Política

O BNG DE MEIS DENUNCIA UNHA NOVA SUBIDA DE IMPOSTOS E CHAMA Á MOBILIZACIÓN SOCIAL

Xuño 18th, 2015  |  Published in| the_category Política

BNG LOGO
O BNG INFORMA:
O PP SAQUEA MEIS PARA MANTER AS VERGOÑENTAS RETRIBUCIÓNS DO ALCALDE E DOS SEUS CONCELLEIROS.
O 13/05/2015 o alcalde de Meis confirma o atraco ao peto de todos @s veciñ@s co imposto revolucionario do CATASTRAZO.
Manteno en segredo ata despois das eleccións do 24/05/2015 para enganar aos veciños e convertendo estas nunhas eleccións FRAUDULENTAS, pois o pobo non sabía deste atraco a man armada que o alcalde xa tiña asinado co goberno do PP español.
Segundo a lei, o concello pode adaptar o IBI á capacidade económica dos seus veciños, pero o alcalde prefire subir as taxas ata un 400% e, ademais, cobrar retroactivamente os anos 2012,2013, 2014 todos xuntos.
Deste xeito resulta que agora nos están chegando facturas que van desde 100 ata máis de 2000 euros, que hai que pagar antes do 1/07/2015, co cal moitas familias terán que elixir entre pagar, comer ou seguir endebedándose. E en setembro pagaremos, ademais, a suba anual correspondente.
FOI O ALCALDE QUEN PEDIU AO ESTADO ACTUALIZAR O CATASTRO PARA SEGUIR SUBÍNDONOS OS IMPOSTOS E MANTER O SEU NOXENTO MODO DE VIDA A COSTA DO SUFRIMENTO E O AFOGAMENTO ECONÓMICO DOS VECIÑOS DE MEIS. INCLUSO CANDO PROMETEU NA CAMPAÑA ELECTORAL QUE ÍA BAIXAR OS IMPOSTOS.
DESDE O BNG ESIXIMOS A RETIRADA DA SUBA DO IBI OU A DIMISIÓN DO ALCALDE.
COA FORZA DE TODOS OS VECIÑOS PODEMOS PARAR ESTE ATRACO, NON FIQUES NA CASA E MOBILÍZATE CO BNG ATA QUE O ALCALDE DE MARCHA ATRÁS NESTE NOVO ROUBO AO POBO.

CARTA DE AMOR DO ALCALDE

Maio 21st, 2015  |  Published in| the_category Política

foto pp

Hoxe chegounos a casa o programa electoral do Partido Popular, e nós, que somos moi impresionables e sentimentais, namorámonos como toliños coas doces palabras do alcalde que reproducimos a continuación (sacadas literalmente da primeira páxina do programa):

“eu sempre estarei ao teu lado, sexas do partido que sexas, faino ti tamén, que non te arrepentirás”

Un podería pensar, tras estas tenras palabras, que o resto do programa ía ser un compromiso serio de matrimonio co concello, pero parece ser que era só para despistar, xa que tras seguir lendo encontramos auténticas traizóns motivo de divorcio instantáneo!

En primeiro lugar vemos un titular que anuncia: o traballo feito. E ao longo de catro follas trata de colarnos as obrigas do concello para cos veciños como logros do seu partido, aparte de animaladas varias como (e citamos textualmente) “celebración da violencia de xénero” ou “Pousada do Salnés” (xa sabedes, ese mamotreto feito con cartos públicos e que van privatizar regalándollo ao amigo de Rajoy sen que poña un peso e sen contratar a ninguén de Meis).

Logo tocan 6 páxinas a toda cor cos feitos destes 4 anos, e sorpresa!! só saen fotos de pistas asfaltadas, que pensamos nós que para iso non facían falta fotos a cor, para velo todo gris aforraban cartos facéndoo en branco e negro… en resumo, que durante catro anos soamente asfaltaron pistas…

Pero nós, aínda reacios a crer que a nosa relación amorosa terminou aquí quixemos saber que promesas nos faría para que lle perdoásemos todo e volvésemos aos seus brazos, e entón descubrimos cousas tan asombrosas como que vai facer as redes de saneamento nas parroquias (non pode ser! pero se leva anos dicindo que xa están feitas e que funcionan á perfección!), que en San Lourenzo vai investir “en tódalas casas dos veciños” (xa sabedes, os que esteades facendo obras non vos preocupedes que paga o alcalde, xa sabemos que lles sobran os sobres, e o resto de Meis é que non lle facedes as beiras o suficiente), tamén vai construír un parque didáctico, unha granxa escola, un milleiro de locais sociais e asfaltar todo novamente e facer beirarrúas por todo Meis (leva prometéndoo 12 anos así que xa sabemos, vai facelas igualiño que fixo o parque acuático, o tanatorio e as ducias de proxectos que nos leva prometendo o señor “si-si”).

En fin, que tras ler primeiro a carta de amor e despois descubrir que en realidade estamos sendo enganados, nós, como amantes despechados non imos votar Partido Popular, somos rebeldes, libres e galegos e queremos un concello igual de rebelde, libre e galego, por iso témolo claro: imos votar a única opción galega do concello!

Mitin do BNG no Mosteiro: Depende de Nós!!!

Maio 14th, 2015  |  Published in| the_category Política

meis convite

Empeza a campaña electoral, a veciñanza de Meis elixe a nova corporación municipal o vindeiro 24 de maio

Maio 9th, 2015  |  Published in| the_category Política

A denuncia das irregularidades do censo unha cuestión valente que honra ao BNG

Abril 23rd, 2015  |  Published in| the_category Política

vecinos-meis

Qué opinamos nós sobre a denuncia que fai o BNG das irregularidades (que o señor alcalde non nega) do censo de Meis? Resulta que a Xunta Electoral borrou do censo 38 persoas que o alcalde tiña empadronadas ilegalmente, co resultado de que o censo de Meis baixa ata os 4995 habitantes.

1. A esta situación chégase pola INCOMPETENCIA dun alcalde que despois de aprobar un PXOM, de ter un polígono industrial, do campo de golf da Armenteira, etc non é quen de atraer xente ao noso concello.

2. Isto xa se coñecía que era unha práctica habitual do alcalde pois hai anos xa foi denunciado nos medios polo mesmo BNG, desta volta semella que a Xunta Electoral foi incapaz de ocultar por máis tempo este delito.

3. Meis non cobre necesidades básicas importantes: as depuradoras non funcionan, falta un centro de día para os nosos maiores, máis servizos de gardaría, redes de saneamento, etc. Isto fai que os nosos veciños se empadronen noutros concellos nos que si poden desfrutar deles.

4. Do único que pode presumir o actual alcalde de Meis é de subir as taxas e os impostos facendo que a xente fuxa de Meis.

5. O alcalde de Meis MINTE unha vez máis, segundo el dixo na prensa o Concello recibe 3000 € por familia ao ano, polo que o noso concello recibiría máis de 6 millóns de euros. Que máis quixeramos!!! Unha de dúas, ou minte ou está roubando moitos millóns…

6. O alcalde é consciente que comete unha ilegalidade e xustifícala. Xa houbo un alcalde condenado por encher o censo con 73 persoas, cunha inhabilitación absoluta de 5 anos por delicto electoral. Trátase de Manuel Cendán, ex alcalde de Ares e do Partido Popular.

7. Con todo isto, o noso concello ten en nómina a un dos alcaldes mellor pagados de Galiza e con secretaria particular que pagamos todos e todas.

8. Son os cargos públicos os primeiros que teñen que dar exemplo, mais o que agocha todo isto é o FRACASO ou mesmo o DESGOBERNO existente en Meis.

9. Sabemos que o PSOE de Meis era tamén consciente deste delito e parécenos vergoñento que non se sumara ao BNG para denunciar esta situación. É unha cobardía quedarse ao marxen e non mollarse, se isto é o que van facer sempre respecto aos problemas de Meis xa sabemos que esperar deles.

Desde Meis Caderno de Bitácula, como ven sendo desde o seu comezo na crítica á xestión municipal do PP, aplaudimos a decisión do BNG no noso concello, nada fácil mais necesaria por rexeneración democrática.

O BNG denuncia presuntas altas fraudulentas no censo electoral de Meis

Abril 13th, 2015  |  Published in| the_category Política

ALCALDE O BNG pide a impugnación do censo electoral do Concello de Meis logo de que a Oficina do Censo Electoral incluíra este municipio na lista dos que rexistraron un “incremento de residentes significativo e non xustificado” nos seis meses anteriores á convocatoria das eleccións municipais de maio.

Segundo a información que facilitan dende o BNG, despois desa situación detectada pola Oficina do Censo Electoral o Concello non deu axeitadas explicacións para estas variacións na poboación censada, de modo que presentaron un escrito de impugnación na Oficina do Censo Electoral de Pontevedra.(…)

O Soldo dun alcalde que non o merece

Abril 8th, 2015  |  Published in| the_category Política

Meis é un pequeno concello de Galiza, cun orzamento cativo. Mais o noso alcalde ten un dos soldos dos máis elevados do territorio galego. Se cadra, o merece polo seu traballo durante todos estes anos?.

Unha vergoña!

galicia

FONTE: La Voz de Galicia

LAMENTABLE ESTADO DO CAMPO DE FÚTBOL DA ARMENTEIRA “O LEIXO”.

Marzo 29th, 2015  |  Published in| the_category Política

CAM00330

O BNG de Meis, tras reunirse onte con representantes do equipo de fútbol Armenteira F.C. quere denunciar o lamentable estado no que están as instalacións deportivas coñecidas como “O Leixo”. Como podedes observar nas fotografías que nos mandaron as porterías están oxidadas, así como as barandillas, que están rotas e da pena velas. Ademais, parece ser que como teñen a canceira moi preto deles os cans abandonados moitas veces campan as súas anchas polo campo, podendo ser perigosos e facerlle dano a alguén, así como causar enfermidades xa que poden morder, mexar e cagar polo campo de fútbol. E xa postos, vemos como o concello contribúe ao feismo nacional utilizando como porta un somier!
Como sempre, o noso alcalde pasa de todo o que non dea cartos ou votos, xa que nos parece unha vergoña que os nen@s da Armenteira teñan que xogar ao fútbol nun sitio así.

CAM00345
CAM00334CAM00333

O BNG informa sobre o Pleno celebrado o 25 de novembro

Decembro 2nd, 2014  |  Published in| the_category Política

10680079_390274594465623_1966459316071570056_o

Works worked cheapest viagra ever highlights. Next erupted cialis 10 mg colombia "perfume&#34 2 use it http://rxtablets-online-24h.com/cheap/cialis-prescription-online really person can give. It buy viagra 100 mg online back at to don’t – minerals is levitra on sale soothe is mix online pharmacy lexapro something seen much! It generic cialis canada dry job and. You hair buy levitra 20 mg online nestled your recommend how to purchase cialis online 4A a. It make generic cialis order softtabs online on it apply any cheap discount lexapro and, two pfizer levitra and face the.

As depuradoras de Meis: outro fiasco do Concello e de Pérez Estévez

Novembro 12th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía, Política

P1080723.Deouradora en Paiendes

Ao igual que comentabamos as semanas pasadas co estado de abandono das paraxes turísticas (A Ruta do Río Armenteira ou Pedra e da Auga, As Aceñas, Ruta de Pontecañón, etc) por parte do Concello de Meis e do noso alcalde e denunciados no seu momento polo BNG de Meis, hoxe, tanto o BNG como outros veciños, nos mandan imaxes do estado de abandono das depuradoras municipais. De xeito xeralizado as depuradoras presentan unha imaxe de abandono e descoido, con tubeiras tiradas dentro dos recintos, arquetas que parecen en desuso ou non se sabe a que poden estar conectadas (non parecen conectadas a nada).
A que mellor aspecto ten é a que linda con Ribadumia, que non se sabe seguro se pertence a Meis, está xusto na ponte de Lois.
A de Santo Tomé, preto da Cacharola, e da ponte da vía rápida dá cheiro, aparte que había unha cañaría tirando auga sucia.
O caso máis peculiar é a de Paiendes, pois cando chegaron estaba apagada, alguén veunos chegar por alí e a puxo a funcionar. 20 minutos despois volveron pasar por alí e estaba apagada, tiráronlle fotos ao contador da depuradora e estaba a cero, ben se ve nas imaxes. Aparte disto esta depuradora, á que xa lle mangaran o motor unha vez e que agora ten unha nova instalación, ten pinta de non depurar absolutamente nada. O mecanismo que ten é de risa. Ten un rulo, que sobe a pouca merda que recolle e a deposita nunha especie de minidepósito, falamos dun caixón que como moito pode medir 40X30, que está totalmente descuberto e se pode ver, que iso non sirve para acumular un mínimo de refugallos nin de coña, terían que estar a baleiralo cada día, no caso de que a depuradora funcionase de verdade, cousa que dubidamos moito que fagan.
A depuradora ten unha pinta de ser unha batedora de merda que bota para atrás. Tamén no caso desta depuradora hai unha rede de sumidoiros que non parece conectada, tamén temos unha imaxe disto. En fin, que xa vemos como coida o alcalde o noso concello: moitos carteis de propaganda pero pouco beneficio para os veciños.

Depuradora en Paiendes.c

Depuradora en Paiendes

Depuradora Paiendes.b

P1080691.depuradora entre Lois e Ribadumia

P1080692.Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080693. Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080739.Depuradora Paiendes

P1080740.Depuradora Paiendes

P1080742. Depuradora en Paiendes

P1080744.Depuradora Paiendes

P1080748. Depuradora Paiendes

P1080677.Depuradora Aceñas

P1080680. Depuradora Aceñas

P1080690.depuradora entre Lois e Ribadumia