquia de Paradela. No caso das pistas da Armenteira, actuarase nas de Cabeza de Boi e Fofán.
O órgano que preside Rafael Louzán explica que en todos os casos se realizarán traballos de limpeza e rozado das cunetas, para proceder posteriormente á dotación dunha nova capa de pavimento con aglomerado en quente.
A maiores, nos camiños que actualmente están sen asfaltar, se acondicionará o terreo, se dotará de varias capas de zahorra artificial e se procederá finalmente ao pavimentado, tamén con aglomerado en quente. Con estas obras preténdese mellorar a calidade de vida nas zonas rurais.

FONTE: Faro de Vigo

O BNG insta Educación a anular o contrato de FP asinado coa empresa que explota as Pousadas, entre a que se atopa a da Armenteira

Agosto 2nd, 2014  |  Published in| the_category Economía, Política

Pousadas 1

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Montserrat Prado Cores presentou unha proposición non de lei co fin de instar á Consellaría de Educación a que anule o convenio asinado coa Deputación de Pontevedra e a empresa Arlea Hotels SL, que explota as catro Pousadas construídas con diñeiro público na bisbarra do Salnés, para a implantación de tres proxectos de formación profesional dual, “xa que supón unha competencia desleal para o sector hoteleiro e porque e o sistema público de educación hai posibilidades de impartir estas ensinanzas”.
Prado Corres, acompañada polo secretario comarcal do BNG, Xoán Xosé Castaño, Xoán Xosé Bouzas Aboi, e os concelleiros nacionalistas Anxo Vilas e Pilar Xiráldez, denunciou onte que “é totalmente inexplicábel que o PP, dende a Deputación de Pontevedra, procesa a realizar infraestruturas hoteleiras nunha bisbarra como a do Salnés cunha alta oferta hostaleira, o que supón unha competencia desleal e atenta contra un sector tan importante na economía da bisbarra. Pero aínda peor é que se proceda á entrega, chave en man, de infraestruturas construídas e equipadas con fondos públicos a unha empresa privada, cuxo propietario é amigo de altos cargos do PP”.
Para os políticos nacionalistas do Salnés “o modelo de FP dual é altamente cuestionábel ao tratarse dunha aposta pola privatización da formación profesional. Estamos ante un modelo no que, ao igual que no caso que nos ocupa, son os grandes grupos económicos os que condicionan os criterios e contidos porque, parece evidente que non son as pequenas e medianas empresas do sector hostaleiro do Salnés nin as institucións públicas correspondentes as que definen a oferta”.
pousada-armenteira-0 Os representantes do BNG na bisbarra expoñen que este novo modelo formativo ten un dobre efecto negativo, xa que provoca a destrución de emprego, ao ser substituídos os traballadores por man de obra barata baixo un titor nomeado pola empresa ao que non se lle pide ningunha formación académica e que non ten ningún vínculo contractual con ningunha administración educativa. Por outra parte, segundo sinalan, este convenio provoca a destrución de emprego nos centros educativos públicos ao efectuarse unha parte moi importante dá formación na empresa en cuestión.
Ademais, o convenio indica que a empresa Arlea Hotels, do grupo Hotusa, propiedade de Amancio López Seijas, pode repartir aos alumnos non só nas 4 Pousadas da bisbarra senón polo resto dous hoteis do grupo.
Os ciclos a impartir son de técnico superior en dirección de cociña, técnico superior en dirección de restauración e técnico superior en xestión de aloxamentos turísticos. Cada curso contará con 15 alumnos que non terán vinculación contractual coa empresa, e que percibirán unha achega económica pola súa actividade. Os ciclos teñen unha duración de dous anos.
Monsterrat Prado tamén formulou preguntas non Parlamento de Galiza para que sexan contestadas polo goberno da Xunta en comisión parlamentaria. Quere saber se ou Goberno galego considera que ou futuro laboral dos mozos desta comunidade pasa pola explotación e a precarización que supoñen os convenios como o subscrito pola Consellaría coa Deputación e a empresa que explota as Pousadas, baixo ou subterfuxio de FP dual.
Tamén quere saber se a Xunta avaliou as consecuencias do convenio tanto para os docentes que poderían impartir esta formación coma para a calidade educativa dos alumnos, e se entende que os recursos públicos e a formación educativa dos mozos galegos deben poñerse ao servizo dos intereses e necesidades particulares de empresas privadas.

FONTE: Faro de Vigo e Construcións Abal

O Pleno do 29 de xullo, máis do mesmo. O Goberno Municipal do PP sen iniciativas

Xullo 31st, 2014  |  Published in| the_category Concello, Política

pilaA concelleira do BNG, Pilar Xiráldez, nunha das últimas concentracións en solidaridade co pobo palestino

O pasado martes 29 celebrouse Pleno Ordinario. Unha vez máis confirma o baleiro político ao que nos leva o Partido Popular de Meis. Na orde do día había 9 puntos:
– Toma de posesión do novo do PSOE.
– Aprobación da conta xeral do orzamento do 2013. O PP votou a favor mais o BNG e o PSOE abstivéronse.
– Proposta sobre festas locais. Cambiouse San Bieito polo mércores de Cinza porque cae en sábado. Votouse por unanimidade.
E xa está, o resto dos puntos era dar conta de informes de tesoureria, intervención, seguemento do plan de axuste, etc.

O Bloque Nacionalista Galego presentara dúas mocións polo rexistro, mais como ven sendo habitual desde hai anos o PP despreza todo o que veña e non as fai constar na orde do día. É unha das moitas anomalías democráticas que sofremos os veciños e as veciñas de de Meis.
As inundacións no lugar do Porrelo pouco importa aos populares.

O PSOE presentou por urxencia unha para evitar a desaparición do Partido Xudicial de Cambados.A proposta contou co voto favorábel de todos os concelleiros de Meis.

O PP presentou unha por urxencia, á da reforma da lei electoral. Aquí o BNG tivo un debate co señor alcalde bastante grande. A Concelleira do Bloque, Pilar Xiráldez, argumentou que:
-Hai eivas mais importante (participacion da cidadanía, referendos, orzamentos participativos, transparencia na xestión, etc).
– O que está no fondo é obstaculizar a pluralidade política e favorecer que unha parte minoritaria poida gobernar ao seu antollo…
– A maior concentración de poder e menos mecanismos de control e participación de todas as forzas políticas na xestión municipal incrementa as decisións arbitrarias, fraudulentas e corruptas.

A falla de argumentación do Alcalde de Meis, fixo unha vez máis que se saise polos outeiros de Cuspedriños, que se Quintana e o bipartito. Outra vez José Luís Pérez Estévez co se disco raiado.

No tema de Rogos e preguntas, o BNG levou as seguintes,

1. Os colectores do lixo do colexio. O alcalde dixo que non tiña constancia, que xa pasara en outros sitios e que avisaran polas casas de arredor. Houbo un pequeno debate sobre se era eficiente as campañas ou se había que poñer sancións. O BNG solicitou que lle deran un aviso ás casas de por alí.

2. Subvención da Deputación para a Casa de Escudeiro.
– Están xa adxudicadas as obras?. O alcalde contestou que “Non“.
– Cando empezarán as obras? “Non sabe“.
– Van poder todas as asociacións do Concello facer uso do local? Resposta: ben non sei se poderán, faremos o que se poida porque o sitio non é para moita xente porque ten o teito de madeira….(mais ou menos)
– Segue previsto ubicar a oficina de turismo? Non se sabe, estase pensando fárase o que poidan.

3. Polígono Meis- Barro.
– Cantas empresas hai en Meis ou que previsións hai?
Hai negociacións con dúas ou tres, pero non hai compromiso de poñer cartos polo que mentres non haxa compromiso de poñer cartos …
– Que empresas son? Nesta a verdade que dixo o nome dunha empresa e outra que era a de biomasa pero como non tiña axudas que non sabía.

4. Situación lamentábel da rúa de detras do super.
O BNG pideu o arranxo inmediato. Non houbo resposta, o alcalde dixo que si coa cabeza.

5. O BNG preguntou por unha compra de terreos en Monte de Casa por valor de 30.0000 euros que viña nun decreto.
Polo visto é para mellorar a seguridade vial. O alcalde dixo que nun fúturo estaba previsto cambiar a pista e ampliar o campo da festa.

6. En canto á selección dos traballadores do concello. Preguntei primeiro se estaban publicadas as bases e os criterios de selección. Saliu a secretaria dicindo que non era necesario publicalas que os mandaba o INEM de Cambados. Enton Pilar Xiráldez preguntou como era? se eles mandaban a oferta e o INEM mandaba persoas que estiveran apuntadas. O alcalde repostou que si, primeiro mandanlle unha carta do INEM. O BNG lembrou que o INEM mandaría varias e había que seleccionar e a secretaria non lle quedou mais remedio que dicir que si que iso o facia o concello.
Enton o Bloque pregunta quen selecciona e o alcalde contesta que traballadores do concello que non pode estar ningún politico.
Pero enton se hai selecion ten que haber unhas bases. SI pero non fai falta publicalas, pero a concelleira nacionalista pregunta onde están?
O alcalde responde que están a disposición dos interesados que poden vir a preguntar e que poden estar nalgún expediente.

A todo isto o Alcalde dixo que con estas cousas a xente protestaba sen saber e que escribía anónimos. Pilar Xiráldez contestoulle que para evitar estas cousas o mellor era publicar as bases e a oferta aínda que non fora obrigatorio.

A Deputación e Medio asinan o convenio que permite levantar unha rotonda na Goulla

Xuño 18th, 2014  |  Published in| the_category Política

O cruzamento da PO-531 na Goulla (Meis) coa EP-9508 cara a Lois (Ribadumia) terá unha rotonda para mellorar as condicións de seguridade vial. O proxecto viu onte a luz verde definitiva coa firma dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas, titulares, das estradas.
A rúbrica protagonizárona Rafael Louzán e Agustín Hernández, responsables de ambos os dous departamentos, que reparte as funcións para sacar adiante os traballos.
A Xunta será a encargada de elaborar o proxecto, poñer a disposición os terreos e asumir a infraestrutura unha vez lista. A Deputación licitará os traballos, executará e dirixirá a obra e financiará os 140.130 euros nos que foi presupostada a actuación.

punto negro
A intersección en cuestión é considerada un punto negro, ao rexistrar varios accidentes, nun tramo en curva con pouca visibilidade, regulada actualmente con carrís centrais de espera.
A estrada xeral Vilagarcía-Pontevedra ten unha intensidade media de 19.942 vehículos diarios, máis que moitas autovías e autoestradas en España, segundo os datos feitos públicos onte. Ademais, o 9% dos automóbiles son tráfico pesado.
Pola súa banda, o vial secundario cara a Lois conta cunha intensidade media diaria de 4.143 vehículos, correspondendo o 7,5% ao tráfico pesado.

FONTE: Diario de Arousa

O BNG pide solucións aos asolagamentos en Rial (San Lourenzo de Nogueira)

Xuño 16th, 2014  |  Published in| the_category Política

INUNDACIÓNS EN MEIS

Desde o BNG de Meis queremos denunciar os problemas de inundacións causadas polo río San Lourenzo que están sufrindo algúns veciños cando se producen choivas no noso concello. Desde que se fixo a obra do nó de Curro xa se veñen producindo constantes queixas dos veciños, e moitos seguen sen ver solucionados os seus problemas pola desidia do concello. Concretamente, na zona de Rial, o río recolle as augas que baixan doutros regatos máis da zona de Ai, e a canalización que fixo na estrada do Mosteiro e insuficiente e prodúcense desbordamentos de auga, inundando fincas e garaxes, o que está causando perdas económicas e multitude de danos nas propiedades privadas dos veciños. Algúns destes veciños levan anos solicitando ao concello que arranxe este problema sen obter máis que as promesas do alcalde que nunca se cumpren.

Como sempre, o Partido Popular de Meis mostra o seu desprezo polos vecinos do noso concello en vez de facer as obras que arranxarían dunha vez por todas este problema.

LIGAZÓNS: La Voz de Galicia, Faro de Vigo