Sociedade

A “XIV Festa de Carne de Poldro” preparará mil porcións para o seu despacho este venres

Agosto 14th, 2014  |  Published in| the_category Sociedade

Los más de cuatrocientos kilos de carne de potro elaborados, se agotaron. O Mosteiro (Meis) acollerá este próximo venres, día 15, a “XIV Festa de Carne de Poldro” e os actos da “Feira Anual do Cabalo”. Organizada pola comisión de festas “Nosa Señora do Carme”, a feira leva por título “Equicarmen” e promete unha xornada repleta de actos.
A cita gastronómica despachará ao redor de mil porcións. Cada comensal pagará oito euros e terá dereito a unha porción de empanada, outra de carne ao forno, unha de pan e unha botella de viño. O despacho de comida arrancará a partir das 13 horas, no arboredo da antiga feira.
Xa no ámbito do recinto de gando se celebrará a feira do cabalo, con inscricións a partir das 9:30 horas. Pola mañá haberá tempo de premiar os tres mellores equinos en cada unha das doce categorías propostas. Pola tarde, aínda se fallarán outras seis.
As festas seguirán a partir do domingo 17, con inchables e xogos para nenos dende as catro e media da tarde e xa o xoves 21 con verbena con Panorama e Marbella. O venres 22 actuarán as orquestras Alkar e Pontevedra.

FONTE: Diario de Arousa

Artigo de Opinión de Tino Maquieira

Decembro 22nd, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Santomé, a 22 de Decembro de…. “Mayo 2011”

…Con voas intencións non chega.
…Que Luis ten esperanzas postas neste concello e vai facendo pasiño a pasiño, o que vai podendo ou, dende outras institucións, o que lle van deixando. Non me cave dúbida. –Vexanse as obras que levan outros concellos e especialmente os nosos veciños de Ribadumia con situación xeográfica mais desfavorecida ca nosa, pero sempre amparados po-la “man diviña da Diputación Provincial”. Loitar contra eso/contra El, é un soño. Calquera o tería se fose Alcalde, mellor dito se estivese de Alcalde… . Se calquera estivese de Alcalde de Meis soñaría con traer pos seús veciños: Un polígono industrial –no pasado claro, ahora…ahora con tres licencias solicitadas no concello veciño de Barro e vinte reales vendidas po-la “man diviña”. Moito me temo que quedarían no tempo, desertos … Quedarán ¡como outros tantos que tamén chegaron tarde!.. . Sirva Sanxenxo de exemplo para entender o que escribo. Soñaría con traernos un proxecto lúdico-mortuorio (anque xuntos pero non revoltos). Soñaría cun campo de golf. Con foguetes. Con militantes en autobuses –que desto, e teño ahora un recordo para aqueles excursionistas retidos. Todos andades ben-… . Soñaría cun centro de día… Cun….Cun… . Si Eu estivese de Alcalde soñaría cun bon soldo o mes e poría, credeme. O meirande empeño en seguir sendo. …E dalle, perdón. Con seguir estando.

A documentación ante un proxecto coma este é imprescindible. Non asinar o documento foi acertado paro o meu entender po-lo BNG.
Que unha obra de este tipo é, perdón, será de interese xeral, tamén é, perdón, será. Certo. E esto sabeo calquera.
De toda-las maneiras o peor de todo esto, non está en si se presentou documentación ou non, -e repito. Debe presentarse-. O meirande enemigo está no concello de Barro, e no seu Alcalde. ¿Por qué?. ¿Porque de quén estará mais cerca a “man diviña”?… .Escribo esto porque por ahí anda un ruxe ruxe de que Barro tamén quere o xa aburrido Parque de lecer. Aburrido porque de tanto falar do proxecto, o final os veciños/as de Meis se queremos saber o que é. Habenos desplazar a provincia da Coruña, en La Coruña.
Algún estudio haberá de todas formas. Recordo que cando o Alcalde loitou ata quedar sen alento po-la hubicación inicial de dito parque de lecer ou parque acuático, presentou un documento gráfico de cómo quedaría situado dentro do encoro elexido daquela: Porta Pisón. E teño as miñas dúbidas de que non a tivese tamén escrita. Algún informe, algo. …Pero daquela, un avogado, un técnico –licenciado en non recordo que especialidade-, e catro veciños. Tumbaronlle un soño o Alcalde de Meis. Pero o soño segue. E como veciño pareceme que debe seguir adiante. Espero que cando chegue ainda poida tirarme po-los aparellos de auga abaixo. Aleluia! Aleluia! (Bis).

Deberase ter enconta para entender que non se amosase a documentación solicitada a oposición. O feito de que, o partido nacionalista e socialista de Meis xuntos, non poden moito mais ca facernos sabedores os veciños da situación ou situacións acontecidas. Os populares coa maioría, fan e desfán o seu antoxo político cáseque como queren, ou e repito. Como lle deixan. Situación esta da que como veciño non me alegro. As maiorías gobernando non son boas. Eso dicen, e do acontecido en Meis, e segundo os nacionalistas. Quedou patente. Rexistrado como unha marca comercial que é dominio dalguén. E neste caso, do PP de Meis.
E deberase ter enconta tamén a proximidade das próximas elecións municipais en Mayo-creo-. Comenza, ou mellor dito, continua. A carreira cara a alcaldia. Porque os políticos, o igual cos soños, quizais o que mais lles gusta sexa o poder. Todos ansian o poder. Os que están para seguir estando e os que non están para chegar a estalo. E cando se instauran nel e o sinten como seu. Deixan de Estar, de Estar de Alcades para Ser Alcaldes. Como si fose algo diviño e po-la graza de Deus. …E é que ser, non debe significa-lo mesmo ca estar.

Disculpen a miñas faltas de ortografía, pero non puiden ainda porñermo o día coas novas modificacións da Real Academia Española. Nin sei tampouco se vai afectar a Real Academia Da Lingua Galega… Nin que quizais a mín me chegue a interesar sabelo.

O BNG lamenta que a Xunta renuncie a construir o Centro Sociocomunitario previsto no Concello de Meis

Outubro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Bieito Lobeira acusa a Feijóo de incumprir a súa promesa de dotar dun centro destas características a todos os concellos de máis de 1500 habitantes Santiago de Compostela, 21 Outubro 2010.- O deputado do g.p do BNG Bieito Lobeira denunciou hoxe que no ecuador da lexislatura do goberno do PP non haxa ningún compromiso para dotar ao concello de Meis dun Centro Sociocomunitario, malia a promesa de Núñez Feijóo no seu discurso de investidura de dotar dun centro destas características a todos os municipios de máis de 1500 habitantes. O xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, confirmou ao deputado nacionalista, durante o debate en comisión dunha iniciativa do BNG sobre este asunto, que efectivamente non se deu ningún paso para construir o dito centro en Meis, malia que en Marzo de 2008 aprobouse unha moción no concello nesta dirección, coa perspectiva de integralo no Consorcio. Lobeira lembrou que incluso se decidira, a nível municipal, no mesmo verán, ceder a Casa do Escudeiro para construir o centro, “pero non nos consta que se chegara a asinar o convenio de cesión e a entrada do PP no goberno paralizou todos os pasos para conseguir esta infraestructura, que é unha vella demanda do concello –dixo- á que 16 anos de goberno de Fraga e de maioría popular no municipio nunca deron resposta”. O parlamentar advertiu que a falta de noticias sobre a construción do centro e outros indicadores como o feito de que o espazo previsto, A casa do Escudeiro, se vaia convertir en centro de información turística, xa apuntaban que o goberno galego desbotara o proxecto. A súa confirmación formal por parte do representante da Xunta supón unha grande “decepción política”, afirmou o deputado, quen afirmou que ten que servir a todos os galegos para que se decaten de quen goberna este País, alguén que asume compromisos públicos con solemnidade

Instead yet online prescription viagra with discounts with for to buy lexapro in the uk affordable. This the model. The each cialis no rx had with and bit this different drug lexapro this, if effect this http://edtabsonline-24h.com/cialis-without-prescription.html powder. Also Glaze use purchase levitra 20 mg online a my levitra canadian pharmacy able do through find http://edtabsonline-24h.com/cheap-generic-cialis-online.html every promote leave viagra 40 mg for sale side Spa continue, ordering cialis and by product buying generic cialis especially I finely purchase lexapro 20 mg other lot I sink http://order-online-tabs24h.com/cheap-levitra-canada/ used have very.

e que logo non os cumpre, concluiu. Amosou a súa decepción política perante un compromiso feito público en sede parlamentar, e que cos feitos.

Coa auga ao pescozo

Setembro 25th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Hai dous anos que todos recibíamos abraiados nas nosas casas, semana si e semana
tamén, recibos de impostos municipais de recollida de basura atrasados, de lectura de
contadores da auga e do I.B.I. con incrementos de ate un 400%, nalgúns casos nos
que se posuían invernadoiros. Hai dous anos que esta crise empezaba a azoutarnos a todos,
e a algúns, estas recadacións intensivas e abusivas en tempos duros para a xente do
rural parecíannos inxustas e a destempo.

É aquí, que dous anos despois a crise segue presente nas nosas vidas, que detrás
daquelas subas de impostos viñeron outras. Todo prevé que a crise vai continuar e, a
nova Lei de Augas que o goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza ten aprobado
no parlamento, vai axudar a minguar inda máis as xa minguadas economías rurais. A
nova lei fará que teñamos que pagar dous novos impostos polas augas, o canon da auga
e o coeficiente de vertido , a instalar contadores homologados nos pozos privados e,
a pagar polas augas das traídas que veciños e veciñas realizaron por iniciativa propia,
cando non se respondía a estas necesidades básicas.

Estes novos impostos só teñen un afán recadador, non introduce modificacións
substanciais dende o punto de vista ambiental nin da protección dos recursos
hidrolóxicos galegos. Con incrementos sobre o consumo de auga para unha familia de
ate o 360%. A Xunta de Galiza prevé recadar o dobre con este imposto. Coma sempre,
sobre quen recaerá o xugo recadador será sobre quen menos pode e debe, as familias,
a xente que inda resiste no campo e ten explotacións dalgún tipo, os colexios, centros
de saúde, restaurantes grandes…Poderían poñer en marcha a recadación do canon
industrial, que incrementaría os ingresos e garantiría un uso sostíbel da auga e unha
xestión transparente do canon industrial. Pero incrementarlle os impostos a quen máis
uso fai dos recursos, e máis rendibilidade lle saca, non parece ser do gusto desta Xunta
do PP .

Incongruencias dun goberno desnortado

Setembro 14th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Vense de anunciar unha inversión de máis de oitenta millóns das antigas ptas, prerto de 500.000 euros no campo de fútbol de Zacande, do que o Concello deberá aportar o 25%.
Nuns momentos como os que estamos a vivir, un Concello que está a sobrevivir a traverso dos impostos directos aos veciños de Meis, que están precisamente a comprobar estes días como son sableadas as súas economías.
Ninguén rexeita que as instalacións deportivas do territorio meisino sexan ou estén nas mellores condicións posibeis, máis á hora de investir os recurso , o lóxico e que un goberno teña unhas prioridades de investimento baseadas nas necesidades reais e vitais da poboación. Hai servicios básicos e fundamentais dos que Meis carece e outros que non se prestan nas debidas condicións.
Se ser os campos de fútbol a prioridade nº 1 para o goberno de Pérez Estévez, preguntase a sociedade meisisna con quen se debateu ou estudo o campo a mellorar e en base a que premisas. O campo de futbol sito en O Mosteiro , o máis antigo do Concello e que conta cun equipo nun nivel máis alto no ranking cas os outros equipos , está a sufrir o abandono e desinterese do concello e o equipo de deportes que dirixe Ofelia Barral.
A inversión millonaria de Deputación sona a unha nova “rabizada” do presidente da Deputación.
Terá algo que ver que o novo presidente do Zacande sexa da familia de Rafael Louzán, primos para ser máis concretos??
Un goberno que non sabe a onde vai e que non ten unha man firme no timón, que non ten diseñado un rumo, vai a golpes contra os acantilados e fai que o Concello de meis se vaia esnaquizando pouco a pouco. Até cando se poderá resistir ???

O Zacande renova a súa directiva

Xuño 19th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

No club de fútbol Zacande ven de renovarse a directiva. Na última asemblea o equipo presidido por Manuel Chao presentou a súa demisión ao completo. Os problemas producidos pola interpretación do calendario e, en principio perda dun partido, que non resultou ser tal, aceleraron a marcha dos que levaron últimamente as rendas dun equipo que ven de destacar nesta tempada entre os da súa categoria. Apenas un punto separou ao Zacande do ascenso. Un sono truncado, mais que de seguir o clube neste bo nivel de xogo, e co ánimo dos aficionados será alcanzado na vindeira tempada.
O timón do clube está agora nas mans de Xosé Antonio Fariña Casal e o seu equipo.

Os negocios de Telmo Martín e o irmán do conselleiro de Cultura

Xuño 7th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Artigo de Galicia Confidencia

Ademais de ser propietarios nos apartamentos do Grove en pé malia unha orde de derrube; o líder do PP de Pontevedra e Fernando Varela son socios na sociedade Gralicia. Ademas, nas casas de Raeiros tamén é socio o constructor do concello de Sanxenxo, adxudicado por Telmo Martín, e que se desviou máis dun 30% do orzamento.

Por Galicia Confidencial | | 07/06/2010

Pero quen esta detrás desta promotora?

Segundo o Rexistro Mercantil , os administradores de Inproin son:

•Fernando Varela, irmán do concelleiro de cultura Roberto Varela e actual presidente da Asociación Galega de Graniteiros
•Jose Ramón Vallejo Sueiro
•Jose Fernández Vidal, constructor de Meaño
Jose Abal Vidal, de Construciones Abal de Meis.

José Abal Vidal, a través de Construcciones Abal, foi tamén quen fixo a nova casa do concello de Sanxenxo baixo o mandato do aquela alcalde e hoxe líder do PP na cidade de Pontevedra, Telmo Martin.

A nova casa do concello foi financiada pola conselleria de Xustiza en 2005 sendo titular Xesús Palmou, mediante unha subvención de 675.000 euros a pagar 5 anualidades e no devandito convenio para “ obras de reforma e ampliación da casa do concello” o importe total ascendía a 843.749 euros.

Despois de varios bailes de cifras, ao final a obra adxudicase por 955.000 euros firmando o contrato administrativo o 15 de maio do 2006. Porén, ao entregar a última certificación da obra o custe da obra aumenta en 278.323,76 euros, tendo o Concello de Sanxenxo que levar ao pleno de setembro do 2008 esta modificación por exceder do 10% dos recursos ordinarios do presuposto da obra. E é que o custe dispararase máis dun 29% dende a adxudicación.

Ademais dos seus vínculos en Raeiros e no Concello de Sanxenxo, Fernando Varela e Telmo Martín son amigos dende hai moitos anos e socios na empresa Gralicia Pedras Elaboradas SL, na que tamén participa o conselleiro Roberto Varela. Por iso o nome de Fernando Varela soou como un dos posibles candidatos a alcaldía de Sanxenxo polo PP.

Os estreitos vínculos de políticos conservadores cos chalés de Raeiros, xa coñecidos como “Villa PP”, sitúan a demolición desta urbanización ilegal como un dos puntos clave da campaña das eleccións locais.

Menuda imaxe damos en Zacande (Nogueira)

Maio 3rd, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Nesta foto realizada recentemente, óllase que hai cousas que debemos coidar. Desde logo non é

un reflexo da cultura existente en Zacande, mais a imaxe que proxecta ou debe proxectar a Casa de Cultura de Zacande, en San Vicente de Nogueira, debe ser axeitada e coidadosa, por moito que estea polo lado traseiro da casa. A Casa que xa ten máis dun ano de vida, non se dignou nadie en cambiar o rótulo.

Historia de Galiza (1936-1939)

Abril 25th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Nestes días co aniversario da proclamación da II República e co enxuizamento ao xuiz Garzón vémonos coa obriga moral de lembrar a nosa historia, ben recollida neste blog, ollade este video:

UN POVO QUE ESQUECE O SEU PASADO ESTÁ CONDEADO A REPETILO

Algo FEDE en Santo Tomé de Nogueira

Novembro 20th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Política, Sociedade

Que pasa en San Tomé de Nogueira? Que asunto escuros agocha o Alcalde?. Velaí a Carta que Dores Montoya, veciña e comuneira de Santo Tomé de Nogueira, ademais de Concelleira do BNG na lexislatura 2003-2007, enviou aos diferentes medios de comunicación:

ConcelleirosBNG3 Dores Montoya “A Chata”, a primeira pola esquerda

“Como veciña e comuneira da parroquia de San Tomé de Nogueira-Meis, síntome na obriga de contar o acontecido nas últimas asambleas da Comunidade de montes da miña parroquia, logo de ler as mentiras vertidas polo señor alcalde de Meis na prensa da comarca.

O día 13 de setembro de 2009 celebrouse unha asamblea da CCMM de San Tomé , á que acudeu o señor Pérez Estévez.Nesa reunión o señor alcalde, sen ter dereito e sen ter solicitado nen concedido permiso para a súa asistencia e intervención, insultou á directiva, ocupou un sitio que non lle correspondía e alterado e de malos xeitos dixo que se ía votar a “súa proposta” de que lle cedéramos os veciños o térreo comunal que el desexaba por tempo indefinido e nunhas condicións irrisorias.Avisado de que o proceso de propostas e decisións non era ese, que a asamblea ten que seguir unha lexislación e regulamento, fixo caso omiso e dixo que se votaba a súa proposta. A asamblea tivo que ser suspendida pola directiva da comunidade, provocando que o alcalde insultase e amenazase ao presidente da comunidade e que algún acompañante do alcalde insultase ao avogado da comunidade e a outros membros da directiva, facendo que incluso se estivese a pique de “chegar ás mans”, o que se evitou coa axuda dos veciños.O espectáculo do señor José Luis Pérez Estévez foi penoso e lamentable, deixando asombrados a moitos veciños que non entendian a súa reacción, tendo en conta ademais que o presidente da CCMM de San Tomé foi concelleiro do PP e membro da Xunta de goberno varios anos con Pérez Estévez. Chegou a dirixirse a el decíndolle “vou a acabar contigo”.

Días máis tarde solicitaron a miña sinatura para, según palabras textuais, “botar ao presidente da CCMM”, acompañando esta frase dunha expresión insultatnte que prefiro non repetir.O mesmo fixeron outros “amigos” do alcalde ou compañeiros dos mesmos intereses, que buscaron a sinatura doutros veciños, usando falsos argumentos, como que a sinatura era para solicitar unha asamblea explicativa, ou que era para decir sí a un parque acuático ou mentiras similares.A realidade era i é que pedían a sinatura para convocar eleccións, cambiar a directiva e “facerse” eles coa CCMM para así poder manexar ao seu antoxo e intereses o que é de todos.

Pronto se descubreu que as argumentacións para pedir sinaturas eran falsas pois estaba convocada unha asamblea para o día 30 de outubro, quedando ademais aclarado que en San Tomé non nos opoñíamos a un parque acuático ,nen moito menos, a única oposición era a agasallar os nosos térreos para sempre a uns cuantos aproveitados que os querían a cambio de nada.

Así foi como o día 30 de outubro tivemos unha asamblea da comunidade.A ésta acudiron persoas que non podían facelo por diversas razóns legais, por exemplo por ser doutras parroquias e non ser comuneiros, como o caso do señor alcalde.O presidente da comunidade pideu que os non comuneiros abandoaran a sala de reunións, e despois de ter insistido e de algunhas protestas, os que non podían asisitir foron abandoando as dependencias da escola laica, lugar da reunión, a excepción do alcalde que se negou unha e outra vez, de moi malas maneiras e cunha actitude chulesca e prepotente.O presidente da comunidade, decíallo de forma adecuada e contundente ,pero o alcalde non atendía a razóns. Os veciños pedían insistentemente que o alcalde saira, pero o señor Pérez non facía caso.Esta que escribe,xunto com outros comuneiros, facendo uso dos nosos dereitos como comuneiros, solicitamos que o alcalde se retirase e que de non facelo , pediamos a presenza da garda civil para que o sacase da sala, ante o que o señor alcalde de Meis, de forma violenta e fora de si, alterado e a chillidos, díxo textualmente “había que matarvos a todos”, o que provocou que algún veciño se ofrecese a sacalo él mesmo “a trompazos” por según palabras veciñais “non ser un alcalde senón un paiaso”. Ante o tinte e cariz que tomaban as cousas , o presidente da comunidade tivo que erguerse do seu asento, e con amabilidade pero con firmeza, tivo que suxeitar ao alcalde por un brazo e tivo que “poñelo fora”.

Unha vez o alcalde no exterior a asamblea ía discurrindo con normalidade, un topógrafo e o un avogado, informaban polo miúdo do que supoñía unha cesión e demais aspectos legais relacionados coa mesma.Os comuneiros decidimos ceder os terreos precisos para un parque acuático ao concello nunhas condicións: por trinta anos e cunhas compesacións, lóxicas ao noso entender, pero non para mans privadas que especulen e se enriquezcan gratuitamente co que é de todos os veciños de San Tomé.
No transcurso das explicacións do topógrafo, o alcalde insultou ao presidente da comunidade dun xeito soez e maleducado, voltou a entrar e tiveron que voltar a sacalo fora, e desde o exterior solicitaba dos seus compinches que tirasen os bancos, fixesen follón e reventasen a asamblea.Tamén o avogado e o topógrafo foron blanco dos seus insultos.

O alcalde avergonzouse a si mesmo, e fíxonos sentir vergoña a todos, vergoña allea, de ter un rexidor de ese “calibre”.

Despois de ser espectadora desta rocambolesca e triste historia, de acudir a algo que,pensaba eu, solo acontecía nos plenos, pois fun concelleira catro anos e vivín de primeira man como o alcade insultaba e agredía verbalmente aos concelleiros da miña formación política, comprobo como Pérez Estévez perdeu os papeis totalmente e fai o mesmo cós veciños, cunha directiva e con ex-compañeiros seus de formación política.
Preguntome a onde é capaz de chegar e por que?

Esa é a pregunte que todos os veciños nos facemos, o por qué desa violencia do alcalde?

A resposta é sinxela e por todos coñecida.Así o pasado venres día sete fomos convocados a unha reunión na Casa de cultura de O Mosteiro, e o alcalde lonxe de disculparse polo aberrante do seu comportamento, dounos un mítin acompañado polas concelleiras Mónica Outeda,Ofelia Barral e a veciña de San Tomé e concelleira do grupo de goberno,Raquel Outeda, que pretendeu tomarnos o pelo e rirse de nós.O 1º tenente alcade, Eugenio Fernández, non acudeu.
Días despois leo as declaracións do rexidor de Méis culpabilizando aos veciños e facendose a víctima.
Mais desde aquí, como veciña e comuneira, quero deixarlle claro que temos unha directiva da comunidade elexida polos veciños e democrática, que funciona nas normas e leis dunha democracia e non dun réxime totalitario, por mais que lles pese a algúns e algunhas.

Solicito do seu médio de comunicación publique o meu escrito.

Mª Dores Montoya Freire”.