Ruxe-ruxe

O Castrove volve ser ameazado polo PP

Marzo 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Ruxe-ruxe

“Hai uns días estiven comendo no campo de golf “público” de Meis cun empregado dalí e soltou que estaban agardando a que gañase Feijoo para mandarlle alí no alto do monte unha urbanización de chalets e un hotel, ademáis dunha ampliación do propio campo. Que sorte vai ter Meis que lle vai chegar xa o progreso e a fin da crise gracias a 009!!”

Co cambio de Goberno na Xunta de Galiza voltan as vellas polìticas de destrucción do noso territorio por parte do PP. Mágoa, non damos escarmentados. Coidemos do noso e non vendamos a nosa terra por 4 patacos.

Unha man negra nas Festas de Meis

Xullo 12th, 2008  |  Published in| the_category Ruxe-ruxe

festas-dos-callos4.jpg

En Meis, en concreto no Mosteiro, atópanse istos días celebrando as festas de San Bieito, que son unhas das máis coñecidas do concello entre a xente do Salnés. Son unhas festas cunha gran bagaxe detrás, que escomenzaron hai xa moitos anos e foron modificándose e medrando en importancia e eventos ao longo dos últimos anos.

Desde o esplendor das carreiras de karting que se celebraban no casco urbano até a celebración da festa dos callos, foi acadando fama cos coidados e agarimo dunha morea de veciños e veciñas, que puxeron o seu tempo, o seu cariño, o seu esforzo e tamén cartos do peto (ainda que haxa quen o dubide) para que este pobo tivese un nome e un oco nas festividades estivais da comarca.

Pero estamos empezando a acostumarnos a ver como cando algo funciona, sempre aparece quen se aproveita para sacar rendemento ou “controlar”. Así nos atopamos este ano con que a Secretaria do alcalde aparece como Presidenta das festas, e a concelleira de Cultura, a concelleira de persoal e a propia Secretaria do alcalde visitan os domicilios dos veciños para “pedir” para as festas, incluso o concello se convirte no lugar onde se poden ir levar os cartos para as festas.

É bochornoso ver a que extremos se chega en política, é unha vergonza ver a un cargo público, neste caso incluso a unha concelleira liberada, pedindo nas portas dos veciños, pero máis lamentábel é ver como iso que se construeu coas ilusións de moita xente, a maioría, tamén é xusto decilo, veciños do Campo da Feira (na maioría que non na totalidade), as “Festas de San Bieito” convertironse este ano nun auténtico esperpento.

A publicidade do Concello falaba de dez días de festa, que na realidade se convertiron en tres días, por máis que digan, o día de San Bieito, coas misas propias na capela e dúas noites de verbena, venres 11 e sábado 12, para engadir o terceiro día a festa dos callos. Por non haber, non houbo nin luces nin foguetes, e até o venres día 11 non se explosionou a pólvora no ceo do Mosteiro.

A deputación desenvolsa miles de euros para estas festas, o día dos callos a saqueta énchese cos centos de persoas que veñen degustar este manxar. O concello pasa a un primeiro plano e organiza as festas, desaparecendo a tradicional Comisión de Festas , que nos inspiraban confianza e gañas de aportar pois eramos participes dunha ilusión común.

Desde que o concello é o encargado, o nivel foi baixando a unha velocidade sorprendente, até chegar a este ano, no que a desilusión e o desánimo enraizou definitivamente na meirande parte dos/as meisiños/as que valoran moi negativamnete o programa presentado polo concello e consideran que “esto toca a fin”.

Desde este blogmillo o interese non é facer leña da árbore caída senón facer unha valoración da situación e permitir que sexan os veciños os que leven as rendas desta celebración, pois o espírito que os move é totalmente distinto, para exemplo tivemos a maravillosa Festa Labrega, á que esperamos lle quede unha longa e próspera vida, sempre que desde o Concello non lle boten o “guante”.

Señores políticos do PP de Meis, voulle dar un consello: “Zapateiro, aos teus zapatos”.

As Trasnadas no Samaín

Novembro 1st, 2007  |  Published in| the_category Ruxe-ruxe

  samain.jpg  samain1.jpg

Andamos mergullados istos días no Samaín, pois por moito que algúns non souberamos moi ben en que consistía, pronto nos puxeron ao día os nosos fillos, traendo as cabazas feitas no colexio ou contándonos lendas alusivas a estas datas.

E falando de lendas e de tempos de trasnos e trasnadas, decir que chegou preto de nós unha “lenda” dos últimos tempos, que non sei se ten sustento de realidade ou base para unha lenda en toda regra.

policia-local.jpg

Acontece que no “ruxe ruxe” de Meis fálase da creación dunha praza de policia local, pero non queda ahí a cousa, vai moito máis aló, pois a suposta praza tería “inquilino, xa que quedou xente das dos “bos” sen colocar” e neste caso en cuestion, a rumoroloxía sitúa nela a unha persoa moi ligada sentimentalmente a unha muller de “gran influencia” no concello. Isto está a provocar un malestar profundo nun amplo sector da poboación de Meis, por tratarse dunha persoa que non desperta moita simpatía social que digamos e sumándolle ao feito de que se dé por adxudicado algo que ainda non está nen creada.

Marta Giraldez, Candidata do PSOE

Abril 4th, 2007  |  Published in| the_category Historia, Política, Ruxe-ruxe

logopsdeg.jpg

O sábado 31 de Marzo, foi presentada en San Lourenzo a Candidata do PSOE para a alcaldía de Meis. Todo o que sexa afondar no pluralismo político do concello é positivo. Agardemos que isto vaia en serio, e non sexa outra vez unha candidatura pantasma, como nos ten habituado o PSOE nestes últimos 20 anos.

Marta Giráldez, é licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e é veciña de Lantañón (Paradela)