Sen clasificar

Máis dun centenar de visitas diarias

Xaneiro 17th, 2008  |  Published in| the_category Sen clasificar

censura.jpg

Grazas a todos e todas por ler este blogue, segundo as estatísticas que traballan para este blogomillo, as visitas diarias superan o centenar e contan entre 200 a 400 visualizaciónde páxinnas ao día.

Este blogue está aberto á publicación de todo tipo de noticias relacionadas co concello de Meis. Pódense publicar artigos cos nomes reais, alcumes ou sen nada. Quedo á disposición de todo o mundo no e-mail: meisalnes arroba gmail ponto com

Indicadores co plático en San Salvador

Setembro 4th, 2007  |  Published in| the_category Sen clasificar

a-medona.JPG  a-medona1.JPG

Remitíronme ao meu e-mail unhas fotos para publicar neste bloguemillo sobre os indicadores do lugar de A Medoña (San Salvador de Meis)  que foran colocados no mes de Xuño (en plena campaña electoral) e que ainda hoxe en día non lle sacaron o plástico. Así nos vai en Meis.  Agardemos que nos vindeiros días alguén do concello lea isto e teña a dignidade de sacalos.

Unha Corporación Feminina

Agosto 13th, 2007  |  Published in| the_category Sen clasificar

 feminismo2bl0.jpg

Nestas últimas semanas puden observar o pouco peso que temos nos xornais da comarca, só hai que ver a cantidade de veces que aparecen novas de Ribadumia ou Meaño e comparalas coas de Meis. Nós só aparecemos cando hai festas ou se produce algún suceso de índole dramático.

O mais chocante foi que Meis é un dos poucos concellos de Galiza que conta cunha maioría de “féminas” na Corporación Municipal. Mais isto non foi nin é noticias nos diferentes medios de comunicación. Dos 13 edís que ten o concello 7 delas son concelleiras, mágoa que o día da toma de posesión só a representante do BNG prometera ou xurara como concelleira e non como concelleiro como fixeron as outras 6 mulleres que nos representan a todos os veciños. Desde logo, non se trata dunha Corporación Feminista, senon mais ben Femenina. Cando falo de feminismo estoume a referir a un proceso ideolóxico, económico e social de normalización da vida das mulleres en pé de igualdade cos homes.

Agardo que ese dito sobre que as mulleres gobernarían mellor que os homes sexa certo, agardo que Marta Giráldez, Aderita Serantes e Maricarme Martínez (desde a Oposición) e Ofelia Barral, Raquel Fernández, Mónica Outeda e Beatriz Cobas (desde a responsabilidade do Goberno municipal) sexan quen de facer un Meis máis próspero, erradicando o machismo da nosa sociedade. Coido, por desgraza, que ainda queda un longo camiño por percorrer.

Meis Caderno de Bitácora bate récord de entradas

Xullo 18th, 2007  |  Published in| the_category Sen clasificar

200278642_57a459e151_m.jpeg

Este blogue, nacido co obxectivo de ser un punto de información para todos aqueles  que queren achegarse a Meis dun xeito diferente, obter información cultural, social, patrimonial, política, histórica, etc e ao mesmo tempo convertirse no lugar de encontro de todos os que queren aportar as suas inquedanzas, ideas ou visión do concello, acaba de bater un récord de visitantes. Onte  martes, preto dun cento de ordenadores diferentes contactaron con esta páxina.

Agradecer a todos os que vos achegades o voso interese e aportacións, sempre é motivador que o traballo teña uns receptores que fan uso da información e aportan cousas, mais decir que nos obxectivos que me levaron a elaborar este blogue, non estiveron en ningún momento nin están, os de danar a imaxe das persoas mencionadas, nin facer uso chabacano das novas publicadas, polo que lamento que haxa quen usa o apartado de comentarios para afastarse do fin para o que o creei. Non gosto que se use como arma persoal e arroxadiza, contra aqueles que non son do seu agrado, dun xeito pouco educado e inapropiado.

Sería o meu desexo que segades sendo partícipes deste recuncho de Meis na Internet colaborando nos comentarios dun xeito constructivo e porque non con sentido de humor. Seguirei publicando, na medida do posíbel, artigos de temática diversa sobre o noso concello e serán ben recibidos os aportes que me queirades achegar para a súa publicación neste blogue que se fará en función da liña marcada e que contará co nome ou alcume de quen asine se así o desexa.