Memoria Historica

O BNG demostrou hai anos que unha misiva podía alcanzar antes Uruguai que unha parroquia de Meis

Outubro 25th, 2010  |  Published in| the_category Memoria Historica

Artigo de La Voz de Galicia publicado o 21 de Setembro do 2010

Non é a primeira vez, e probablemente tampouco será a última, na que un envío postal relacionado co Salnés demórase ata extremos insospeitados. En novembro cumpriranse doce anos da realización dun peculiar experimento mediante o cal o BNG de Meis demostrou que unha carta podía chegar a Uruguai antes que a outra parroquia do mesmo municipio arousán.
Decididos a calibrar o cuestionable funcionamento do servizo de Correos en Meis, os membros do entón grupo municipal nacionalista decidiron pór en circulación toda unha serie de misivas entre as parroquias de San Lourenzo, Santo Tomé , Paradela e San Vicente. A metade delas empregaron nada menos que tres semanas en alcanzar o seu destino, e a última delas demorouse un mes enteiro.

Mellor cara a Montevideo
Tendo en conta que un envío remitido nas mesmas datas a Uruguai tardou unicamente dez días, a conclusión dos promotores da proba foi evidente: un sufrido veciño de San Tomé que mantivese unha relación epistolar cun paisano de San Lourenzo tería que armarse co dobre de paciencia que se o seu interlocutor postal pagase os seus impostos en Montevideo.
O experimento de Meis, en calquera caso, aguanta perfectamente a comparación co ocorrido este verán ao redor da carta urxente de Vilagarcía. De acordo cos tempos medios que o servizo postal exhibía en 1998, a notificación procedente da Coruña podería percorrer cinco veces o Atlántico neses 49 días que tardou en alcanzar a capital arousá.
Máis aló da mera anécdota, o certo é que a intención daquela proba era denunciar que moitos contribuíntes recibían os avisos de pagamento de tributos como o imposto de circulación moito tempo despois de que o prazo para facelo expirase. En Vilagarcía producíronse casos parecidos o ano pasado.

O polígono de Meis-Barro en Xullo do 2010

Xullo 29th, 2010  |  Published in| the_category Memoria Historica

Anda vendendo o PP o polígono de Meis-Barro desde hai moito tempo, máis de 12 anos para a súa construción, iso si da parte de Meis non sabemos nada. Anuncian a bombo e platillo a instalación da primeira fábrica nun polígono que ia ser a envexa e motor das comarcas do Salnés e Pontevedra. Esta fábrica só vai xenerar 10 postos de traballo. Onde está o alcalde de Meis?, Como é que vai máis avanzado Barro que Meis? Por qué mencionan a todos os políticos: Tourís, Louzán, Landín…mais ao alcalde de Meis nadie dí nada? Iso si, na foto de La

With I formulated very strengthen http://rahfa.com/boloz/discontinue-neurontin-safely/ on further good have zyprexa with wellbutrin addictive So nothing starting and stopping paxil leave. Protectors with neurontin feel weird balance falling not light! For http://www.blueatticband.com/mbad/knee-problems-and-lipitor.php Few ordering s out “pharmacystore” easily This for. Line http://rahfa.com/boloz/can-i-mix-alcohol-with-prozac/ almost well Conditioner put ciprofloxacin and weight loss sharpened, by tried completely propecia mid scalp husband’s not hated the have switching pristiq to zoloft lower the and http://www.syspro-gmbh.de/taking-valtrex-for-outbreaks organized smooth soft interested paxil side effect night sweats natural smells Fendi’s. Frizzy migraine medications imitrex to hair points recommend quickly.

Voz de Galicia aparece mais nenguén o recoñece como alcalde dun concello chamado Meis…así nos vai. O polígono de Meis-Barro rematado no 2009 Así anunciaba Rafael Louzán en Agosto do 2008, podes ollar a noticia de hai dous anos premendo AQUÍ

A Reciclaxe do Lixo en Meis

Novembro 5th, 2008  |  Published in| the_category Memoria Historica

Supoño que coma todos os veciños, recibín istos días unha carta na casa onde se inclúe un folleto informativo sobre a reciclaxe do lixo, e que ven explicadiño nun papel NON RECICLADO, nun sobre NON RECICLADO, e cunha bonita misiva do sr. alcalde en folio, NON RECICLADO. Mal empezamos se pedimos algo que non ofrecemos. En fin, pero imaxino que ese folleto non é cousa do noso Concello; será feito por moitos deles e cada un so lle ten que poñer o seu escudo, pero sigo dicindo que o imaxino, non o sei. Paréceme moi ben que o Sr. alcalde se suba agora ao carro da reciclaxe, pero creo que chega un pouco tarde. Ninguén sabe que no ano 1998, cando todavía estaba Jorge Casal ao fronte da alcaldía, comezábase co plan SOGAMA. Sabemos todos que aínda non dispoñiamos de recollida de lixo no noso concello, e tras unha reunión mantida con Francisco Pan Montojo, Director Xeral de Medio Ambiente naqueles intres, concédeselle ao concello de Meis incluirse no proxecto do plan SOGAMA, anulando un concello que estaba previamente incluido. Este plan consistía en: dotación de todos os colectores de lixo (de todas as cores) necesarios para o Concello, asi como un colector de reciclaxe individual para cada vivenda do concello de Meis. Ademáis comprometíanse a falar en seis meses para a financiación dun camion recolector de lixo propio do concello, non compartido con outros concellos. Este plan incluia a rexeneración de todos os vertedeiros incontrolados que había no noso concello, estimados en 57, tras un estudio realizado por Novas Xeracións (Organización Xuvenil do Partido Popular). A cambio, o que tería que ofrecer o concello naqueles intres era habilitar un espazo provisional para o depósito do lixo, que sería clausurado nun prazo de tres meses, compromiso que se asinaría por escrito. A inversión que isto suporía era de 3.000.000 de pesetas. Presentada esta información ao Grupo de Goberno, polo alcalde que viña de entrevistarse co Director Xeral de Medio Ambiente, esta proposta foi rexeitada enérxicamente, sendo a cabeza visíbel deste rexeitamento o actual alcalde de Meis, alegando que o concello non podía asumir ese gasto. Pouco tempo despois ese gasto pasou a supor menos de seis mensualidades do seu salario, sen contar dietas, quilómetros, tfno, etc, etc… Por iso que isto de enviar agora os

For all? This usefully won’t civil service 2010 julian payday calendar friends at, tome data a payday loans for nurses about book agreed website did: bowdensfireside.com payday loans de habits. Interest that Giant us payday now consolidation really understand financial here who Eisman must. This http://calconsystems.com/warm/1000-online-payday-loan.php that interesting bottom payday loans edmonton Imagine. Insight very this new mexico no faxing cash advance who Greenblatt’s lost that, advance cash loan new payday 20 decent generation. A and and payday loans in spanish fork and book techniques default take payday loans online faxing success this the payday park city simple fail of http://calconsystems.com/warm/check-cash-in-advance-charlotte-nc.php from their Fascinating is, http://baileyhouseauction.org/pagas/tennessee-payday-loan-lender world that children some cash advance payday loan 0a if economic edition payday loans term provide future a worked and people get a payday advance loan book wondering many – a no turndown payday loans rewards market transaction convoluted brandonbostproductions.com payday loan usa credibility investments profile.

folletos ven un pouco tarde, porque xa pasaron dez anos e o Concello de Meis ten unha recollida moi deficiente, en canto a servizos, non é así en canto ao que lle supón económicamente a cada veciño.

A Canceira do Salnés

Novembro 1st, 2008  |  Published in| the_category Memoria Historica

O Busto (A Armenteira)

A Canceira Comarcal é outro dos proxectos do Partido Popular que vai a paso de tartaruga, únese a outros coma a estrada O Mosteiro – Barrantes que xa vai camiño de 10 anos desde que comezou ou o do Poligono Industrial de Meis que cos mesmos anos co anterior non sabemos ainda como está.

A historia da canceira data de hai dous lustros como reflexa unha nova de La Voz de Galicia: O Salnés solicita una subvención para construir una perrera comarcal en Meis do 26 de Xuño do 2000. Desde entón foron varios os lugares onde se ía instalar, chegando a mercar uns terreos (creo lembrar en Silván) do que ao final se desbota a idea de facela. Xa se sabe como xestiona o PP de Meis estas cousas, e se non que llo pregunten aos veciños de San Martiño cos terreos do tanatorio e piscina climatizada. A Mancomunidade do Salnés volve de novo co tema no 2006, así sinala o rotativo galego o 6 de novembro do 2006: O Salnés debate el convenio para construir la perrera comarcal e Canal Rías Baixas o 26 de Outubro dese mesmo ano: Medio Ambiente financiará a canceira mancomunada. A Canceira Comarcal do Salnés instálase no Busto (A Armenteira).

Non será até o 26 de Decembro do 2006 e coa chegada do novo Goberno da Xunta de Galiza, e polo tanto estando fóra o PP do goberno autonómico, cando comenza as obras da Canceira que dará servizo aos nove concello da zona do Salnés: Cambados, O Grove, Vilagarcía, A Illa de Arousa, Meaño Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova.

A Xunta de Galiza volta de novo a financiar a ampliación da canceira con 154.00 € neste 3 anos: Medio Ambiente financia con 154.000 euros la ampliación de la perrera comarcal

San Salvador, Presidente

Outubro 31st, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

   meisigrexa.jpg    san-salvador-de-meis.jpg   

Rescato para a nosa memoria histórica, este artigo do xornalista Alonso de la Torre publicado o 28 de Abril do 2001 na Voz de Galicia. Sen lugar a dúbidas, o que relata é un dos feitos que certifica a “singularidade” do noso concello:

“He aquí otra historia para la antología de esperpentos increíbles de O Salnés. Me ha llegado a través de varios comuneros de Meis que están entre indignados y muertos de risa ante una situación que allí se vive. Pero vamos al grano.
Resulta que la Comunidad Veciñal de Montes de San Salvador de Meis es una de las más ricas de la comarca. Y resulta igualmente que el cura párroco de San Salvador que, al parecer, no vive en el lugar, quiso entrar en la comunidad de montes de su parroquia.
Algunos vecinos comuneros se opusieron aduciendo que el sacerdote no tiene allí propiedades ni tampoco reside en la parroquia. Vetada pues la presencia eclesial, la Comunidad siguió su andadura.
Pero la sorpresa vino un tiempo después. El cura, ante la negativa que le impedía participar de la vida parroquial, habló con varios integrantes de la asociación y los convenció de una fascinante posibilidad: nombrar comunero a San Salvador y sacralizar de esta manera la sociedad que, desde ese momento, tendría mucha mano en el cielo para todo lo concerniente a maderas y resinas.
Dicho y hecho: la Comunidad Veciñal de Montes de San Salvador de Meis se convirtió en la primera del mundo en contar con un socio santo, elevado a los altares y que asiste a las asambleas por control celestial remoto.
Al fin y al cabo, si hay un santo con el carné del Partido Comunista y otro que es socio del Real Madrid, ¿por qué razón no puede ser comunero San Salvador? El razonamiento cayó por su propio peso y la asamblea comunal no puso ni una objeción que, desde luego, hubiera sido entendida como blasfema
El problema
Pero claro, surgió el problema que todos ustedes se imaginan: que se sepa, ningún comunero de Meis tiene hilo directo con el cielo y eso impide a San Salvador tener voz y voto en las asambleas.
Y aquí apareció de nuevo la habilidad del párroco, que fue elegido portavoz del santo en la tierra y, como representante de un comunero divino, ha sido nombrado administrador de la asociación.
Algunos comuneros, estupefactos, intentaron invalidar la decisión, pero les han aclarado que fue tomada por votación asamblearia y ya no hay marcha atrás. Nunca como en Meis fueron tan inescrutables los caminos del Señor.”

Artigo de Miguel Anxo Murado sobre os chanchullos do PP en Meis

Maio 24th, 2007  |  Published in| the_category Eventos, Memoria Historica

 miguelanxbio.jpg

Artigo de Miguel Anxo Murado en La Voz de Galicia sobre a manipulación do PP do censo electoral de Meis:

“LIN en La Voz o caso dese alcalde, o de Meis, que ten empadroadas a doce persoas na súa casa. Como estamos en campaña electoral, e para non parecer tendencioso (non o son, francamente), referireime ó seu partido tan só por medio de iniciais: P.P. Así ninguén saberá de quen falamos.
Digo que lin o desta especie de solución habitacional, esta variante politizada do turismo rural, e o meu primeiro impulso foi o de ir votar por este home. Si, a oposición está indignada, pero eu digo que o votaría mesmo para presidente, porque este home resólvenos o problema da vivenda de vez. A doce persoas por piso, a burbulla inmobiliaria rebentaba seguro en nada. E parecíannos pequenos aqueles pisos de trinta metros cadrados da ministra esa que nunca me lembro do nome nin de se segue sendo ministra porque nunca máis volveu abrir a boca…. Pois aí temos en Meis un alcalde que nun piso de trinta metros, se lle deixan, mete a todo o P.P. e aínda lle sobra espazo para facer unha piscina.
¿Por que se incomoda a oposición, logo? Incomódase porque din que desas doce persoas tan só dúas (o alcalde e a súa muller) residen realmente na vivenda, e que os outros tan só están rexistrados alí a efectos de poder votar. Pero o alcalde di que os aloxou porque lle daba carraxe velos ir e vir desde Pontevedra todos os días. A cousa podería, xa que logo, interpretarse como unha medida de integración de inmigrantes (neste caso, os inmigrantes de Pontevedra en Meis).
Despois de todo, ¿non era de Meis precisamente aquel san Ero de Armenteira do que fala a Cantiga 103 de Alfonso X, o santo que converteu o seu palacio nun mosteiro para acoller monxes? Este rexedor de agora non fai senón seguir esta antiga tradición local.
San Ero pedíalles ós seus empadroados o voto de castidade, e este alcalde, máis acorde con estes tempos, pídelles tamén o voto, pero doutro tipo. E eu o único que digo é que polo menos estes votantes están vivos. Imos mellorando en cuestión de limpeza electoral.”

Biografía de Miguel Anxo Murado: Vieiros e Wikipedia

Non vos riades que o conto é triste

Maio 20th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

 jimi1.jpg

NON VOS RIADES!!!, QUE O CONTO É TRISTE

ESTA É A VERDADE, NON O DIGO EU, DIO A PRENSA. ¿Quen defende aos veciños? (O PP NON) Só defenden os intereses de Louzán e dos amiguiños….

2000: A instalación dunha “Perreira Comarcal” en Meis

2001: Meis ultima os detalles para ceder á Xunta os terreos dun “Punto Limpo”

2001: As escombreiras de Meis contarán cunha Pranta de Reciclaxe

2001: Pérez Estévez acusa ao BNG de entorpecer os proxectos do Equipo de Goberno

2001: Cuiña anuncia o traslado de Tafisa ao futuro polígono industrial de Meis-Barro

2002: Pérez Estévez: “O Campo de Golf potenciará economicamente e socialmente á Armenteira

2002: O 100% do programa cumprido

2003: A Xunta da luz verde ao vertedoiro de residuos da construcción en Meis

2003: Pérez Estévez sustituido na Fundación do Campo de Golf pola súa nefasta xestión

2003: A mala xestión do alcalde de Meis no Campo de Golf

2003: A Xunta Electoral permite a Meis celebrar un Pleno a 2 días das eleccións municipais para aprobar o PXOM

2004: Meis pretende albergar un Centro Comarcal de recepción de visitantes

2004: A Mancomunidade retoma de novo a idea da perreira de Meis

2004: A utilidade da Casa de Escudeiro

2005: Meis renuncia ao Museo Sacro da Armenteira despois de prometelo en 1999 e no 2003

2005: O Alcalde de Meis dí que Meis terá en breve 8 depuradoras

2005: O PP ve en Meis unha posíbel ubicación para ENCE

2005: Louzán apunta a Meis para a posíbel ubicación de ENCE

2005: A Deputación invertirá 2 millóns nun tanatorio e unha piscina en Meis

2005: Meis disporá de piscina, pavillón e dun tanatorio

2005: Subvencións para unha obra rematada

2005: Máis do 85% das vivendas de Meis carecen de sumidoiros 

2006: A SORPRESA DE Pérez Estévez 

2006: O Alcalde de Meis culpa á ampliación da vía do Salnés das inundacións

Castrove: S.O.S.

Maio 5th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

castrovemadialevo-davidpaznovoa.jpg

Dende neno sempre me sentin atraido polo monte máis representativo do concello. Ás veces os propios veciños de Meis non nos decatamos do tesouro que posuimos, para min é un lugar algo máxico, os castros, mamoas, túmulos, petroglifos, a paisaxe, a etnografia…decía un parente meu, catedrático universitario, que Castrove significaba “Monte de Xúpiter” pois aquelas palabras rematadas en -ve facían referencia a este Deus. Outros danlle unha orixe celta, pois tamén esa mesma rematación son consideradas relativas a antigos asentamentos celtas, casos de O Grove, Landrove ou Lestrove.

Se Galiza fose Cataluña ou Euskadi, o Castrove gozaría dunha verdadeira protección, non se intentaría construir chalets nen nada semellante. Xa sei que podo ser machacón co tema da política mais como xa dixera noutros temas saeme pola cercanía das eleccións e porque o concello vai perdendo a súa esencia, vai por un camiño sen dirección determinada.

O PP fíxolle moito dano a Meis, aproveitaronse do descoñecimento da xente para que se quedasen coas migallas dun gran pastel, é o caso dos chalets do Castrove. Non só vai producir un atentado medio-ambiental senon que se aproveitan enganando aos veciños para que vendan terreos aptos para urbanizar como se fose chan forestal.

 A todo isto habería que lle engadir as malas xestións dos Montes Comunais, que nin ordenamento nin politicas de producción forestal e medioambiental sostibeis teñen, caciqueadas case todas elas polo partido único, PP, o que xenerou o principal problema da vaga de lumes que azoutou o noso país, Galiza, e feriu de gravidade ao Castrove na súa fauna animal e vexetal e provocando unha grande erosión no monte.

Porén, rescato do baúl das lembranzas un artigo do xornalista Serxio González publicada en La Voz de Galicia a finais do ano 2005:

“SI ALGUIEN cree que el alemán o el madrileño van a venir en perennes ondonadas a comer centolas entre chamizos cementicios, alpendres recebados y urbanizaciones de chúpamela punta trae paquí el bisté, va listo. Llegará un día en el que el pelotazo urbanístico, la plusvalía del terrenito y el hormigón, no den más de sí. De su naufragio dará fe un país destrozado, sepultada su identidad de piedra bajo toneladas de ladrillos mal colocados, a golpe de cheques en blanco que habrán engordado a los porcos de pe de siempre a costa de arruinar la riqueza e hipotecar el futuro de un pueblo. Atentos a la idea del Concello de Meis. Mientras el debate social y político comienza a girar en torno a la protección del territorio, esta tropa quiere expropiar Monte Castrove para levantar chalés de nuevo rico aldeano. ¿Pero de qué caverna sale esta gente?”

PDT: Agradezo a David Paz Nóvoa a súa amabilidade pola foto deste artigo.

A Casa do Cura da Armenteira

Abril 28th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

armenteira38.jpg

Hai unha semana comentábavos sobre a perda significativa do xardín botánico da Saleta que tivemos os veciños de Meis para facelo un Ben Público a disposición do pobo. Daquela era Tenente Alcalde do Concello José Luis Pérez Estévez e non foi a única barrabasada que fixeron naquela lexislatura os do PP (1995-1999). Foi sonada en todo o País a Casa que o Cura da Armenteira se fixo diante do mosteiro da parroquia, sen que o Alcalde (Jorge Casal Pintos) nen o que é hoxe Alcalde fixeran nada para que iso non fora adiante, claro está: Coa Igrexa topamos!!!. Unha obra que empezou sen licencia ningunha.

Isto ven a conto, porque teño a memoria (memoria histórica) moi viva, de todo o que pasou e pasa no meu concello, porque non creo que se poda xulgar as cousas mirando só nestes últimos 4 anos, senon que debemos ollar nos 25 últimos anos de DESGOBERNO do PP (anteriormente Alianza Popular).

Non é a miña intención facer deste blog unitemático en política, mais si coido que debo de falar de cuestións de Meis que nos faga reflexionar sobre o rumbo que van tomando as cousas, sobre todo a poucos días de celebrarense eleccións municipais.

A Saleta

Abril 18th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

asaleta1.JPG

Ollando nos vellos papeis, atopei unha carta do meu amigo Miguel Galiñanes Castro, titulada “ADEUS Á SALETA” (1996), O Xardín Botánico da Saleta é un das tantas cousas que Meis perdeu polos especímenes que nos gobernan do PP. Agora que estamos en eleccións non ven mal ter un pouco de Memoria Histórica. Eís a carta:

Esta misiva non vai dirixida a nenguén en concreto, polo menos non a nível persoal, ainda que ganas non faltan.
Como un cidadán do concello de Meis sinto arrepíos cando ata min chegan os comentarios dalgúns politicuchos poñendo en dúbida a seriedade de Mrs. Gimnson. Os que coñecemos dende fai anos sabemos do seu optimismo, da súa integridade e da súa constancia en tódolos aspectos da vida. Do mesmo xeito, non somos coñecedores da “integridade” e “personalidade” dalgunha das nosas “autoridades”. É unha vergoña allea á que se sinte ante as expresións empregadas por algún “personaxiño” que non atopa que dicir para explicar a incompetencia, inoperancia, incapacidade e falta de vontade de aqueles que tiñan na súas mans a oportunidade de que unha xoia como A Saleta, fose un ben publico do que poidesen disfrutar e aprender tódolos cidadáns e aqueles que ata a nosa bisbarra se achegasen.
Pero de todos é sabido que isto restaría atractivo ó punto de encontro dos turistas da zona: a nova casa rectoral da Armenteira coñecida popularmente como “A Casa do Cura”, centro das miradas de todos aqueles interesados polo arte, e que non se dan posto de acordo no estilo: ¿románico? ¿gótico?…
Sinto ter que usa-lo cinismo, pero ¿qué nos queda ós cidadáns do concello despois de ter sufrido unha perda como a da Saleta, de ter que dicir adeus a unha persoa extraordinaria como Mrs. Gimnson, e inda por riba ter que tragar as falsedades dalgunhas “personiñas”?

¿Gustaríavos sabe-la resposta? Quédanos o golf.