Comité Constitucional de Meis (1879)

Escrito en Historia por meis o 29 de agosto de 2010

O xornal madrileño “La Iberia”, fundado en 1854, da a coñecer o 25 de Marzo de 1879, na páxina 3, a formación dun Comité Constitucional en Meis. Este Comité, se cadra, debe ser a formación do Consistorio Municipal de Meis formado tras o nomeamento de Martínez Campos o 7 de Marzo como Presidente do Consello de Ministros de España e moi vinculado ao Partido Conservador de Cánovas del Castillo.

Este achádego é importante porque o incendio acontecido no Mosteiro en 1930 fixo perder grande parte da nosa historia municipal. Velaí, un datiño máis na recuperación da memoria histórica de Meis.

Comité Constitucional de Meis (1879)

Presidente Honorario: José Salgado Rodríguez
Presidente Efectivo: Ramón Salgado Betanzos
Vicepresidente: Rosendo Rivas Ares
Secretario: Rosendo Rodríguez
Vogais: Victoriano Buceta, José Ares Sabarís, Serafín Arcos Sabarís, José Manuel Buceta e Vicente Landín Varela.

O galego deixa de existir na Autovía do Salnés

Escrito en Cultura por meis o 25 de agosto de 2010

Premer na foto para visualizar mellor o contido da información do panel

Os paneis informativos colocados na autovía do Salnés relega a nosa lingua a un segundo plano, eís a política do PP: O galego, a nosa lingua, a dos nosos/as pais/nais, avós/avoas….en fin, a lingua dos nosos devanceiros afastada de todos os lugares.

O BNG recolleu o malestar dos veciños e veciñas do Salnés, entre outros de moitas persoas de Meis, para denunciar esta situación. Así o deputado do BNG, Bieito Lobeira, presentou unha iniciativa na que incide, con retranca, en que para o PP o galego non é apto para as sinalizacións viarias (podería incrementar a sinistralidade), a sofisticada tecnoloxía dos paneis luminosos é incompatíbel coa nosa lingua mais non co castelán e inglés, os propios galegos e galegas non temos dereito a recibir información viaria na nosa lingua (os de Salamanca ou Birminghan en Galiza si), igual que se elimina da educación as matemáticas e as físicas se elimina “democráticamente” o galego na condución e por último deixa entrever que esta é a política de bilinguismo harmónico do PP onde o galeguismo amábel do PP nos leva a que o galego non moleste ao castelán e ao inglés.

O BNG pregunta no Parlamento por esta situación e a responsabilidade do mesmo. Podes ollar a iniciativa do BNG: Español-Inglés

O polígono de Meis-Barro en Xullo do 2010

Escrito en Memoria Historica por meis o 29 de xullo de 2010

Anda vendendo o PP o polígono de Meis-Barro desde hai moito tempo, máis de 12 anos para a súa construción, iso si da parte de Meis non sabemos nada. Anuncian a bombo e platillo a instalación da primeira fábrica nun polígono que ia ser a envexa e motor das comarcas do Salnés e Pontevedra. Esta fábrica só vai xenerar 10 postos de traballo. Onde está o alcalde de Meis?, Como é que vai máis avanzado Barro que Meis? Por qué mencionan a todos os políticos: Tourís, Louzán, Landín…mais ao alcalde de Meis nadie dí nada? Iso si, na foto de La Voz de Galicia aparece mais nenguén o recoñece como alcalde dun concello chamado Meis…así nos vai.

O polígono de Meis-Barro rematado no 2009

Así anunciaba Rafael Louzán en Agosto do 2008, podes ollar a noticia de hai dous anos premendo AQUÍ

Salustiano Vidal Lores

Escrito en Personaxes por meis o 15 de xullo de 2010

Salustiano Vidal (1850-1930)

Nacido en Cambados na metade do século XIX. Emigrou moi cativo á Arxentina, casou con Matilde Oubiñas Preciado e con Encarnación Fraga Padín.

A finais do século XIX regresa a Galiza e merca o Pazo de Caticovas (Nogueira), mais ten unha residencia na vila de Cambados. En 1908 é nomeado alcalde do noso concello.

Ainda que baixo o seu mandato a Feira do Mosteiro foi en aumento, son moitas as noticias da época onde se lle acusa de actividades caciquís (entre outras, os veciños ian a traballar de balde aos predios do Pazo). Tivo no agrarismo meisiño o seu principal opositor, encabezado polo avogado Ramón Salgado.

Sobre 1923, coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera, foi sustituido. Morre o 8 de xuño de 1930 en Cambados.

Exito rotundo na III Feira Labrega en O Mosteiro

Escrito en Eventos por meis o 10 de xullo de 2010



Unha vez máis o bo facer dos veciños de Meis, coa asociación Cabemeis ao frente, levou á 3º edición da feira labrega a un éxito total.No día de onte os veciños e visitantes puideron revivir e ser partícipes dunha das famosas feiras do Mosteiro, que hai preto de cen anos atraían ao noso concello a centos de persoas.
No día de onte as vacas, os porcos, as galiñas e os pitos, os burros e os cabalos voltaron ao Campo da feira. Había moitos anos que non se escoitaba o muxido dunha vaca neste entorno.
Tamen o latoneiro, o cesteiro, o ferreiro e o carpinteiro volveron ser protagonistas do mercado, xunto coa costureira o panadeiro e tamén , un ano máis o aguardenteiro ou “cañeiro”.
Os tratantes volveron coas boinas e as varas a relear nos prezos, e este ano por mor da crise o gando ía un chisco máis axeitado no prezo.
O día caluroso que se presentou desde primeiras horas da mañán non fixo desistir aos centos de persoas que ao mediodía ateigaban o campo da feira, e os distintos puntos de venda de comida e bebida , que ofrecian desde suculentos callos a deliciosas larpeiradas caseiras feitas polas veciñas de Meis. Manxares deliciosos que foron regados cuns bos viños da terra.
Desde este blog a máis calurosa felicitación aos homes e mulleres que fan posible este marabillosos encontro co noso pasado e entre as nosas xentes.
Un día de familia e e de veciñanza, que aúna os obxectivos de lembrar de onde vimos e de revivir o xcalor do encontro entre as xentes. Cousas coma estas fannos sentir orgullosos de nos mesmos e fannos mellores persoas.
Parabens.

San Bieito 2010 (O Mosteiro)

Escrito en Festas por meis o 6 de xullo de 2010

Programa da Festa de San Bieito do Mosteiro e dos Callos 2010: Programa Festas San Bieito 2010[1]

O BNG de Meis edita o seu 8º boletin nesta lexislatura

Escrito en Revistas e Folletos por meis o 29 de xuño de 2010

O BNG de Meis edita o seu 8º boletin nesta lexislatura. Desta volta os nacionalistas falannos da situación escandalosa do saneamento do concello, da negativa do Goberno do PP para que o BNG poda informar aos veciños de Meis nas instalacións municipais, das alternativas do Bloque para coa actual crise económica, a loita do BNG para que Meis conte cun Centro de Día e as críticas ás políticas económicas neoliberais que aplican tanto o PSOE como o PP.

Este boletín será distribuido polo correo postal por todas as casas do concello.

Podes consultar o boletin nº8 de Xuño-2010: Boletin Meis xuño 2010
O BNG repartirá en Meis un novo boletín informativo sobre as queixas das depuradoras e o centro de día

Documental baseado no dolme da “Casiña da Moura” (A Armenteira)

Escrito en Eventos por meis o 28 de xuño de 2010

Casiña da Moura

Debuxo realizado para o capítulo “As Casas dous Mouros” do documental audiovisual O Espía da Natureza, dirixido polo naturalista e produtor audiovisual Federico de la Peña e patrocinado pola Deputación de Pontevedra.

Trátase dunha representación en ton fantástico dunha lenda folclórica asociada ao dólmen coñecido como “Casiña da Moura” situado en Meis, Pontevedra. Segundo o difuso folclore popular de Galiza, os mouros foron os construtores e habitantes dos depósitos arqueolóxicos, unha especie de saco xenérico mítico no que se englobaba a todo canto fose “grande e antigo” (castros, dolmens, castelos…) e de calquera época (paleolítica, pre-romana, romana…). E unha desas lendas é esta que se menciona no documental: a da referida mámoa, que foi construída por unha moura xigante que cargaba as pedras sobre a súa cabeza, ao tempo que fiaba. Imos, todo un reto para debuxar e intentar que non quede ridículo.

Todo este folclore, como é obvio, NADA ten que ver coa historiografía pura e dura. Pero non deixa de tratarse dun tema en certo modo interesante dende o punto de vista da arqueoloxía relacionada coa antropoloxía cultural. Por iso, nunca está de malo mostrar algo con toque “lendario” nun documental destas características.

Información tirada do ilustrador Guillermo de la Peña: CASIÑA DA MOURA

Falece na Arxentina José Magariños Arcos

Escrito en Personaxes por meis o 24 de xuño de 2010

O 21 de xuño faleceu na Arxentina Xosé Magariños Arcos. Nacido en San Vicente de Nogueira o 30 de Novembro de 1945, fillo de Lucía Arcos Abal (natural de Nogueira) e de José Magariños Caramés (natural de Curro-Barro). Hai apenas uns meses visitaba o blog, deixándonos unha mensaxe que se pode ler AQUÍ.

En 1949 cruzaba o “charco”, xa na Arxentina e en 1959, con 10 anos, achégase ao mundo do atletismo, estudando máis tarde a carreira de Enxeñeiría Industrial. No 2005 visita a súa aldea natal en Meis.

Até os últimos días da súa vida non deixou de practicar disciplinas deportivas.

Biografía: José Magariños

III Feira Labrega (O Mosteiro)

Escrito en Eventos por meis o 23 de xuño de 2010

A Asociación Cabemeis ultimou a preparación da III Feira Labrega do Mosteiro para o vindeiro 4 de Xuño no Campo da Feira.