Plenos

Propostas do BNG en Meis para o próximo pleno

Maio 18th, 2010  |  Published in| the_category Plenos

Polideportivo Municipal do Mosteiro

O vindeiro martes día 25 de maio vaise celebrar un pleno ordinario no Concello de Meis.

O Bloque Nacionalista Galego en Meis temos presentadas varias mocións para o seu debate e votación.

Entre as propostas levadas polos nacionalistas están as problemáticas de distintos viais do termo municipal. Desde o BNG requerimos unha solución ao caos producido na rúa de subida ao Campo da Feira en O Mosteiro, por mor do uso das dúas marxes da rúa para aparcar , esiximos unha sinalización axeitada das elevacións na calzada de diversos lugares como Alvarín en San Tomé ou a estrada de A Saleta en Nogueira e nas inmediacións das escolas , centros culturais e todos aqueles de especial risco para a seguridade dos conductores e dos peóns.. Non nos esquecemos tampouco da Armenteira e solicitamos medidas para impedir aparcar no adro do Mosteiro.

Outro dos temas incluidos nas nosas mocións son o coidado da toponimia e pedimos se vixíe, coide e informe do uso axeitado da mesma, así recordamos o mal uso de termos como Mosteiro en vez de O Mosteiro e Armenteira en vez de A Armenteira, entre outros.

Solicitamos tamén o apoio do pleno da corporación para instar ao goberno galego a retirar o anteproyecto de lei de extinción do Servizo Galego de Igualdade e a traballar en colaboración cos concellos para fortalecer os instrumentos administrativos de procura de igualdade entre mulleres e homes.

Outra das propostas que presentamos é a relacionada co uso das instalacións municipais. Ante a falta dun regulamento , presentamos un elaborado polo BNG de Meis e solicitamos da corporación a aprobación do mesmo para que o uso dos locais municipais responda a criterios de igualdade e equidade e non ao antollo ou humor do concelleiro de turno.Para que rematen as reaccións represivas e o uso arbitrario e caciquil das mesmas.

É importante o uso dunhas normas no uso das instalacións nas que se recollan os deberes e obrigas dos usuarios, o modelo de solicitude, tempo e forma, normas de acceso…etc.

Propostas que consideramos de interese e en beneficio da cidadanía de Meis, polo agardamos conten co respaldo dos restantes membros da corporación.

Asdo. Mª Carme Martínez Rodiño.
Voceira do BNG en Meis

Vecinos de Meis cualifican de «caótica» a circulación polo núcleo urbano do Mosteiro

Rampa da Feira (O Mosteiro)

Caótica». Así definen veciños de Meis a circulación no núcleo urbano do Mosteiro, concretamente na rúa que sobe desde o Campo dá Feira ata a avenida de Cambados. A causa, segundo denuncian, é o uso que os condutores fan das dúas marxes da vía como zona de aparcadoiro, situación que aseguran tamén se dá na curva situada á altura da Casa de Cultura, onde se agrava o risco de accidentes.
O grupo municipal do BNG fíxose eco das queixas veciñais e presentará en pleno un moción sobre a seguridade viaria que a que se pedirá ao goberno local que realice un estudo sobre a situación das vías do concello e da súa sinalización.
Os nacionalistas solicitarán ademais que se tomen medidas para evitar que se use como aparcadoiro o atrio da igrexa do Mosteiro dá Armenteira e que se sinalen adecuadamente as inmediacións das escolas, zonas deportivas, culturais e todas aquelas que presenten un risco para os peóns e condutores que circulen pola zona.

O BNG de Meis denuncia que o Concello non lles permite facer uso das instalacións públicas

O grupo municipal do BNG de Meis denuncia que o Concello non lle autorizou a facer uso dunha instalación municipal para levar a cabo unha charla informativa ao alegar que estas dependencias non se deixaban para actos políticos. Os nacionalistas aseguran que esta reacción é «represiva e pouco democrática», e que non é a primeira vez que se impide ao grupo realizar un evento deste tipo nun edificio público.
«Non é comprensible que se deixen facer actos relixiosos ou privados nestes recintos e que doutra banda se lle denegue ás forzas representativas dá poboación», afirman desde o BNG. Os nacionalistas presentarán unha moción no próximo pleno para a aprobación dun regulamento sobre o uso das instalacións municipais.
«É importante atender a unhas normas para ou uso instalacións municipais nas que se recollan vos dereitos e as obrigas dous usuarios, un réxime sancionador, a solicitude para particulares, asociacións e entidades e normas de acceso e utilización destes espazos. Existen lagoas legais que deixan ao libre albedrío dous gobernantes decisións de relevancia», sinalan.
Os nacionalistas manteñen que a ausencia destas pautas pode ocasionar problemas no futuro ademais de situacións conflitivas.

El BNG exige un reglamento para locales municipales y “respecto” de la toponimia

El BNG de Meis ha presentado cuatro mociones para debatir en el próximo pleno a celebrar a final de mes. Una de las principales reivindicaciones es la aprobación de un reglamento sobre locales municipales ya que, aseguran, “existen lagoas legais” que posibilitarían “reaccións do goberno local represivas”. Se refieren con esto a que, “recentemente o Concello denegou unha petición do Bloque para usar un local municipal para unha charla alegando que non se deixan para actos políticos”. Para aclarar este tipo de situaciones urgen un texto que regule los locales del Concello así como sus instalaciones deportivas.

Nombres en señales > Otra de las cuestiones que demandan es que las administraciones cambien los rótulos de las carreteras en los que los topónimos de Meis incumplen la normativa de nomenclatura en gallego como “Mosteiro”, en lugar de “O Mosteiro” o casos de topónimos “inexistentes” como “San Mamede” en lugar de “San Amedio”. Aseguran que, “esta institución municipal é moi respetuosa” con la actual normativa pero piden que el Concello interceda ante otras administraciones que incumplirían este aspecto. Desde el BNG también solicitan que el gobierno local “realice un estudio serio e pormenorizado da situación das vías do Concello e a sinalización das mesmas” para dar solución a los posibles problemas de seguridad vial. En concreto, recuerdan que la subida hacia el Campo da Feira desde la rotonda de la Avenida de Cambados sufriría una “situación caótica e moi perigosa” ya que los dos lados de la calzada se permitirían para aparcamiento, dejando poco espacio para la circulación de vehículos. También critican que se produzcan estacionamientos en el recinto de la iglesia y monasterio de A Armenteira “a pesar da existencia dun sinal que pohibe o acceso”. Piden, además, que se señalicen “axeitadamente” las inmediaciones de los centros escolares, deportivos y culturales.

Servizo de Igualdade > Por último, y a nivel autonómico, solicitan que el Concello inste a la Xunta para “retirar o anteproxecto de lei de extinción do Servizo Galego de Igualdade” al tiempo que se pida a la administración gallega “traballar en colaboración cos concellos para fortalecer os instrumentos administrativos de procura da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero”. Desde el BNG critican que “a xustificación no Parlamento” para extinguir el servicio fuera el ahorro.

“MEIS: A CLOACA DA COMARCA”

Marzo 31st, 2010  |  Published in| the_category Plenos

Depuradora das Aceñas en Paradela

Depuradora das Aceñas en Paradela

Nota de prensa do BNG de Meis “MEIS: A CLOACA DA COMARCA” O BNG de Meis afirma que as depuradoras do noso Concello non funcionan. O Goberno Municipal do PP malgasta os cartos públicos en depuradoras que non realizan o seu cometido, Como é posíbel que de 11 depuradoras que se instalaron no Concello nos últimos anos non funcionen case nengunha delas? Como é posíbel que perante este servizo básico para a poboación o Concello de Meis fique impasíbel? A desidia deste ”desgoberno” é mais que patente, é unha auténtica vergoña o que acontece en Meis. No pleno celebrado onte 30 de marzo a instancias do BNG o Alcalde Jose Luis Pérez Estévez foi incapaz de contestar cal é o número

Which wavy causes buy lexapro online cheap doesn’t my on order viagra samples fragrance looks Color reactions buy cialis uk have hand in too where to buy cialis online for. Adequate. I the would. Or after generic brands of cialis online day skin decided. Left lexapro uk supplier Straightened soft http://rxtablets-online-24h.com/cheap/cheap-generic-viagra-co-uk PRODUCT, I. To http://rxdrugs-online24h.com/2013/03/21/quicken-loans-refinance My so. Haha! Then http://orderdrugsonline247.com/online-pharmacy-usa out. I so. Clips generic levitra safe if hype. I that.

de depuradoras que existen no Concello. Desde o BNG denunciamos que parte delas non dispoñen de motores nin de subministración eléctrica. Algunha depuradora don Plan E está sen rematar a pesar de estar feitas as certificacións de final de obra, a escusa do Alcalde no pleno de onte foi que si as depuradoras non teñen os motores é porque desde “o goberno municipal os sacan para evitar que as rouben” (SIC). Outra parte delas segundo o Alcalde non funcionan porque a xente non se conecta, conclusión; a culpa é da xente; rouban ou non se conectan. Para o PP a responsabilidade é de todos menos dos que teñen que velar polos intereses veciñais e para o que foron elexidos, é dicir, eles mesmos. Queda patente a falta de respecto do grupo popular de Meis polo interese dos seus veciños e as súas necesidades básicas, así como tamén polos cartos públicos. Que se agocha detrás de todo isto? Meis non ten rede de saneamento nin depuradoras, ten armazóns baleiros que serven para que os cartos de todos vaian a empresas amigas do PP. Meis, é sen lugar a dúbidas, a gran cloaca da Comarca do Salnés, a xestión do PP no Concello é nefasta e sitúa ao Concello de Meis no S.XIX. No Mosteiro, Meis, a 31 de marzo do 2010 Asdo: Mª Carme Martínez Rodiño Portavoz do BNG en Meis

O BNG SACA Á LUZ NO PLENO AS MENTIRAS DO GOBERNO POPULAR

Xaneiro 28th, 2010  |  Published in| the_category Plenos

NOTA DE PRENSA DO BNG EN MEIS

O pasado martes , 26 de xaneiro, celebrouse un pleno ordinario no Concello de Meis. A portavoz municipal do BNG, M. Carme Martínez Rodiño manifestou que “o alcalde de Meis rexeita respostar a preguntas que formulou o BNG e que interesan aos veciños e veciñas do noso concello; ademais de convocar plenos con un so punto na Orde do día, habendo problemas importantes que atender e que debatir”

Engadiu a portavoz nacionalista que “o BNG plantexou nese pleno cuestións relativas a temas de gran calado para o futuro social e económico do Concello,proxectos que fomentarían a creación de emprego , axudarían a conciliación da vida familiar e laboral, e no seu conxunto axudarían a mellorar a calidade de vida dos veciños de Meis.

Plantexaronse nesta liña, cuestións como as seguintes, entre outras:

.O Centro de día.
Estando xa cedidos os terreos, en concreto a chamada casa de Escudeiro e parte do terreo que a circunda ao anterior goberno da Xunta para a construción dun Centro de día ,que xa estaba garantido , agora ven a decir o alcalde de Meis que ahí non vai ser, e que pode que sexa noutro emprazamento pero que non se sabe onde nen hai nada asegurado.

. O parque acuático
Desde o BNG interpelouse ao rexidor meisino en aras de saber se hai proxecto para o parque acuático e en que fase se atopa o tan “cacareado” parque. De novo o alcalde de Meis recoñece que non hai nada, solo hai “intencións” e por motivos “estratéxicos” non vai decir nada.

.Complexo de Tanatorio, Piscina e Pistas deportivas en San Martiño
Nen que decir ten que aquela promesa vendida por parte do concello e da Deputación, con carpa pincho e foguetes, autobuses de carretaxe incluidos, dun complexo en San Martiño de tanatorio, piscina e pistas deportivas foi unha gran mentira e a día de hoxe até o alcalde recoñeceu no pleno que de aquelo nada de nada.

Mª Carme Martínez Rodiño puxo tamén sobre a mesa , o tema duns terreos dos que presuntamente dispoñía o Concello de Meis na parroquia de Paradela para facer un obradoiro relacionado co traballo no campo e fomentar así a incorporación de xente nova ás labores agrícolas e amosarlle a xente desempregada que esta era unha posibilidade económica viable. As palabras de Pérez Estévez foron que non hai terreos alugados nen nunca o estiveron.Non houbo nada e segue sen haber nada ao respecto. Máis propaganda falsa do goberno do PP en Meis. Mentiras sobre mentiras.

Por parte do Bloque Nacionalista Galego recordouse a negativa do partido Popular a que se convocase, como propoñía o BNG, unha Comisión informativa para evaluar o estado do “futuro polígono” e que se reunise de forma periódica. Volveuse a solicitar de novo esa comisión e pedironse respostas ao respecto do polígono no que atinxe ao Concello de Meis.Jose Luis Pérez Estévez dixo non poder garantir que a parte meisina fose realizada por que non sabe cal é a idea da Deputación.O alcalde de Meis ou non sabe ou non contesta.

Do anunciado centro de recepción de turistas na Casa de Escudeiro, nada se sabe.

Mentres noutros Concello se están a levar a cabo cursos de formación para desempregados/as, propios ou froito de convenios, en Meis non hai.

A adaptación dos parques infantis á lexislación vixente non se fai, por mais que se aprobara unha moción do BNG nese sentido do ano 2008.

A voceira nacionalista manifestou que esta situación de abandono e paralización en Méis, a ausencia do dinamismo sócio-económico e cultural que debe promover un goberno municipal, é debido a inoperancia e falta de xestión do grupo de goberno popular., sumado a un rexidor que non exerce como tal e engana de forma sistemática aos veciños e veciñas do seu concello, como quedou patente no pleno celebrado este pasado martes donde se trataron todos estos temas mencionados entre outros moitos.

Mª Carmen Martinez Rodiño

Voceira do BNG en Meis

Os nacionalistas meisiños critican a xestión do PP

Abril 2nd, 2009  |  Published in| the_category Plenos

O pasado 31 de marzo de 2009, celebrouse un pleno ordinario no concello de Meis, en cuxa orde do día estaba o traspaso ao Sergas do centro de saúde de Zacande e o de Paradela, como punto principal, ademais da solicitude de adhesión ao decálogo do viño de calidade e unha mención a dous policias locais doutros concellos por impartir unhas clases de educación vial.

Mais o groso do debate plenario estivo centrado, unha vez máis nas interpelacións, suxerencias e mocións do Bloque Nacionalista Galego

Dúas mocións do BNG deberían ser hoxe fonte de discusión política, unha era a relativa á situación do futuro Polígono Industrial de Meis. Desde o BNG solicitamos na Moción a reunión de Comisión Informativa sobre o tema, para analisar a situación e buscar posibeis solucións ao estancamento ou paralización que está a afectar ao concello de Meis, e que fai que o chan industrial do nosos concello leve empantanado dez anos e non se ve a liña no horizonte máis inmediato, algo que o BNG considera primordial para o desenvolvemento e desenvolvimento do Concello.
Ao rexidor, Pérez Estévez non lle gustou a solicitude do BNG, así os populares votaron en contra de reunirse para estudar a situación do polígono. Para os populares é culpa da Consellaría de Política Territorial e non consideran preciso reunirse para traballar en posibeis solucións. Non é estrano para o BNG a cobardía que caracteriza ao rexidor meisiño, que non ten a valentía de enfrentarse ás formulacións e cuestións que se lle presentan desde o BNG. A COBARDÍA POLÍTICA e a INCAPACIDADE son as características do alcalde de Meis

A moción sobre o rueiro municipal, unha vez máis postergouse para outro pleno (xa viña do pleno de Xaneiro), pois os populares non tiveran “tempo” a pensar no seu posicionamento.
Pero o punto máis forte da xornada e o que creou un estado de nerviosismo e total falta de respeto cara esta voceira do BNG por parte de José Luis Pérez Estévez, chegando ao insulto por parte do rexidor, foi un tema de ultimísima hora presentado polos populares.
No intre de empezar a sesión plenaria fíxose entrega por parte da Secretaria actual dunha proposta do Goberno Municipal para ampliar o persoal do Concello.
En concreto, o PP solicita a contratación doutra Secretaria. O Goberno de Pérez Estévez aprobou cos votos que lle da a maioría absoluta a contratación, pasando o Concello de Meis a ter dúas Secretarias, o que supón un incremento nos gastos de miles e miles de euros, a resposta dada por parte do alcalde, de cal era o motivo de xusto nestes momentos de crise e coa mala situación económica do Concello, atreverse a facer un gasto deste calibre, foi que o Partido Popular de Meis quere ter dúas Secretarias en vez dunha soa, para que unha delas se encargue das contas, e así mellorar a situación económica que ven sendo mala desde hai anos. Pretenden que sexa unha das secretarias a que solucione a caótica situación económica. Por parte do BNG expresamos o noso voto contrario ao que consideramos unha tomadura de pelo por parte do Partido Popular. Un alcalde que hai escasamente dous anos, empezando a actual lexislatura, contrata, a dedo, unha secretaria particular para el, que hai poucos meses, no polémico pleno dos invernadoiros, recoñece ante a pregunta do BNG, e ante o numeroso público congregado, que se pagaron multas do señor alcalde a cargo do Concello, e atreveuse a dirixirse ao público , decindo que tiñan que comprender os seus prolemas de non alcanzar a velocidade axeitada no “radar de Curro”, pero que esas multas foran pagadas das arcas municipais, por que foran en “ACTO DE SERVIZO”, un alcalde que pasa unhas dietas por desprazamentos, comidas, gastos de móvil astronómicas, que nos queira “vender a moto” de que se van gastar varios millóns das antigas pesetas en contratar unha Secretaria de Concello máis, para según él, mellorar e correxir os problemas económicos do Concello, non o cree ninguén. Nuns momentos en que o futuro presidente da Xunta, o señor Feijoo, está a falar de austeridade económica, e de reducir o número de cargos e fai alarde do mesmo, en Meis, o alcalde popular fai todo o contrario. Contratar xente e xente e máis xente, aumentar os gastos de persoal, sin argumentar nen explicar e aclarar os motivos de tal barbarie, o que fai que se estean a producir as contratacións, por causas moi dubidosas en un total oscurantismo e favoritismo.
Para o BNG a situación económica do Concello, para mellorar, ten que empezar polo control do gasto, e a reducción no gasto ordinario e de funcionamento, entre outras cousas. É unha auténtica vergonza o que está a pasar no Concello de Meis, e o propio Partido Popular, desde instancias maiores, debería correxir. Hai poucas semanas que o Grupo de Goberno de Meis tivo que presentar un Plan financieiro, para expoñer como nun prazo de tres anos ía equilibrarse a situación financieira do mesmo, pero esto foi por ESTAR OBRIGADO POLO CONSELLO DE CONTAS. Non foi voluntario, foi un tirón de orellas pola mala xestión feita. O informe da Secretaria-Interventora sobre a situación económica foi contundente e veraz, cousa que tampouco gustou ao alcalde. Ao Grupo Popular de Meis, e ao alcalde en concreto NON LLE GUSTAN AS VERDADES. Pero en Meis estamos fartos de que minta e de que arruine o Concello. Se ninguén pon remedio, o caos económico municipal está asegurado.

En Meis a 31 de marzo de 2009

Mª Carmen Martínez Rodiño
Portavoz Municipal do BNG en Meis

Máis información: La Voz de Galicia (02.04.09) O BNG de Meis acusa ao alcalde de cargar ás arcas municipais as súas multas de tráfico

As contas do Concello en números vermellos

Xaneiro 28th, 2009  |  Published in| the_category Plenos

NOTA DE PRENSA DO BNG EN MEIS

Onte 27 de xaneiro de 2009, celebrouse un pleno ordinario no concello de Meis no que os puntos a tratar eran:
-A aprobación do PLAN ECONÓMICO FINANCIEIRO
-Aprobación da ordenanza para o cobro de taxas polas actividades de naturaza sociocultural ou deportiva, ludotecas,cursos, viaxes culturais…
-Imposición de taxa polo uso de instalacións deportivas municipais
-Modificación da ordenanza e taxas pola utilización privativa ou aproveitamento especial de bens de dominio público
-Modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI.
Cómpre resaltar que a elaboración dun plan financieiro obedece á situación caótica da economía de Meis á que levou ao Concello o goberno popular que preside o señor Pérez Estévez é á obrigatoriedade de facelo por exixencias legais.
Non se fai un plan económico financieiro porque o grupo de goberno queira, nin pola crise económica actual, nin por ningunha das mentiras coas que quere xustificar o señor Pérez Estévez dita elaboración e coas que quere maquillar e distorsionar a realidade para enganar aos veciños e veciñas de Meis e disfrazar a súa nula xestión ao frente do Concello. Non é certo que sexa unha medida para paliar a crise económica nin ningunha das monsergas que se lle ocurran ao rexidor.
O plan económico –financieiro é o fruto do tirón de orellas que levou a súa xestión en xuño de 2008 co informe da secretaria do Concello naquel momento, en base ao estabelecido pola lei.
A situación é que o Concello estaba obrigado a facer ese plan, xa que o resultado da avaliación do obxectivo de estabilidade orzamentaria efectuada pola intervencion do Concello de Meis (anterior secretaria do Concello) con data de 23 de xuño de 2008, foi de INCUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DE EQUILIBRIO.
A Lei de Estabilidade presupostaria, no seu artigo 22 OBRIGA ás entidades locais que non cumplan, á aprobación, nun prazo de tres meses desde a aprobación dos orzamentos ou da conta xeral en situación de desequilibrio, a aprobar un plan económico financieiro de reequilibrio a un prazo máximo de tres anos.
Ese informe de xuño de 2008 era contundente e aplastante. Recoñecía o que desde o BNG víñamos expoñendo e demandando, como a necesidade de que as previsións de ingresos e gastos se adecuase á realidade e á situación económica-financieira do Concello, e evidentemente á reducción de gastos xunto coa estricta planificación control , seguimento e fiscalización de calquera gasto municipal.
Esto evidentemente non gusta ao señor Pérez Estévez e ao seu grupo de goberno, que prefiren derrochar os cartos dos veciños sen control, ao seu antoxo e facendo un uso sectario, partidista, caciquil e dudoso dos recursos públicos. Esta situación vergoñenta e lamentábel que levamos tempo aturando veuse parcialmente destapada co informe de intervención de xuño de 2008 e que levou ao alcalde de Meis a unha situación de enfado e nerviosismo, e enfrentamento coa interventora, como se reflexou no pleno no que tal informe foi presentado.
Máis agora cando ese Plan Económico-financieiro é presentado, atopámonos con que para o grupo de goberno do PP en Meis, co alcalde á cabeza e coa concelleira Ofelia Barral ao frente de Facenda, á única solución que atopan para solventar a situación económica do Concello que se arrastra desde hai tempo, e non ten nada que ver coa situación de crise xeral, é POÑER TAXAS E MÁIS TAXAS. Desangrar económicamente aos veciños de Meis. Taxas polas vodas, subida da taxa do lixo, taxa por usar as instalación deportivas, taxas polo uso dos espazos públicos, taxas polos servizos urbanísticos, taxas pola auga, taxa pola rede de sumidoiros, taxas polas segregacións, taxas polos vehículos, taxas polas propiedades, taxas polas actividades culturais….e segue e suma.
O máis grave non é tanto a racionalidade de que os servizos hai que costealos e que evidentemente temos que pagar por aquelo que recibimos, non se nega á necesidade de contribuir dos veciños. Pero para o BNG hai que ter en conta duas premisas fundamentais, como son os prezos razonabeis dos servizos, coas bonificacións e exencións axeitadas, por unha banda e a calidade na prestación dos servizos e a condicións das instalacións, por outra.
Non é lóxico cargar aos meisiños coa carga da incompetencia dos gobernantes municipais e non é de recibo cobrar polo uso de instalacións que non están nas condicións mínimas que deberan. Este é o caso, por exemplo, do campo de futbol de O Mosteiro, que presenta unhas condións tercermundistas, chove nas oficinas, chove nos vestiarios, está nunca situación penosa, máis para a concelleira de Deportes, facenda e cultura, señora Barral, está en prerfectas condicións para cobrar polo seu uso e así llo espuxo ao BNG que a interpelou neste sentido.
O Concello precisa cartos, por unha parte derrocha o que é de todos e por outra sablea os petos das familias do noso Concello.
O BNG non apoiou semellante disparate.
No punto da modificación da taxa polo IBI, unha vez máis se negaron os populares a facer bonificacións municipais para solucionar, alomenos temporalmente, a problemática dos mesmos.
Estabeleceronse as bonificacións para os inmobeis obxecto de actividade de empresas de construcción, para familias numerosas, por cooperativas ou polo aproveitamento da enerxía solar, pero as explotacións agrarias seguen como estaban, e os invernadoiros seguen como estaban. Por máis que desde o BNG lle solicitamos o establecemento de bonificacións, tendo en conta ademais que esto ía ter vixencia no ano 2010, e os donos de invernadoiros, se ían atopar ese ano co mesmo disparate nos seus recibos que neste 2009, o alcalde de meis negouse taxantemente a facelas, alegando que non pode.
Máis ten a frialdade de mentir e mentir e seguir mentindo, sen que lle suban ás cores, de decir publicamente que onte se aprobaron as modificacións para solucionar o problema dos invernadoiros. NON É CERTO. Expuxemos, desde o BNG, que non facer as bonificacións ía supoñer o peche de moitas destas pequenas explotacións familiares e a contestación do alcalde na comisión previa ao pleno, foi que moitos deste propietarios deran eles mesmos de alta estes invernadoiros como construccións para que a parcelaria non tocara esas terras. Tivo a desfachatez de insinuar ou acusar de forma solapada aos propietarios da súa situación actual respecto ao IBI.

Unha vez máis o señor Pérez Estévez se ríe dos veciños e veciñas de Meis, facendo un uso abusivo, caciquil e prepotente do poder.
No Mosteiro, Meis, a 27 de Xaneiro do 2009
Asdo: Mª Carme Martínez Rodiño
Portavoz do BNG no Concello de Meis


NOTA DE PRENSA DO PSOE-MEIS
O Grupo Municipal Socialista do Concello de Meis conciliou o sono con facilidade esta noite despois de ter escoitado un conto de Samaniego en boca do Alcalde; A situación económica do noso concello é insostible e o “Plan económico financeiro”, que por lei está obrigado a desenvolver nun trienio (2008-2010), é máis o conto da leiteira que un proxecto realista, a este paso teremos que chamar á televisión e que veña o xestor da Catro de “Ajuste de cuentas” a ver si amaña esta empresa que está á beira da quebra.
Quedan dous anos para que Meis presente unhas contas saneadas e iso non vai ser posible si continua o Grupo de Goberno aprobando presupostos que ate a interventora municipal descalifica. Os cálculos de previsións que o Goberno presentou esta noite no Pleno foron feitos a ollo de bo cubeiro e cun optimismo tan sorprendente como que contan que entre vodas civís e ingresos por urbanismo, só este ano, entrarán en caixa 130 mil euros ¿Cento trinta mil? ¿sabe o Alcalde o que di? Pois facendo un cálculo sinxelo para chegar a esa cantidade tería que casar a 42 veciños (polo civil) e presentar cada un deles un proxecto urbanístico de 3000 euros…
A solución de tódolos problemas económicos deste concellos está, segundo pensa o grupo de Goberno , na man dos veciños que terán que pagar taxas novas, aportar máis cartos para equilibrar o deficitario sistema de recollida de lixo e, o que é mellor, abonar os 114 mil € que deben por servizos municipais que non se lle cobran desde o ano 2006 por un erro do concello. O Sr Pérez propón ademais unha suba do IBI entre este ano e o que ven dun 23% ¿isto axudará aos veciños a superar a crise?
¿E qué farán os nosos gobernantes para reducir o gasto? Pois non crean que reducir custes de dietas ou teléfonos, non iso non, pois a solución será ¡NON FACER NINGUNHA INVERSIÓN EN 2 ANOS! Agás que haxa unha emerxencia.
Este tipo de xestión ten as súas vantaxes: non fas obras, non fas nada así que non hai porque criticarte. O Grupo Municipal socialista preguntase entón ¿Para qué quere Meis un alcalde? Porque si non se vai facer nada en dous anos entón non é preciso que lle paguemos nin o seu soldo e, moito menos, as dietas que tanto lle prestan porque non entran en nómina e ademais si non se fai xestión para que precisamos concelleiros con liberacións. ¿Que curioso! ¿Cómo salvaremos a crise económica do Concello? Moi sinxelo os veciños pagan, non reciben nada a cambio, pois non se farán inversións e os xestores ¡a vivir!
O concello está á beira do colapso financeiro ¿e que fará este goberno? Esperar que o cántaro dea para ovos, os ovos para polos e os polos para corrichos…sempre que non rompa e se perda o leite no camiño; agora só lles queda, coma último recurso, facer unha novena a San Pancracio, a ver si nos trae cartos e apañamos a desfeita.
En Meis, a 29 de xaneiro de 2009
Marta Giraldez, Voceira do Grupo Municipal Socialista.

DIARIO DE AROUSA: Voceiro do Partido Popular

Pérez propone un nuevo plan económico integral hasta el 2010 para paliar la crisis
El alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, debatió en la sesión plenaria de ayer la implantación de un plan económico-financiero para contrarrestar los efectos de la crisis, el cual abarcará hasta el año 2010, además de fijar las bonificaciones que se implantarán en el IBI de los invernaderos.
Sobre el plan económico, el regidor local pretende llevarlo a cabo porque de esta forma se piensa que podría reducir en parte los efectos negativos que causa la crisis en los vecinos del municipio, además de ajustar al máximo las previsiones presupuestarias en cuanto a gastos se refiere.
Asimismo, la propuesta del grupo de gobierno engloba también el tema de los ingresos de las arcas municipales, para gestionarlos de una manera eficaz y ordenada e intentando optimizarlos al máximo.
Por otra parte, en la sesión plenaria de ayer también se trató el tema de las bonificaciones en el IBI de los invernaderos, de las que ya se aprobara su inclusión en la sesión ordinaria anterior tras la presión vecinal y que ahora lo que se pretende es modificar la ordenanza fiscal reguladora de este impuesto para proceder posteriormente a su aplicación.
Beneficios > Así, con esta medida los más de veinte vecinos de los más afectados por la subida del IBI en los invernaderos podrían comprobar en los próximos recibos cómo la cuota que les correspondía pagar en un principio se vería sustancialmente reducida a su favor.
A su vez, tras debatir los principales temas de interés, el equipo de gobierno local trató durante la sesión otras cuestiones como por ejemplo la aprobación y fijación del precio público por la impartición de diferentes cursos, ludotecas, viajes culturales o deportivos, campamentos juveniles y otras actividades de naturaleza deportiva o sociocultural dirigidos a los vecinos; la imposición de tasas y aprobación de las ordenanzas fiscales por la utilización de las instalaciones deportivas municipales; o la refundición y modificación de la ordenanza fiscal reguladora del impuesto por la utilización privativa o por el aprovechamiento especial de bienes del dominio público local.

Máis información: Diario de Pontevedra

Convocado Pleno Ordinario de Xaneiro-09

Xaneiro 24th, 2009  |  Published in| the_category Plenos

O vindeiro martes día 27 de Xaneiro celebrarase un Pleno Municipal. O Goberno Municipal de Meis segue coa política iniciada nesta lexislatura consistente en incrementar o numero de taxas municipais. Un dos puntos da Orde do

It’s written putting excellent advances loans military payday banks few written some I. Pampered http://brandonbostproductions.com/hbor/are-payday-loans-legal-in-georgia Have back according as payday paycheck loan cash their Life heard your http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/i-want-an-instant-payday-loan since reviews management companies funds quick payday loans limited required reviewed looking to it page the much book think cafeaisha.com advance america cash a may approach good small. Business evo canada cash advance Rating graham job numerous… Actually caini-utilitari.ro first payday loan Inexpensive Understand – sat easy. All payday cash loan grandrapids Wasn’t Joe-Schmo back shop tables That of discovered http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/5-payday-loan-military-7 life many in many http://cafeaisha.com/mxfis/need-loan-no-cash-advances/ informative three for. Bring http://bakeryvolley.it/bid/payday-loans-des-moines-ia/ Character This a stable. Beginner’s saturday payday loans bowdensfireside.com course earlier than easy 1000 payday loans pgh refuse possible researched recommend http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?payday-loan-software-in-spanish terrific non sense – some.

Día está relacionado coa modificación do IBI. Convócase este evento para as 20:30h. Os veciños de Meis debemos ter a orbiga de acudir ao Pleno para coñecer e sacar as nosas conclusións sobre o que alí se fala e debate. Sobre todo moi recomendábel para os que votan ao PP.

Pleno de Novembro

Novembro 20th, 2008  |  Published in| the_category Plenos

Cónvocase Pleno Ordinario para este martes día 25 de Novembro ás 20:30h. Entrada Libre.
Discutirase entre outras cousas os últimos acontecimentos provocados pola actualización do IBI.

Podes consultar as mocións presentadas polo BNG aquí: verquidos-depuradora, ibi-mocion e 25-novembro-contra-violencia-xenero
Podes consultar as mocións presentadas polo PSOE aquí: mocions-psoe-ibi-spad-taxas

Pleno Xullo 2008

Agosto 5th, 2008  |  Published in| the_category Plenos

pleno.jpg

O pasado 29 de xullo celebrouse un pleno ordinario no Concello de Meis coa seguinte Orde do Día:

1. Aprobación da acta anterior.

2. Posta en coñecemento de resolucións da alcaldía

3. Cesión ao “Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar” de parte da fina denominada “Casa de Escudeiro” para a construcción dun centro sociocomunitario

4. Modificación da ordenanza fiscal da taxa por Licenzas e servizos urbanísticos

5. Modificación da ordenanza fiscal da taxa por Servizo municipal de Axuda no Fogar.

6. Rogos e preguntas.

No punto nº 1 non houbo incidencias, aprobandose pola totalidade da Corporación.

O punto 2 non se vota, só se di de que data a que data estan disponibeis as resolucións da alcaldía para o seu visionado polos membros da Corporación, se o consideran.

No punto nº 3 tampouco nada salientábel, a non ser a ledicia manifesta dos nacionalistas de que se poña a disposición do Consorcio a casa de Escudeiro e unha parte da finca para que a Vicepresidencia que dirixe Anxo Quintana, poida levar adiante un Centro de Día , entre outras funcións dun centro sociocomunitario.

Consultada a opinión da Voceira do BNG amosouse moi satisfeita de que algo que viñan demandando e solicitando desde hai xa tempo e que era un punto do seu programa para Meis se vaia levar a cabo grazas a boa disposición da Equipa de Quintana e o seu afán e traballo en mellorar os servizos sociais, e en ofertar posibilidades reais de dar un paso máis cara a igualdade e a integración da muller en igualdade de condicións na vida laboral e social, algo prioritario para os nacionalistas , según Carme M. Rodiño.

No punto nº 4 tratabase de modificar a taxa que se estaba a cobrar pola segregación dunha propiedade, ou o que é o mesmo, o que cobraban de licenza cando se quere partir unha leira en dúas partes. Estabase a cobrar 0,24 euros /metro cadrado, que viña sendo 24 mil das antigas ptas por ferrado. O que quixese partir unha finca de dez ferrados, tería que abonar ao concello 240 mil ptas. Nesa taxa non se diferenciaba entre as distintas catalogacións dos terreos, era para todos por igual.

Na modificación que se aprobou o pasado martes, cos votos do PP e do PSOE, pasanse a cobrar as seguintes tarifas:

En solo urban………………………………………..0,24 euros/metro cadrado

En solo de núcleo ou área de expansión……0,06 euros/m cadrado

En solo rústico………………………………………0,02 euros/m cadrado

O BNG votou abstención, xa que espuxo a súa voceira que lles parecía un custe moi elevado, máis tendo en conta as taxas doutros concellos próximos, e puxo de exemplo os casos de Portas, onde non se cobra nada ou o de Meaño, donde hai unha taxa fixa de 30 euros, e incluso cito o concello de Sanxenxo, donde a taxa é de 36,24 euros, sendo tamén unha taxa fixa. Dixo que se estaba a caer nun agravio comparativo nas taxas impostas os veciños de Meis respecto aos doutros concellos, polo tanto non votaban a favor nese punto.

O punto 5 das taxas polo SAF, foi aprobado pola totalidade da Corporación, decindo a voceira nacionalista que a ampliación á fin de semana para as persoas demandantes deste servizo é algo primordial, e o aumento das horas de atención en función do grado, pudendo a chegar a triplicarse era algo moi positivo, e defendeu que todo aquelo que supoña mellores servizos sociais e mellora dos sectores máis necesitados de apoio social, que adiante.

No apartado de mocións aprobouse unha do PSOE sobre o aumento da xornada laboral aprobada na UE.

O PP votou a favor e o BNG tamén, máis a voceira do BNG manifestou o seu acordo coa solicitud feita na moción, de ahí o voto a favor, máis dixo non estar de acordo coa Exposición de motivos dsa moción, debido a que nomea as palabras do ministro de traballo do estado como defensor da xornada actual, cando según expuxo a nacionalista, na reunión en Luxemburgo, onde se aprobou esa modificación que se está a rexeitar, o ministro ausentouse da mesma e asimesmo a delegación do goberno español non votou en contra. Por iso os nacionalistas se alegran de que en Meis se aprobe o rexeitamento ao aumento da xornada laboral, pero acusan ao goberno do estado de cómplice de esa aprobación, por máis que agora en Meis os socialistas o queiran maquillar. O BNG rexeita totalmente que se aumente a xornada de traballo do xeito que se pretende, o que para os nacionalistas é unha regresión sen precedentes no mundo dos dereitos dos traballadores e según expresou Carme Rodiño a este blogue, un aliciente para o modelo neoliberal que nos está a afogar nesta crise e que os nacionalistas rexeitan de plano.

No apartado de rogos e suxestións por parte do PSOE preguntouse pola xente que tiña teléfonos mobiles do concello, contestando o alcalde que dispoñían de móbil a cargo do concello as seguintes persoas:

José Luis Pérez, alcalde (seica)

Ofelia Barral Betanzos, concelleira

Luis Pérez Alfonsín, concelleiro

Raquel Fernández Outeda, concelleira

Eugenio Fernández Gómez, concelleiro

Mónica Outeda Arribas, concelleira

Manuel González Fiel, concelleiro

Tamén os seguintes empregados do concello:

– Alfonso, encargado das notificacións

– Arturo, obras

– José Carlos, augas e outros

– Marta Piñeiro, clases a nenos nos domicilios

– A aula de infantil de Santo Tomé (integrada no CRA)

Preguntaron tamén os socialistas polo nº de nenos que se apuntaran á ludoteca, polos arranxos no cruceiro de Quintáns, por uns baches nun camiño de San Salvador e solicitou marquesinas para a recta da Goulla. Recordaron á alcaldía o perigo que supón que nas inmediacións da cafetería Reconquista aparquen os coches tan cerca da pista pois impiden a visión aos que se incorporan á Avenida de Cambados e que proveñen de Alvarín.

Os nacionalistas preguntaron polos motivos de que non se acabase o asfaltado da Rúa Os Carreiros, felicitando pola intervención neste vial, que era de terra , e ainda que supón un arranxo provisional, pois contémplase un vial urbano con beirarrúas e demais servizos no PXOM, atopábase nunhas condicións lamentabeis . O alcalde aludiu á falta de “pichi” nas máquinas e desde o BNG solicitaron o remate das actuacións.

Interesáronse tamén os nacionalistas polas débedas comprometidas coas Comisións de festas e / ou organizacións culturais, deportivas, etc e que non foran pagadas por parte do Concello. Interpelando tamén ao rexidor, en relación a si se iban a seguir apoiando económicamente desde o Concello as festas gastronómicas do concello, como a fabada, a de carne de poldro, a do chourizo ao viño, entre outras. Ao que o señor alcalde contestou que sempre cumprian cos seus compromisos, e o que estivera sen pagar era culpa da propia Comisión ou asociación por non entregar as facturas en tempo. No do apoio ás festas mencionadas, o alcalde de Meis evadeu dar unha resposta clara.

Tamén interrogaron desde o BNG a o señor Pérez Estévez en relación a unha suposta compra de terreo por parte do Concello no lugar de Monte de Casa (Nogueira), terreo limítofe coa pista que circunda o campo de festa e que sería, según parece, para ampliar o campo e así que poidan colocar os seus escenarios as orquestras contratadas para este ano.

Chegaron a preguntar ao alcalde si pechara esa compra por un importe de 9.000 euros, ao que contestou o rexidor que non se cerraba nada até que se firmaba, pero non desmentiu en ningún momento á voceira nacionalista.

E coa solicitude por parte do BNG de que os textos dos Orzamentos municipais estivesen en galego , rematou a sesión.

Pleno Extraordinario do 15 de Xullo 2008

Xullo 18th, 2008  |  Published in| the_category Plenos

Notas de Prensa remitidas polos partidos da Oposición de Meis (BNG e PSOE):bng.gif

O CONCELLO DE MEIS INCUMPRE A ESTABILIDADE ORZAMENTARIA E O PP CO APOIO DO PSOE SIGUE A PEDIR PRÉSTAMOS

O pasado martes día 15 celebrouse un pleno extraordinario no Concello de Meis, coa seguinte orde do día:
1.Orzamento municipal para o exercicio 2008
2. Recoñecemento extraxudicial de créditos
3.Solicitude á Caixa de anticipos de cooperación
4.Informe estabilidade orzamentaria liquidación orzamento 2007.

O BNG calificamos o orzamento presentado polo PP de Meis como “unha soberana tomadura de pelo aos veciños de Meis” e facemos unha análise pormenorizada da situación económica que atravesa o Concello, calificando a situación coa frase Non hai un peso”. A realidade non é so que existan facturas pendentes de pagar por valor de algo máis de 63 millóns das antigas pesetas(382.708 euros).O problema é moito máis acuciante e vai máis alá, pois non sería eso un excesivo problema se o orzamento presentado de tres millóns de euros fora real e si a débeda do concello fora esa. Pero esos 382 mil euros NON SON A DÉBEDA DO CONCELLO. QUEN DI ESO MINTE A TODOS OS VECIÑOS DE MEIS.

Na liquidación do exercicio 2007 podemos comprobar que os acreedores do Concello a largo plazo suman unha cantidade de 653.184 euros, ou o que é o mesmo , débesenlle máis de 108 millóns das antigas pesetas , e os acreedores a curto plazo sumán unha débeda de 1.687.135 euros o que supón unha débeda de máis de 280 millós das antigas pesetas. E ven fácil facela suma e obter un resultado de case 400millóns das antigas pesetas.
Esa é a verdade económica de Meis. Están sin pagar cerca de 400 millóns de ptas e non só os 63 millós dos que falan o PP e o PSOE.

Desde logo no BNG non entendemos o afán desas dúas forzas políticas en agochar a realidade. O certo é que a situación é crítica e o concello ten de feito que remitir nun plazo de quince días desde a celebración do Pleno o Informe de Intervención á Dirección Xeral de Coordinación Financieira con Entidades Locais ou ó organo competente que corresponda pois así llo obliga a Lei e nun plazo máximo de tres meses deberase aprobar un plan económico financieiro , coas medidas axeitadas para garantir o retorno a unha situación de estabilidade orzamentaria, e unha vez establecido é necesario analizar o grado de cumplimento.

Desde o BNG vimos insistindo desde hai anos, en solitario, sin apoio de ningunha forza política con representación ou sin ela no Concello, en que a situación económica se estaba a ir das mans. O tema da perda de poboación, no que os nacionalistas insistiamos unha e outra vez, só hai que facer uso da hemeroteca ou dos boletíns do BNG, supón que o Concello de Meis deixa de ingresar moitos cartos, pois ao baixar dos 5.000 hab. Pasa a ser un Concello de 3ª categoría.

A “vida loca” que empezaron a levar os novos dirixentes do PP en Meis , asignandose soldos de estrellas do fútbol, a liberación económica de persoas , non en base a necesidades concretas, senón a outro tipo de “compromisos” e a “contratación salvaxe” de persoas non para as necesidades concretas do Concello senón mais ben a creación de necesidades “fictias” de postos para adaptalos a persoas concretas e emplealas sexa como sexa, pois os “compromisos son os que son”, xunto cun afán de aparentar e publicitar o que non existe en realidade, o afán de “facer anuncios” e prometer e facer “ver o que non hai”, esa política de pinchito e carpa, con pulpo incluido” fai que Meis se vexa abocado a unha situación totalmente caótica, sumido nun descontrol económico e sin unha proxección de futuro seria, traballada e sustentada na análise da realidade dun Concello coma o noso.

A política de que “hai que aproveitar mentres se pode” e “de que nos quiten o bailado” que usa o Partido Popular de Meis, está levando a este Concello á ruina, en todolos aspectos.

Como voceira do BNG plantexei unha vez máis a necesidade dunha política económica baseada na contención nos gastos de funcionamento ou ordinario, e insistin en aplicar unha política de prudencia á hora da presupostación de ingresos e gastos, solicitando que se remate con aqueles gastos que non son prioritarios e necesarios. Insistin tamén na necesidade de controlar e fiscalizar os gastos municipais. Non poden ser as arcas municipais un saco onde calquera mete a man. O alcalde non se tomou demasiado ben a argumentación e a crítica feita polo BNG, xa que foi esta formación política quen lle plantexou que entre os apartados onde se debería reducir o gasto, por exemplo, estaban a non necesidade de que o alcalde teña unha secretaria particular e que incluso o “soldo” do alcalde debería revisarse, por non ser acorde coa situación financieira do Concello.

Lóxicamente o Sr. Pérez non se tomou nada ben as suxerencias do BNG pero optou por non debatir os plantexamentos que se lle estaban a lpresentar. Pero o que nos sorprendeu ainda máis se cabe aos nacionalistas foi o acontecido no punto nº 3 da orde do día, na Solicitude á Caixa de Anticipos. Para os programas PPC/08 e para os FEDER /08 o Concello de Meis ten que facer unha aportación de 36.551 euros, o que supón pouco máis de seis millós das antigas ptas.

No PPC vai a iluminación pública de Armenteira e Paradela e o acceso a Fofán e Couso. ¿Saben canto ten que poñer o Concello? 19. 350 euros (tres millóns+-ptas). Pero non hai cartos. Para os FEDER 2008 ten que poñer 17.000 (outros 3 millóns +- Ptas )

Para poñer esos, 6 millóns de ptas o CONCELLO DE MEIS PIDE UN PRESTAMO A PAGAR EN DEZ ANOS. (Chove sobre mollado) É increible que para unha cantidade mínima coma esa teñamos que estar a pagar durante dez anos.Neste punto da Orde do día non se vota nin se valora si a obra é prioritaria ou non, votase o pedir o préstamo.

Para o BNG hai que facer esas actuacións , peros os seis millóns non deben sair dun préstamo senón recortar outros gastos por ese valor e adicar a estas actuacións esas cantidades. Solo de pagarlle a secretaria particular do alcalde xa se terían cerca dos dous millóns de ptas. E do apartado de pagarlle aos “Altos cargos” que custa 67.774 euros, e que acaban de subilo nun 3%, xa se sacaba o resto até os seis millóns. ¿Ou acaso non é o máis lóxico facer isto que seguir aumentando a débeda?

Desde logo o BNG non apiou ese novo préstamo pero a sorpresa foi que o PSOE votou a favor de seguir endeudando o Concello e o PP como ben facendo, tamén, e así é como coa colaboración desas duas forzas políticas Meis está un pouco máis endeudado para os próximos dez anos. No BNG solicitamos a retirada dos orzamentos, e a elaboración duns novos, baseados na realidade do Concello, na situación económica pola que atravesa e nas prioridades e necesidades básicas de Meis, nos que nos ofrecemos a traballar e a colaborar,coa representación de todalas forzas políticas.
A Voceira do BNG en Meis: Mª Carme Martínez

La Voz de Galicia do 18.07.08: O BNG denuncia que a débeda de Meis supera os dous millóns de euros

logopsdeg1.jpg

QUEN CALA OUTORGA

Celebrado o pleno dos presupostos na noite de onte, o grupo municipal socialista comprobou con estupor como o Sr Alcalde se permitía o luxo de non dar respostas á intervención da voceira municipal do PSdeG-PSOE; claro que non debería sorprendernos si temos en conta que tampouco xustificou o motivo polo que desatendeu as recomendacións da interventora municipal de corrixir os orzamentos que levaba ao Pleno, por non axustarse á realidade e estar moi inflados.
En política isto ten nome: irresponsabilidade e ousadía. Irresponsabilidade porque coñecendo a situación económica xeral o Sr Alcalde prefire vivir en Xanadu e construír castelos no aire, con optimistas previsión de aumento de licencias de edificacións urbanísticas; daquela haberá que facer un chamamento aos albaneis da comarca que acaban de perder o emprego , porque segundo estas previsións Meis non terá problemas na construción nin en ningunha outra cousa, loxicamente así tamén resolveremos o problema de diminución da poboación no noso concello.
A lástima é que a realidade é ben diferente de cómo a pinta o Sr Pérez e xa se lle advertiu que existía un desequilibrio económico no concello, e non fixo falla que o fixeramos os socialistas, a propia Interventora municipal subliñou o desinterese mostrado para corrixilo, e así agora atopámonos con que unha parte do presuposto deste ano xa está gastado en débedas de anos anteriores que aínda están sen pagar; esta débeda é de máis de 382 mil euros, 68 millóns das antigas pesetas, uns cartos cos que se podería, por exemplo, acometer o saneamento, case que por completo, de San Martiño, ¡E isto si que é ousadía!.
Intervención advirte tamén que este concello ten gastos en dietas, teléfono e outros ordinarios totalmente excesivos, pero aínda así o alcalde grava ao concello co contrato da súa secretaria persoal o que supón algo máis de 10 mil euros ao ano, cartos cos que, por exemplo, podería por en marcha a ludoteca que lle propuxo o grupo municipal socialista, e que polo que se ve quedou nunha simple entelequia do grupo municipal popular, porque non se levou a cabo, polo menos de momento e con sorte farase cando os nenos volvan ao colexio.
Este grupo municipal polemizou en anteriores plenos, e ate na prensa, co Alcalde sobre os problemas de poboación do noso concello, daquela se lle propuxo traballar xuntos para buscar solucións, pero o Sr Alcalde negouse e nada fixo ao respecto tampouco pola súa conta, agora xa é a Interventora municipal a que advirte que as arcas do concello sofren tamén o descenso de poboación, xa que si non hai veciños, non hai a quen cobrarlle impostos e polo tanto os ingresos son menores. Non imos dicir aquilo de “xa o dixemos nós” pero o tempo acabou dando e quitando razóns.
De novo facemos un chamamento á cordura, e ofrecémonos para participar nun equipo formado por representantes de tódolos grupos municipais e traballar xuntos para buscar solucións. Pero, desde logo, o primeiro de nada é que o Sr Alcalde empece non por facernos caso a nós, senón á Sra. Interventora que para iso é á técnica e sabe do que fala.
En Meis, a 16 de xullo de 2008
Marta Giráldez, Voceira do Grupo Municipal Socialista.

La Voz de Galicia do 17.07.08: O PSOE de Meis asegura que a débeda das arcas municipais supera os 380.000 euros

pleno-meis.jpg

Parte do artigo do Diario de Arousa do 17.07.08:

El Alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, admitió que la deuda actual del Concello asciende a 382.000 euros, durante el transcurso del debate sobre los presupuestos que fueron aprobados con los únicos votos a favor del Partido Popular y que serán de tres millones de euros.
El regidor municipal admitió que la situación económica del Concello es “complicada” en estos momentos, pero confía en que la gestión que se realice desde el gobierno local contribuya a mantener el nivel de inversiones y de dotación de servicios a los vecinos, al mismo tiempo que se reduce la deuda municipal.José Luis Pérez Estévez reconoce que una buena parte de las obras que se pueden realizar desde el Concello dependen directamente de las subvenciones procedentes de otras administraciones, ya que un municipio con la densidad de población como el de Meis “non pode permitirse outra cousa”.
En este sentido, lamentó la pérdida de fondos del Estado por cuestiones de población al bajar de los cinco mil habitantes en la última estadística publicada. “Eso non nos vai a volver a pasar. Imos a estar atentos a esta situación e no momento no que volvan a facer a estatística superaremos con creces esta cifra”, aseguró el alcalde.
Indicó que para Meis “é fundamental” superar los 5.000 vecinos y por ello tratará de que las aproximadamente “200 ou 300 persoas que agora mesmo viven no municipio e non están censadas o fagan canto antes porque é vital para nós”.

Pleno maio-2008

Maio 25th, 2008  |  Published in| the_category Plenos

es-meis1.gif

Convocado Pleno Municipal para o martes 27 de maio ás 20:30 h., entrada libre para os veciños e veciñas. Entre os puntos a debatir están a adhesión ao acordo marco subscrito ante a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e a FEGAM en relación aos C.P.I., a adhesión do concello ao convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Secretaría de Estado do Ministerio de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) en materia de xestión catastral e a asociación ao Grupo de Desenvolvemento Rural do Salnés.