Concello

O BNG de Meis Informa sobre o IBI

Xuño 30th, 2015  |  Published in| the_category Artigos de Xaquín Núñez Sabarís, Concello

ibi meis

Revolución en Meis: Non á suba do IBI!!!

Xuño 27th, 2015  |  Published in| the_category Concello

A Veciñanza de Meis contra a suba do IBI. Onde está o alcalde?

Xuño 26th, 2015  |  Published in| the_category Concello

O Pobo é quen máis ordena!!!

IMG-20150626-WA0000

IMG-20150626-WA0001

IMG-20150626-WA0002

IMG-20150626-WA0003

Trapos, compresas e pneumáticos tirados ao inodoro avarían as depuradoras

Decembro 3rd, 2014  |  Published in| the_category Concello

DEPURADORA AGUAS MEIS /

“De todo”. O alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, resumía así onte o que os técnicos de reparación e mantemento se encontran no interior dalgunhas depuradoras de fecais do municipio cando deben afrontar algún arranxo. Estas avarías repítense con demasiada frecuencia e, por iso, o Concello fixo un chamamento cidadán para que os veciños non tiren polo inodoro residuos impropios que acaban colapsando as plantas de tratamento.
Compresas, trapos de cociña e mesmo pneumáticos de ciclomotor, dos que custa entender como puideron chegar ata as canalizacións do saneamento, cóntanse na relación de obxectos estraños retirados das entrañas das depuradoras e os seus filtros, segundo reza un escrito feito publico polo Concello e tal e como confirmaba onte o propio rexedor. “Queremos pensar que poden ser vos nenos dás casas vos que tira polo váter este tipo de obxectos, sen que vos maiores se dean de conta”, consideraba o primeiro edil.
Con todo, o Concello fixo público xa un bando nos últimos días nos que se apela “á colaboración de toda a cidadanía” para que non se tiren ás redes de rede de sumidoiros este tipo de residuos.
O bando céntrase na depuradora do Fonduxo, que se encarga do tratamento das augas residuais de Outeiro, ou Casal e Penaboi na parroquia de Paradela. Pero o alcalde sinala que problemas similares se estenden por outras localizacións e afectan a outras plantas de tratamento o que mesmo provocou xa anteriores bandos en similares termos.
As avarías “poden ser moi graves e polo tanto precisar de reparacións moi caras”, con traballos de mantemento que pagamos todos”, subliñaba onte Pérez incidindo en que, ao final, estes comportamentos repercuten na economía de todos.

FONTE: Diario de Arousa

As depuradoras de Meis: outro fiasco do Concello e de Pérez Estévez

Novembro 12th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Ecoloxía, Política

P1080723.Deouradora en Paiendes

Ao igual que comentabamos as semanas pasadas co estado de abandono das paraxes turísticas (A Ruta do Río Armenteira ou Pedra e da Auga, As Aceñas, Ruta de Pontecañón, etc) por parte do Concello de Meis e do noso alcalde e denunciados no seu momento polo BNG de Meis, hoxe, tanto o BNG como outros veciños, nos mandan imaxes do estado de abandono das depuradoras municipais. De xeito xeralizado as depuradoras presentan unha imaxe de abandono e descoido, con tubeiras tiradas dentro dos recintos, arquetas que parecen en desuso ou non se sabe a que poden estar conectadas (non parecen conectadas a nada).
A que mellor aspecto ten é a que linda con Ribadumia, que non se sabe seguro se pertence a Meis, está xusto na ponte de Lois.
A de Santo Tomé, preto da Cacharola, e da ponte da vía rápida dá cheiro, aparte que había unha cañaría tirando auga sucia.
O caso máis peculiar é a de Paiendes, pois cando chegaron estaba apagada, alguén veunos chegar por alí e a puxo a funcionar. 20 minutos despois volveron pasar por alí e estaba apagada, tiráronlle fotos ao contador da depuradora e estaba a cero, ben se ve nas imaxes. Aparte disto esta depuradora, á que xa lle mangaran o motor unha vez e que agora ten unha nova instalación, ten pinta de non depurar absolutamente nada. O mecanismo que ten é de risa. Ten un rulo, que sobe a pouca merda que recolle e a deposita nunha especie de minidepósito, falamos dun caixón que como moito pode medir 40X30, que está totalmente descuberto e se pode ver, que iso non sirve para acumular un mínimo de refugallos nin de coña, terían que estar a baleiralo cada día, no caso de que a depuradora funcionase de verdade, cousa que dubidamos moito que fagan.
A depuradora ten unha pinta de ser unha batedora de merda que bota para atrás. Tamén no caso desta depuradora hai unha rede de sumidoiros que non parece conectada, tamén temos unha imaxe disto. En fin, que xa vemos como coida o alcalde o noso concello: moitos carteis de propaganda pero pouco beneficio para os veciños.

Depuradora en Paiendes.c

Depuradora en Paiendes

Depuradora Paiendes.b

P1080691.depuradora entre Lois e Ribadumia

P1080692.Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080693. Depuradora Santo Tomé, preto da Cacharola

P1080739.Depuradora Paiendes

P1080740.Depuradora Paiendes

P1080742. Depuradora en Paiendes

P1080744.Depuradora Paiendes

P1080748. Depuradora Paiendes

P1080677.Depuradora Aceñas

P1080680. Depuradora Aceñas

P1080690.depuradora entre Lois e Ribadumia

Meis facilita as compras de galo de curral na terceira edición da súa feira

Novembro 7th, 2014  |  Published in| the_category Concello, Festas

galos

Meis celebra o 20 de decembro a terceira edición da Feira do Galo de Curral. O Concello e os criadores optaron porque o evento sexa un sábado para facilitar a asistencia tanto dos vendedores como dos interesados en adquirir algún exemplar.

A principal novidade deste ano é que os compradores poden encargar os seus galos por adiantado e recollelos posteriormente na feira, así como encargalos na feira e recollelos despois.

Unha veintena de veciños de Meis crían galo de curral -con alimentación natural e amplos espazos ao aire libre nas súas hortas- que se venden despois nas vésperas de Nadal.

A iniciativa foi do Concello, que ata organizou visitas dos criadores meisinos a Vila de Cruces -onde este tipo de crianza do galo ten unha gran tradición-, así como unha dos responsables da asociación de Vila de Cruces a Meis. Tamén se intentou formar unha asociación de criadores na localidade arousana, aínda que finalmente non prosperou.

FONTE: Faro de Vigo

Impresionante organización do Concello ao cobrar aos/ás veciños/as unha viaxe e a “colaboración” dun “coaching” para o maior redimento da clase proletaria

Novembro 4th, 2014  |  Published in| the_category Concello

casa d patrón
Meis organiza este mes unha excursión a Lalín e un taller intensivo de ´coaching ´

O Concello de Meis organiza unha excursión a Lalín o 22 de novembro (sábado). Algúns dos puntos que se visitarán son o Pazo de Anzuxao, onde se encontra unha fábrica de queixos, e a “Casa do Patrón”, un museo etnográfico que recorda as antigas escolas. Os interesados teñen que anotarse no Concello, e a data límite é o día 18. O prezo é de 20 euros por persoa.

Por outra parte, o Concello colabora na celebración dun curso de introdución ao “coaching”. Impártese na casa dá cultura o 14 de novembro e dura dúas horas. Os interesados teñen que dirixirse á OMIX antes do 10 de novembro.

O taller celébrase no marco do programa Activa, que impulsa a Dirección de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta.

O “coaching” está moi en voga no mundo empresarial, e componse dunha serie de técnicas utilizadas polo “coach” (adestrador) para motivar os traballadores e sacar o máximo rendemento das súas habilidades.

FONTE: Faro de Vigo

O Concello crea locais para asociacións na nave da feira de gando do Mosteiro

Novembro 2nd, 2014  |  Published in| the_category Concello

Mercado O Concello crea locais para asociacións na nave da feira de gando do Mosteiro. Haberá un regulamento do uso destes locais?. Porque así se evitará problemas no futuro e uso caciquil por parte do Concello como un pago de favores, algo do que estamos moi acostumados en Meis.
Ademais ten pensado facer un centro social para a tercera edad en la Casa de Escudeiro.

Actualizan os prezos das actividades culturais e deportivas para este curso

Outubro 24th, 2014  |  Published in| the_category Concello

concello1 O Concello de Meis actualizou os prezos públicos do catálogo de actividades culturais e deportivas para este curso 2014-2015. As novas táboas foron aprobadas pola xunta local de goberno, por delegación do Pleno, e publicadas onte a través do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP).
Desta forma, as actividades para adultos quedan como segue: Aerobic, 15 euros ao mes; patinaxe, 10 euros por mes; pilates, 15 euros mensuais; psicomotricidade para maiores de 65 anos, 5 euros por cada mes; GAP, 15 euros en cada mensualidade; e ximnasio, 20 euros mensuais.
En canto a actividades para nenos, natación terá un custo de 9,20 euros ao mes, con 50 euros ao ano para o servizo de autobús. Patinaxe terá un custo de 10 euros ao mes e multideporte, 15 euros mensuais. Fútbol sala, tenis e baloncesto terán este mesmo prezo.
A ludoteca “Ludomeis Extraescolar” será de 30 euros por trimestre e a de verán, de 30 euros por quincena.
Para o resto de actividades hai unha escala de prezos, coincidindo horas e prezos nun incremento de cinco en cinco: Ata cinco horas cobraranse cinco euros, ata 10, 10, etc.

Descontos
Para todas as actividades deportivas, a asistencia a máis dunha levará consigo un desconto de dous euros ao mes, agás nas propostas para menores de 15 anos, nos que a rebaixa será dun euro. Tamén haberá descontos aplicables a familias numerosas (50%) e de tres euros no caso de que participen varias persoas dunha mesma unidade familiar.

FONTE: Diario de Arousa

O Pleno do 29 de xullo, máis do mesmo. O Goberno Municipal do PP sen iniciativas

Xullo 31st, 2014  |  Published in| the_category Concello, Política

pilaA concelleira do BNG, Pilar Xiráldez, nunha das últimas concentracións en solidaridade co pobo palestino

O pasado martes 29 celebrouse Pleno Ordinario. Unha vez máis confirma o baleiro político ao que nos leva o Partido Popular de Meis. Na orde do día había 9 puntos:
– Toma de posesión do novo do PSOE.
– Aprobación da conta xeral do orzamento do 2013. O PP votou a favor mais o BNG e o PSOE abstivéronse.
– Proposta sobre festas locais. Cambiouse San Bieito polo mércores de Cinza porque cae en sábado. Votouse por unanimidade.
E xa está, o resto dos puntos era dar conta de informes de tesoureria, intervención, seguemento do plan de axuste, etc.

O Bloque Nacionalista Galego presentara dúas mocións polo rexistro, mais como ven sendo habitual desde hai anos o PP despreza todo o que veña e non as fai constar na orde do día. É unha das moitas anomalías democráticas que sofremos os veciños e as veciñas de de Meis.
As inundacións no lugar do Porrelo pouco importa aos populares.

O PSOE presentou por urxencia unha para evitar a desaparición do Partido Xudicial de Cambados.A proposta contou co voto favorábel de todos os concelleiros de Meis.

O PP presentou unha por urxencia, á da reforma da lei electoral. Aquí o BNG tivo un debate co señor alcalde bastante grande. A Concelleira do Bloque, Pilar Xiráldez, argumentou que:
-Hai eivas mais importante (participacion da cidadanía, referendos, orzamentos participativos, transparencia na xestión, etc).
– O que está no fondo é obstaculizar a pluralidade política e favorecer que unha parte minoritaria poida gobernar ao seu antollo…
– A maior concentración de poder e menos mecanismos de control e participación de todas as forzas políticas na xestión municipal incrementa as decisións arbitrarias, fraudulentas e corruptas.

A falla de argumentación do Alcalde de Meis, fixo unha vez máis que se saise polos outeiros de Cuspedriños, que se Quintana e o bipartito. Outra vez José Luís Pérez Estévez co se disco raiado.

No tema de Rogos e preguntas, o BNG levou as seguintes,

1. Os colectores do lixo do colexio. O alcalde dixo que non tiña constancia, que xa pasara en outros sitios e que avisaran polas casas de arredor. Houbo un pequeno debate sobre se era eficiente as campañas ou se había que poñer sancións. O BNG solicitou que lle deran un aviso ás casas de por alí.

2. Subvención da Deputación para a Casa de Escudeiro.
– Están xa adxudicadas as obras?. O alcalde contestou que “Non“.
– Cando empezarán as obras? “Non sabe“.
– Van poder todas as asociacións do Concello facer uso do local? Resposta: ben non sei se poderán, faremos o que se poida porque o sitio non é para moita xente porque ten o teito de madeira….(mais ou menos)
– Segue previsto ubicar a oficina de turismo? Non se sabe, estase pensando fárase o que poidan.

3. Polígono Meis- Barro.
– Cantas empresas hai en Meis ou que previsións hai?
Hai negociacións con dúas ou tres, pero non hai compromiso de poñer cartos polo que mentres non haxa compromiso de poñer cartos …
– Que empresas son? Nesta a verdade que dixo o nome dunha empresa e outra que era a de biomasa pero como non tiña axudas que non sabía.

4. Situación lamentábel da rúa de detras do super.
O BNG pideu o arranxo inmediato. Non houbo resposta, o alcalde dixo que si coa cabeza.

5. O BNG preguntou por unha compra de terreos en Monte de Casa por valor de 30.0000 euros que viña nun decreto.
Polo visto é para mellorar a seguridade vial. O alcalde dixo que nun fúturo estaba previsto cambiar a pista e ampliar o campo da festa.

6. En canto á selección dos traballadores do concello. Preguntei primeiro se estaban publicadas as bases e os criterios de selección. Saliu a secretaria dicindo que non era necesario publicalas que os mandaba o INEM de Cambados. Enton Pilar Xiráldez preguntou como era? se eles mandaban a oferta e o INEM mandaba persoas que estiveran apuntadas. O alcalde repostou que si, primeiro mandanlle unha carta do INEM. O BNG lembrou que o INEM mandaría varias e había que seleccionar e a secretaria non lle quedou mais remedio que dicir que si que iso o facia o concello.
Enton o Bloque pregunta quen selecciona e o alcalde contesta que traballadores do concello que non pode estar ningún politico.
Pero enton se hai selecion ten que haber unhas bases. SI pero non fai falta publicalas, pero a concelleira nacionalista pregunta onde están?
O alcalde responde que están a disposición dos interesados que poden vir a preguntar e que poden estar nalgún expediente.

A todo isto o Alcalde dixo que con estas cousas a xente protestaba sen saber e que escribía anónimos. Pilar Xiráldez contestoulle que para evitar estas cousas o mellor era publicar as bases e a oferta aínda que non fora obrigatorio.